Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 06 Xan 2021, 0:50
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Primeira entrada do 2021:
Nos propósitos de inicio de ano estaba o de facer a táboa de exercicios todos os días, polo menos 5 seguidos e logo retomar os trotes.
Logrei o o 1,2 e 3.O 4 quedou en branco e hoxe día 5 fixen media táboa pola mañá.
Pero sendo víspera de Reis, a nena que aínda levo dentro reclamaba un regalo especial con impaciencia.
E así, sen ter moi claro o grao de reforzo muscular destes 4 días, e seguindo simplemente os impulsos primarios, tirei a eso das 5 da tarde desde a Balbarda cara Avenida Buenos Aires, decidida a facer o circuíto de de Chapela, eses case 9 km que non pisaba desde novembro de 2019.
Así, casi desde cero, contando no mue haber unhas pouquiñas saídas de 3km, moi espalladas, e a última hai máis de un mes... Como quen arranca en terceira.
Afortunadamente non se me calou o motor. Non é que fose pletórica, pero tampouco afogados. En calquera caso o aire frío, mais propio da Nocturna de Corre con Nós que dunha tarde na favela, axudou moito a tirar e non botar o freo.
Os primeiros catro kilómetros corrinnos exactamente do xeito que me define, segundo palabras do Doutor: Sen flexionar as pernas e levando para adiante o máis posible o meu centro de gravidade. Con tanta rampa cara arriba non daba para máis.
Pasado o Alto da Encarnación, xa nun nivel de calor corporal aceptable, era máis doado flexionar e abrir a zancada.
Casilla de saída, primeiro entreno. Non esperaba grandes cousas. Así que rematar en 55 minutos e sen dor no xeonllo esquerdo, xa me parece de abondo. Mellor aínda é que horas despois non haxa síntomas de inflamación nin dor.
Queridos Melchor, Gaspar e Baltasar, xa vistes as cartas que escribiron Nando Freaky e Pollastre, pedindo cousas boas para min este ano, así que espero non atoparme mañá con carbóns ao lado das miñas zapatillas. Eu pola miña banda prometo seguir sendo boa, e facer que me dure moito o meu xoguete recén estreado sen estragarse
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Mér, 06 Xan 2021, 9:11
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Seguro que os reis se portan ben contigo Srta, Meiga.
Saude e feliz ano
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4361 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 09 Xan 2021, 7:34
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

O sea, que ya estás corriendo otra vez. Me alegro mucho. Poquiño a poco y con constancia (como era eso que decías.... sen deixar de cumprir?).
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 09 Xan 2021, 18:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

corredor101 escribió:
O sea, que ya estás corriendo otra vez. Me alegro mucho. Poquiño a poco y con constancia (como era eso que decías.... sen deixar de cumprir?).


Graciñas polo comentatio, 101, pero máis que correr, eu diría trotar. E o do circuito de 9 km foi en plan de proba , a ver como o levaba o corpo... O xeonllo esquerdo aguantou, pero estiven cunhas maniotas considerables nos cuádriceps estes días.

O mellor xeito de curar as maniotas e meter máis actividade. Despois desa 1 saída, logrei facer a táboa de exercicios un par de días (versión reducida por falta de tempo).

E hoxe logrei volver calzar as zapatillas media hora, ás 10:15. Antes sería morrer co frío.

Había unha motivación moi importante (e non era curar as últimas maniotas): Quería estear por fin o regalo que me deixaron os Reis: Un Garmin Forerunner 45 !
Lixeiro de levar, doado de manexar. Pero claro, estaba o da localización dos satélites, e non estaba a temperatura do aire como para esperar 5 minutos longos a que se dese conectado.
Así que botei a correr en dirección á baixada a Ríos sen pensalo máis... Correr con frío sempre me foi ben, como quen escapa dun can que lle vai detrás, ou algo así.
Sabía que podía acabar o percorrido en menos de media hora . Hoxe aínda rebaixei máis, e rematei en 25 minutos . O que non contaba era que o Garmin me fose a mentir con máis garbo e descaro que o Strava. Supoño que sería polo tema de non pillar ben os satélites e demáis. Pero o caso é que rexistrou unha distancia de 5,6 km e asignoume un ritmo medio de 4:32 min/ km Abraiado ... De lesionada a keniata, así por arte de maxia. Quen me dera...
Con todo, feitas as correccións pertinentes, saíu un ritmo de 5:42. Algo propio de min antes da lesión.
De momento vou quedarme con só 2 saídas semanais, conformándome con 10 km , mais ou menos. O resto dos días que poida, táboa de exercicios, e máis adiante , se non hai síntomas de inflamación, xa veremos canto lle sumo ás saídas.
Agora firmo por quedar como estou
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Sáb, 09 Xan 2021, 19:52
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Cita:
De momento vou quedarme con só 2 saídas semanais, conformándome con 10 km , mais ou menos. O resto dos días que poida, táboa de exercicios, e máis adiante ,

Aplauso "máis adiante" diós dirá, pero con calma e ao xeito do corpo ojalá poidas sentirte ben. A xente ó teu arredor cantos quilómetros fan? Disimulando Non xulgo a ninguén, porque cada quen sabe as súas circunstancias, só quero darlle mérito ó que facemos (así en xeral), porque ese plan que tes en mente é máis que de sobra para ter boa saúde a longo plazo, e poder participar en eventos, andainas, carreiras etc.


O reloxo ese vaiche ser moito máis xeitoso que ir co móbil Guiño Igual o "desfase" ese de hoxe foi por cousas da "pausa automática" ou así. Ou igual xa es keniata!! Moi feliz Xa vin no garmin a túa actividade.

Mercar unhas zapatillas, un pantalón, un reloxo, ... danos un pequeno empurrón a movernos. É unha tontería, pero eu púxenlle un "obxetivo de pasos diario" e se dan as 7 da tarde e vexo que non vou chegar... xa me teño posto a dar paseos no pasillo do traballo Mr. Green Avergonzado Pois mira, mellor que estar sentado papando moscas é. Erguerte, andar un pouco, anicarte un par de veces, ... melloras a mobilidade e flexibilidade máis que estar tirado na sofá.

A seguir!

Est.2008
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 16 Xan 2021, 13:43
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Segunda entrada.

Xusto unha semana despois, sen facer táboas de reforzo nin un so día, incapaz de despegarme das sábanas para podelo facer antes de almorzar. Pirguiza, frío...

Así que hoxe , despois de facer a compra da semana e deixar todo ben almacenado, marchei a salvar a honra atlética no meu percorrido destes últimos tempos polas 4 Pontes. Desta vez busquei un curruncho ao sol para agardar a que o garmin pillara os satélites ben.

Mal asunto isto de sair ás 12:30 da mañá, porque xa hai máis tráfico e máis xente a dar voltas polas corredoiras da favela. E o que é peor, máis cans palleiro-chihuahuas (rabudos coma eles sos) ceibos sen correa, brincado do patio á rúa e da rúa ao patio... Todo un clásico. Vou toda tranquila pola Rúa da Chumba e sae un dereito cara as miñas pernas ladrando a Dios dar... A falta de pau, pedra, patada voladora ou outra idea mellor, o meu instinto e ladrar eu aínda máis alto (sen parar de correr) " Mec..... non can do demo da nai que o......, que te poñan unha correa, co......!!!!!".... Non sei se o dono sai á rúa e dixo algo. Mellor non sabelo, porque como me viñera coa leria de sempre ( pero como te pos muller se no fai nada pobriño) iamos acabar mal seguro.
Quitando eses incentivos para subir ritmo e frecuencia cardíaca, o resto foi coma sempre. 4,5 Km a 5.58 ( 4.30 nas costas abaixo, que menos mal que hai un par delas , para non morrer de todo). E sen molestias
De aquí a que nos vacines e nos desconfinen, nos desalarmen e nos desperimetren, maloserá que non lle vaia collendo un pouco máis de xeito ao asunto, non digo ir máis rápida, senón non abafar tanto
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 16 Xan 2021, 20:03
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:

Quitando eses incentivos para subir ritmo e frecuencia cardíaca, o resto foi coma sempre. 4,5 Km a 5.58 ( 4.30 nas costas abaixo, que menos mal que hai un par delas , para non morrer de todo). E sen molestias

Eso suena muy bien Meiga. Parece que la cosa se va regularizando poco a poco. Bravo.

Además, si te atacan los caniches es buena señal. Que te ataquen los caniches quiere decir que vuelves a estar en el mercado de las runners.

Eso es una máxima.

Cuando te hagan comentarios fuera de lugar los taxistas y los jubilados, ya sabrás que has vuelto definitivamente a tu máximo estado de forma.

Esa es otra máxima.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 24 Xan 2021, 20:16
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Outra semana cuspidiña á anterior, sen táboas de exercicios de reforzo.
Un pouco de actividade de andaina de paisano evitando o bus nas saídas ao centro. Pouco máis de 3 km o venres.
4 horas de leiragim o sábado pola mañá, coma sempre cargando o tren superior (arrincar herbas, podar, cargar caldeiros cheos ata arriba..)
E hoxe pola mañá, desemplovando a garmin outra vez, e calzando as zapatillas para facer os meus habituais 4500 m ida e volta ás 4 Pontes. Desta vez os dous cans que crucei ían debidamente amarrados á súa correa e guiados polo seus donos, menos mal.
Na subida das 4 Pontes á Riouxa había unha ringleira de 10 conos no medio da estrada. Tres coches da Nacional aparcados, 3 axentes dando voltas e entregados á súa tarefa. E unha fila de 3 ou catro coches retidos no control. Moito zafarrancho comparado con outras veces... Eu por si acaso chimpei do arcén cara a beirarrúa, non fora a ser que me dixeran algo. Pero andaban moi ocupados con outras cousas. Segundo me alonxaba , un axente "parlamentaba" cun dos conductores : " A ver ¿por qué no me dices la verdad?!!"... Calquera sabe o que é a verdade a estas alturas...
Procurei marchar rápido de alí , todo o que me permitía a condenada costa arriba. Tampouco din recuperado gran cousa na recta das Sete Torres.
Coma sempre, 26 minutos de carreira para ese 4.500 metros, e aínda así abafando.
Non é que dea moito para manter o ritmo nin a forma, polo menos manter a ilusión (en todos os sentidos da palabra)
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Lun, 25 Xan 2021, 7:27
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Época difícil sin duda para mantener un mínimo de condición física. Lo importante es no abandonar. Para los perros una solución muuuuy efectiva es llevar una botella de agua. Los ciclistas saben de que hablo..... según se hacerla, un chorro de agua, y perro grande o pequeño, sale por patas.
Siga Ud. cumpliendo srta.Meiga
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Lun, 25 Xan 2021, 18:50
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:
Segundo me alonxaba , un axente "parlamentaba" cun dos conductores : " A ver ¿por qué no me dices la verdad?!!"... Calquera sabe o que é a verdade a estas alturas...

Esta reflexión me ha "pagado" el lunes.
Grande Meigalicix.
Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 31 Xan 2021, 19:51
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Remata unha semana que parecía que ía ben , e o final quedou en nada.
A idea era facer 4 ou 5 días de táboa de exercicios unha ou dúas saídas.
Ao final só dous días de táboa de exercicios, versión reducida. E hoxe , que tocaría saír , diluviaba tanto ás 10 da mañá, que decidín facer táboa de exercicios, completa, e con ración de bici estática en posición 3 ... Eu , que hai ano e medio non tería dubidado nin un momento en sair , e con uniforme de verán.
Estou feita unha mixiricas. Se me ve a Señora Minducha habíame de dar unhas triscas no cu.

A ver se nesta semana que entra recupero...
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Lun, 01 Feb 2021, 6:09
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:


A ver se nesta semana que entra recupero...

Aplauso



mandeiche unha invitación a un "desafío" de pasos Silbar Todo suma!!


(é un xogo, non unha "competición" Guiño )

Est.2008
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 01 Feb 2021, 19:38
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

ghose escribió:
Meigalicix escribió:


A ver se nesta semana que entra recupero...

Aplauso



mandeiche unha invitación a un "desafío" de pasos Silbar Todo suma!!


(é un xogo, non unha "competición" Guiño )
Agora xa me pica a curiosidade. Mandachelo aquí no foro ou por Strava? Non o atopo...
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 02 Feb 2021, 7:06
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Ríndose no garmin! (esto é un sinvivir Avergonzado Mr. Green )

Na web connect.garmin.com/ , tras conectarte, arriba de todo á dereita aparecerache a icona de "solicitudes e notificacións" cun puntiño azul, onde debería estar o convite.

Ou alternativamente nesta ligazón directa connect.garmin.com/mod...68314E1A70 onde debería haber algún botón para "unirte" ou algo así.

Non te deixes impresionar polo número de pasos que da a xente Guiño Somos moitas, e o verme competitivo non nos picou a todas igual. Trátase dun xogo e motivación.

Eu é o primeiro mes que me uno a ese desafío, pero o que si lle tiña posto é un "obxetivo diario personal" de pasos. Primeiro miras a túa media de pasos dos últimos días/semanas e poslle un número un pouquiño máis alto. Así ao ver o progreso diario de pasos motívate a moverte.

Despóis na aplicación do móbil tamén podes ver o progreso e comentar na conversa asociada ao desafío.

Est.2008
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 06 Feb 2021, 20:30
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Outra semana que pasa sen facer a táboa diaria de exercicios.
Con todo, este mércores na revisión coa fisio, todo estaba no seu sitio, e animoume a ir facendo exercicios de flexión dos xeonllos para darlles máis movilidade. De momento ainda no comecei coas rutinas.

O que sí fun facendo é poñer o Garmin cada día e tratar de rexistrar o dos pasos diarios. Unha toupa que son con isto das novas tecnoloxías , e non sei se apliquei ben as indicacións de Ghose para non tolear ao dispositivo... Hai que recoñecer que , aínda sendo un "xogo", de certo axuda a poñer en valor as idas e voltas dos recados diarios. Non teño tanto vicio coma outras persoas apuntadas, pero si que lle collin o gusto.

Pero hoxe o corpo pedíame máis. "Mens sana in corpore sano" dicían... Canto máis mazado está o ánimo polas preocupacións , máis toca mazar o corpo para recuperar o equilibrio. Por iso hoxe tocaba pasar dos tímidos 4km das semanas pasadas a facer unha saída de 9 ou 10... O circuíto de Chapela quedou descartado, non era plan de saltarse o peche perimetral ata o Alto da Encarnación.
Así que optei por facer unha versión reducida da 10 K de Teis facendo unha secuencia que me levou por Dr Corbal, Alonso Ojeda, Espiñeiro, A Lagoa, A Punta, ETEA, Ríos, Igrexa, Chumba e volta pola Avenida de Galicia ata a Balbarda. Ao final a cousa quedou en 7 km en 46 minutos, a un ritmo de trote cochinero total (aínda que nas miñas pulsacións a percepción era que ía a lume de carozo) .

Pero iso é o de menos. O obxectivo de momento é existir e resistir. Como en todas as cousas da vida.

E nesas estamos





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos