Foros ›
Autor
Mensaxe
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Lun, 20 Abr 2020, 5:32
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (no tele-taller)

2 kilos en 5 meses incluidas a 5 semans de confinamiento e a pascua......nun para de semaniñas xa os perdes.
Insisto....a postura na bici e fundamental para evitar dores e lesión. Mais importante incluso que unha técnica boa de carreira. Plantéxate un estudio biomecánico
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Lun, 20 Abr 2020, 17:33
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (no tele-taller)

Meigalicix escribió:

Moito ánimo a todo o mundo

Igualmente, Meigalicix. Falta hace. Chorando



Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 01 Mai 2020, 10:45
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (no tele-taller)

Hoxe , con tanta expectación desescalante, toca renovación xeral nos diarios.
Non vou a ser menos, aínda que siga en modo Meiga Connors, atrapada no día da marmota número 176, 46 deles confinada . Non sei se estou chegando á fase de estamparme contra os muros, ou se xa logrei superalo e pasar á fase de perfeccionar as clases de piano .

Si que cumplin co obxectivo de facer polo menos 13 días seguidos a táboa de exercicios aínda que non fose completa. Pero unha vez máis o optimismo traicionoume . Como me sentía mellorando, incorporei á rutina diaria o de pasear media hora a paso lixeiro. Realmente marchando no sentido máis atlético da palabra. E claro, ó cuarto día de facer iso volvín a despertar unha vez máis como Connors co "I've got you babe". Xeonllo esquerdo entumecido, dor no lado interno da articulación. E volta a comezar. Reducción drástica da taboa de exercicios, nin un mísero minuto de bici estática, nada de paseos, e catro días con antiinflamatorios. Acabei a dose este pasado luns.
O mércores, coma sempre, amable chamada telefónica da fisio asignada polo meu seguro, que xa debe estar algo abrorrecida de min, pero fai o seu teletraballo o mellor que pode.

E resulta que mañá danme permiso precisamente para facer o que solía facer sempre: Ir ata a Etea, ata as 4 Pontes, e xusto nesa franxa horaria que comeza ás 6 da mañá.
Non vou correr, pero madrugar e saír a andar, non a ritmo de muiñeira aínda que me coste. Quero lembrar o que fun unha vez , a ver se así atopo o xeito de reinventarme
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 03 Mai 2020, 14:07
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (no tele-taller)

"Crónicas da favela: A reinvención do entreno"

Descubrín a Rui Veloso cando interpretaba a "Invención do canto" para Xabarín Club alá polos anos 90, como nai atenta ó que os seus fillos vían na tele na hora do almorzo e da merenda. Decididamente das miñas cancións favoritas de todo o lote que saiu de "A cantar con Xabarín". Ese ritmo de blues cadraríalle ben á actividade destes dous días.

Onte saín ás 7:25 da mañá, con idea de andar a paso de caracol coxo. E así foi ,literamente. Despois de dous días de case inactividade física na casa, e sen estiramento e quecemento previo, as molestias no xeonllo esquerdo fixéronme ir coxa case toda a media hora que durou o "paseo reglamentario para adultos no radio de 1 km desde o domicilio".

Pola noite , outra vez coa caixa de antiinflamatorios na man, xa estaba a renegar da miña vida de Alicia Connors en bucle nesta especie de Punxsutawney atlético. Pero a iso das 10 da noite chegou una mensaxe dunha compañeira de equipo animando a participar na Carreira de Muller, modalidade solidaria virtual COVID, na que hai opción a só andar 5 km. E entón acendeuse a bombilla.

E comenzou a reinvención do entreno:
1º Paso: Co Garmin morto e enterrado no punto limpo hai meses, tocou descargar o Strava no móbil.
2º Paso . Marcarse un obxectivo: Andar ( e digo andar, non marchar, nin moito menos correr) 5 km nunha hora, de xeito que non me pase do permitido por lei na franxa horaria da mañá, e sen escaparme do radio de 1 km desde a miña casa. E sobre todo, facelo sen que me doa o xeonllo esquerdo.
3º Paso. Loxística: Remexer no caixón das camisolas esquecidas ata atopar unha de cor rosa fosforito marca Decathlon, que me regalara o meu preparador físico, coa sana intención de que a puxera por favor nos entrenos nocturnos para ser ben visible e non acabar atropelada por un coche.
4º Paso. Inscribirme e pagar a cuota solidaria para a AECC
5º Paso. Execución: Como xa quedou claro que non se pode saír "en seco", nin siquera a andar, hoxe fixen toda a táboa de exercicios e estiramentos antes de sair a andar. A Baixada a Ríos fíxena pisando ovos, todo o lenta que foi preciso para que os pinchazos na zona interna do xeonllo esquerdo non chegasen a manifestarse de todo. Xa pola Rúa Arnela e a Avenida de Galicia de volta, todo foi coma unha seda. E ó chegar, estirar outro pouquiño. Segundo o rexistro do Strava no móbil, saíron 2,7 km en 31 minutos. Así que é factible facer os 5 km sen pasarme de tempo e zona, e sobre todo, lograr rematar sen o xeonllo escangallado

Así as cousas, a reinvención do entreno pasa por facer a táboa de exercicios todos os días , e alternar días de paseo de 30 minutos con días de bici estática a resistencia 0 sen pasar de 10 minutos.

Pouco menos que un bocado de aire comparado co que teño feito hai un ano.

Pero é estar viva dalgún xeito. Non se consola quen non quere


freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 03 Mai 2020, 14:58
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (no tele-taller)

Una perfecta declaración de intenciones Meiga.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 21 Mai 2020, 17:15
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (desescalando)

Crónicas da favela: "A nova normalidade"

Non é que as cousas teñan cambiado moito na realidade medible. O que ten cambiado algo é a percepción, o punto de vista. Así que pouco a pouco fumos pasando de estar 178 días dando voltas en Punxsutawney, a ter vivido 17 días da era Strava.

Se hai cousas que poden autodenominarse "manifestacións pola libertade" en certos sitios de Madrid, co mesmo dereito teño decidido que aquí na Favela , de agora en diante, calquera actividade física con desprazamento vai denominarse "entreno".

Do 3 ao 9 de maio cheguei a facer tres "paseoentrenos" de 3 km . E no propio domingo 10 de maio fixen os 5 km reglamentarios, cunha camiseta rosa, o dorsal 016, e unha chaqueta de chándal do clube porque ás 8 da mañá ía fresco, e por non dar tanto o cante fosforito. Os obxectivos cumpridos, xa que rematei sen dor, en 51 minutos.

11 de maio: Descanso confinado
12 de maio : 3 km de ida e 3 de volta de Teis -Calvario- Teis, con parada de 60 minutos na camilla da fisio , que lle dou o visto bo ó piramidal, e unha visual ó xeonllo esquerdo, informando que a súa teoría é que o nervio safeno está influíndo no estado de inflamación da zona. A saber...
Do 13 ó 17 de maio tocou algún día de paseo de 3 km, e pouco tempo dedicado a facer abdominais, planchas e demais reforzos.
18 de maio: Aproximadamente 5,7 km de andaina a ritmo de 5,7 km/h Teis- Clínica de Fátima-Teis. Agora que xa estamos en fase presencial , e xa que o cubre o seguro, retomamos as sesións de rehabilitación en persoa.
19 de maio: 7 km en 1h 45 minutos. Teis-Travesía- Urzáiz- García Barbón -Teis, con parada de 5 minutos na tenda onde ía recoller un encargo.
20 de maio: Outra vez 5,7 km Teis-Fátima-Teis. Na viaxe de ida a ritmo de 7,2 km/h case ó trote , para non chegar tarde á consulta.
E hoxe, despois de tanto paseo, descanso absoluto. Perna estirada no sofá compaxinando con teletraballo, xa que o xeonllo esquerdo andaba a dar síntomas.
A ver se mañá retomo as pesas, abdominais e reforzo de pe, que levan abandonados unha semana.
No lado positivo, ver que aínda que pode molestar ou doer a articulación do xeonllo, non se carga de líquido e non preciso de recurrir ós antiinflamatorios.

A ver se é verdade que imos cara adiante, na desescalada da lesión, e na desescalada xeral . Calquera se fía a longo prazo ...


Última edición por Meigalicix o Ven, 22 Mai 2020, 9:52; editado 2 veces
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Ven, 22 Mai 2020, 4:17
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (desescalando)

Meigalicix escribió:
Crónicas da favela: "A nova normalidade"

.. de agora en diante, calquera actividade física con desprazamento vai denominarse "entreno".
...
Chupete lóxicamente.

E descansar dise "entreno pasivo". Mucho que aprender young padawan.



ps: ánimo Guiño

Est.2008
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1015 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 22 Mai 2020, 6:27
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (desescalando)

Pouco a pouco faise o camiño.... O primeiro é a saude....
Ánimo e a recuperarse bén....
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Ven, 22 Mai 2020, 12:13
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (desescalando)

Te estas reinventando a ti misma y eso, tiene mucho valor
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Sáb, 23 Mai 2020, 8:18
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (desescalando)

Meigalicix escribió:
Crónicas da favela: "A nova normalidade"

Se hai cousas que poden autodenominarse "manifestacións pola libertade" en certos sitios de Madrid, co mesmo dereito teño decidido que aquí na Favela , de agora en diante, calquera actividade física con desprazamento vai denominarse "entreno".

Decía Raúl Cimas en un sketch de los suyos algo así como "la libertad de los demás acaba donde empiezan mis ***jones". Muy gráfico a la hora de describir la mentalidad de la peña en este país.
Yo no sabía nada de las caceroladas hasta que me pilló una en plena pandemia, justo cuando salía del supermercado, cargado hasta los topes.
Era en la época en que las UCI's cantaban el "especial", y no sabes qué sensación más chunga. Entre lo "acongojado" que iba a la compra, y que no entendía nada, casi me faltó empezar a pellizcarme. Aquel escándalo, que provenía del inframundo, pues nadie se asomaba a los balcones... Y yo con la conciencia sucia de haberme llevado todas las latas de aceitunas negras, sin dejar ni una...
Fue uno de los momentos cinco estrellas en mi experiencia personal de toda la franquicia de terror Covid.
Sinceramente, me da pena ver que no son solo los políticos, sino gente completamente normal, la que anda a la greña en estos tiempos tan difíciles y angustiosos. Pero lo entiendo.
La gente le tiene tanto miedo a infectarse del virus como a verse al mes siguiente sin con qué pagar las facturas, y las del barrio de Salamanca no son poquita cosa...
El alquiler de un bajo en esa zona cuesta lo menos 5000 euros/mes, y ellos, entre sí, por mucho sentimiento de clase que tengan, no te creas tú que se perdonan las deudas.
En fin. Un poco de comprensión hacia los "otros" y más positivismo, que hace mucha falta.

Yendo a lo que en realidad nos ocupa, alabo tu medida de recalificar tu actividad física, si con ello consigues animarte y seguir avanzando en la recuperación. Y por supuesto, por el hecho de que nos permite continuar disfrutando de tu diario, esté, o no, completo el aforo de endorfinas.

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 25 Mai 2020, 14:48
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (desescalando)

Moi agradecida por todos os comentarios, señor Ghose Obi Wan, Rufino, Nando e Papa- Léguas. Iso tamén axuda na recuperación.

Seguimos actualizando .
Isto de reinventarse supón cambiar de punto de mira e obxectivos. E tamén de rutas, aínda que sexan corta e pega doutras anteriores. Porque hai cousas que neste barrio son impensables para facer correndo. Vale sí, as persoas que fixestes a Teis 10 km si que tedes pasado por algo parecido. E as que coñecedes o barrio, e fostes desde o parque da Praia da Punta ata Dr.Corbal ou polo camiño do Gondosende cara a Carballeira, non precisades máis explicacións.

www.strava.com/activit...3496689760

Pois esto que está aí (se o enlace está ben posto) é o meu novo circuíto de 1 hora para facer os sábados. As outras saídas son as tandas de 2,8 + 2,8 km cando vou a rehabilitación a Fátima (dúas por semana) . E de vez en cando algún recado fora de Teis, que me sirve para sumar outros 5 ou 6 km para a saca. O problema é que nos días intermedios dame moita vagancia facer as táboas de exercicios, sei que no debo descoidalo , pero a natureza humana é así , proclive á deserción.

O xeonllo esquerdo evoluciona ó seu xeito , pero sempre deixando claro que o seu non son as matemáticas. O sábado pasado fixen os exercicios e estiramentos antes de sair, e a pesar diso a primeira media hora foi un recitalcompleto de molestias que me fixo pensar en dar volta para a casa. Finalmente estirei un par de minutos e a couso foi tirando. Hoxe , pola contra, que saín para Fátima co tempo xusto e sen facer exercicios nen estiramentos, fun quen de ir literalmente a "trote cochinero" os 2,9 km dun tirón, unha auténtica temeridade desmedida ... Trotar durante 19 minutos despois de 7 meses sen correr!! O caso é que cheguei enteira e sen maiores consecuencias aparentes. Iso sí, á volta non puiden subir de un ritmo de 4 km/ hora. Esperemos a mañá , e que nos se cumpla o pesadelo desta noite pasada (soñei que me volvía a saír a bola de líquido no xeonllo, vade retro...)

O que non evoluciona é a agulla da báscula. Pensei que co desconfinamento e as andainas algo cambiaría, pero os kilos de máis seguen aí.
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4361 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 25 Mai 2020, 17:41
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (desescalando)

Me alegro mucho de que tu rodilla también se esté desconfinando.
Poquiño a poco y ánimo, que esos kilos se van pronto con la actividad. Mira que yo, sin haber estado confinado, entre el parón de dos semanas por las molestias de la rodilla, el haber currado en casa dos semanas salteadas (o sea, tampoco lo de ir al curro en bici) y que las piscinas están cerradas, subí cuatro kilos con respecto a mi peso normal. Ya bajé dos, y eso que estoy empezando poco a poco.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 01 Xuñ 2020, 10:31
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (desescalando)

Crónicas da favela: "A carne é debil".

As racións da andaina da semana pasada quedaron seriamente mermadas, pois os traxectos previstos ó Calvario , Fátima e Praza de España acabei facéndoos en bus (polo menos a viaxe de ida), Demasiado calor para min, e se ademáis o bus acaba de aparcar cando pasas xusto pola parada , así , abrindo as súas porta a ese espazo refescado con aire acondicionado, a tentación é demasiado forte.

Como tampouco fixera gran cousa de abdominais e pesas, o venres decidín facer o meu paseo cañero de baixada á Igrexa e Ríos, e subida do 10% á Guía. Como o xeonllo estaba a portarse ben, cando tocou baixar a Avenida de Dona Fermina e a Travesía da Oliveira, o cerebro quedou aparcado , e como a carne seguía a ser débil , tomou o mando o corazón: "Menuda parvada meter o freo cando aquí o natural é deixarse ir, trotando..." . E cheguei a casa como a Amanda de Víctor Jara, florecendo con eses 5 minutos de trote de verdade.

Pero o sábado todo foron molestias, a inconfundible sensación de entumecemento e imposibilidade de estar moito de pe. Así que o paquete dos antiinflamatorios volveu sair do caixón. Onte domingo, descanso, e hoxe luns, traxecto a Fátima andando a paso de caracol coxo. E por suposto, o tirón de orellas da facultativa: "Pero no ves que o de trotar é malísimo para as articulacións!" . Eu teño as miñas propias teorías ao respecto , pero non era momento de discutir.

Volvín andando a modiño, pola rúa Pino e os escasos 600 metros de vía verde que temos no centro de Vigo. Podería segui ata Teis , pero non quería mazarme moito os pes andado sobre as pedras solta da vía sen restaurar, así que collín polo Barrio das Flores, Robleda, Castañal e Boan. Polo menos que me quede o consolo de mover simplemente as pernas...
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 01 Xuñ 2020, 11:07
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (desescalando)

Muy bien Meiga, el caso es no perder tensión de actividad. Los facultativos son sabios, pero no infalibles.
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Lun, 01 Xuñ 2020, 11:14
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (desescalando)

freakyrunning escribió:
Muy bien Meiga, el caso es no perder tensión de actividad. Los facultativos son sabios, pero no infalibles.

Ya lo dice la misma palabra. Sus consejos son facultativos.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos