Foros ›
Autor
Mensaxe
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4361 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 22 Ago 2020, 5:39
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Ánimo Meiga, pasiño a pasiño.
8 min/km es ritmo de trote cochinero, te veo ahí cerquita.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 23 Ago 2020, 16:41
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Leira gym... Un tipo de rutina presente en máis dun diario, e especialmente no meu. Non con este nome ata hoxe. Escoiteillo dicir onte a unha compañeira, e penso que lle cadra moi ben á miña actividade desta fin de semana... Tiña pensado pararme a facer cálculos de canto podería equivaler en exercicios de pesas o levar unha carretilla cunha carga de 50kg entre cabazas e tomates nun traxecto de 100m de falso llano. E logo darlle a razón a Freaky no de ser terca e teimuda, e contarlle a 101 que hoxe pasei do 'falso trote cochinero" ao trote de verdade, pois, apurada unha vez máis polas urxencias familiares, só dispoñía de 5 a 7 minutos para cubrir a distancia entre A Balbarda e o Camiño de Maceiras se non quería ser impuntual ( mañá veremos que di o xeonllo esquerdo, de momento está calado)...

Pero cando cheguei de volta a casa agardaba por min unha dose de realidade pura e dura, o que viu facerme ver, unha vez máis, que pouco importan en certos momentos as urxencias familiares ou os estragos dos trebóns sobre os minifundios da favela, as lesións e as recuperacións, a mascarilla voluntaria, imposta, os retos atléticos virtuais, reais, inventados ou inexistentes...
Como di o diario de Corrín (agora en pausa pero non por iso menos relevante), o que importa é a vida.

De contado marchou a vida do compañeiro Paulo, veciño da favela, e público habitual e compañeiro de mesa nas festas post Vig-Bay en Torroña.
Que o Ceo te reciba como mereces, con Camilo Sexto cantando Melina para ti en exclusiva, e un coro de anxos acompañándote logo co "Oh Mamy Blue"
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 26 Ago 2020, 14:58
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Onte tocou trail urbano:
1- 10 minutos de trote ( auténtico trote con impacto de zapatillas sobre asfalto) desde A Balbarda ata a oficina bancaria. 2- 20 minutos de marcha ata Vía Norte.
3- 55 minutos de recuperación paseando ata o Mercadona do Calvario e facendo a compra.
4- Sesión de 60 minutos coa físio, traballando a fondo a zona das lumbares, repasando o piramidal dereito e o nervio safeno esquerdo, con música celestial de fondo " Estás moi ben, tono muscular perfecto, é xa o momento de pensar que saiches da lesion e que podes comezar de novo, pouco a pouco, pero mandándole a ese xeonllo esquerdo facer cousas esixentes".
5- 2 bloques de 15 minutos de resistencia do tren superior acompañado de desprazamento, intercalando pausa de 5 minutos ( traducido a termos reais, ir cargando cos 10kg da bolsa da compra en posición frontal, coas asas longas colgando unha de cada ombreiro e amparando o fondo da bolsa coas mas, ritmo de paseo de 4km/aprox).
Hoxe, máis leira - gym:
1- 50 minutos de recorte de sebe coa podadora manual
2- 80 minutos de desbrozado e cortado de fentos e herbas altas en 500metros cadrados de campo con berzas e froiteiras, usando a corta céspede Viking grande de gasolina, que xa só empurrar por ela costa o seu
3- 15 minutos de repaso de céspede na entrada de casa, tamén coa Viking, pero sen resistencia nin desnivel.

Non son entrenos ó uso, pero coas maniotas que teño, podo afirmar que non hai músculo que non traballase. E desde logo que calorías tamén queimei abondo: Hoxe a báscula marcaba 50,6 kg. Tres kilos menos que no remate do confinamento.

Nalgún momento debería meterlle ao corpo uns bos estiramentos. E sobre todo, ir collendo xa o horario de inverno, tendo en conta que o 1 remato as vacacións e que tocará volver a facer táboas de exercicios e posibles saídas entre 7e 8 da mañá.
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4361 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 26 Ago 2020, 17:31
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Pues muy bien, te veo como una moto...o como una Viking.
Así que ya empiezas a trotar, genial.
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4361 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 26 Ago 2020, 17:47
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Pues muy bien, te veo como una moto...o como una Viking.
Así que ya empiezas a trotar, genial.
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Xov, 27 Ago 2020, 13:57
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Vaia Srta. Meiga, alegrome de que por fin podo leer cousas positivas neste diario: Perdida de lastre, visto bo da fisió,.....
Xa o tes todo para concienciarte en empezar con cousas mais serias. Moito ánimo e mirar o vaso sempre medio cheo.
Un saudo
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 28 Ago 2020, 14:59
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

cK13 escribió:
Vaia Srta. Meiga, alegrome de que por fin podo leer cousas positivas neste diario: Perdida de lastre, visto bo da fisió,.....
Xa o tes todo para concienciarte en empezar con cousas mais serias. Moito ánimo e mirar o vaso sempre medio cheo.
Un saudo

Bravo esos minutos de carrera. Digo lo mismo que Nando.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 01 Set 2020, 16:59
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

corredor101 escribió:

Así que ya empiezas a trotar, genial.

O de trotar aínda é algo ocasional, cinco minutiños soltos cada moitos días, so por probar que a perna non se resinte (cousa que hai uns meses si que lle sentaba fatal)

freakyrunning escribió:
cK13 escribió:
Vaia Srta. Meiga, alegrome de que por fin podo leer cousas positivas neste diario: Perdida de lastre, visto bo da fisió,.....
Xa o tes todo para concienciarte en empezar con cousas mais serias. Moito ánimo e mirar o vaso sempre medio cheo.
Un saudo

Bravo esos minutos de carrera. Digo lo mismo que Nando.

Grazas aos dous polos comentarios, e si que era a miña intención nestes días facer un plan de actividade, metendo máis traballo as pernas progesivamente , para dentro de tres ou catro semanas ir comezando a probar con algo de trote ... Pero comezo setembro suspendendo . Vou ter que ir a clases de reforzo e apoio con Pollastre para recuperar a nota na materia de Conciliación 1, que el era unha autoridade no tema.

O caso é que cando te toca de ser a única persoa da unidade familiar que non está de "baixa médica", o asunto é imposible, polo menos para min.

Ó mesmo tempo, tampouco queda nada lucido e coherente ter un diario para escribir nel as cousas que non fixeches realmente.

Así que unha vez máis, facendo da necesidade virtude, toda a recua de trámites que me tocaba facer esta penúltima mañá de vacacións, foron o pretexto para facer un novo "trail urbano". Non tocou traballar con peso (a mochila hoxe non debia de pasar de 2 kg), pero si estar desde as 9:30 da maña ata ás 13 horas de andaina por Vigo, cubrindo unha distancia a pe de 9,8 km (se me fío do sixpac, xa que hoxe non tiña batería de abondo para conectar o Strava)
Algo é algo, especialmente o poder facelo sen notar cousas raras no xeonllo esquerdo.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 01 Set 2020, 18:40
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Cuando se trata de conciliar hay una palabra que gana a todas: determinación. Y a juzgar por tus comentarios vas sobrada. Mucho mérito Meiga. Sigue centrada en los entrenos, aunque sea sólo el 1% de tu cerebro, aunque sólo sea el 1% del poco tiempo que te queda, que no te vas a arrepentir. Son nuestra tabla de salvación.
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
423 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Xov, 10 Set 2020, 5:24
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

freakyrunning escribió:
Mucho mérito Meiga.

Aplauso

Est.2008
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 13 Set 2020, 19:38
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Resumo desta semana:

Seguimos cos problemas de conciliación, que a este paso van ser xa permanentes... Décadas de perfecta xestión doméstica en equipo están agora en horas baixas : O meu "preparador físico", utillero, apoio moral e tantas outras cousas, cumpre un mes de baixa por artrose, e todo pinta que vai ter que pasar polo quirófano.
Neste estado de cousas, multiplicanseme as horas de leira-gim, trail urbano para ir de compras e xestións, horas de pé en casa cociñado... Cousas que computan como actividade física que consume e desgasta.
O que me propuxen está semana foi tratar de "recargar batería", fortalecer as zonas que se van gastar, e que o balance quede compensado. A única ferramenta sinxela que teño para iso é a táboa de exercicios:
- 2 series de exercicios de reforzo de pés
- 3x3 de rutina de pesas(2kg en cada man)
- 1 minuto de reforzo de cuádriceps (sentadilla con lombo apoiado na parede e apretando balón cos xeonllos)
- 3 rutinas de exercicios de reforzo de glúteos
- 3 series de 50 abdominais
- 30 flexions e 1minuto de plancha con brazos extendidos ( isto último non sempre)
- estiramentos sobre esterilla ( lumbar, glúteos, isquios e xemelgos)

Normalmente lévame 35 minutos, e a intención é facelo a primeira hora da mañá. Pero non sempre me saen as contas.
O que si considero un éxito digno de mención é que despois de moito tempo, levo unha semana enteira facendo está táboa cada día.
Agora toca ir á segunda fase: Seguir facendo a táboa diariamente, e dous ou tres días á semana facer 5km de marcha, aos ritmos de 7 ou 8 km/h que conseguira ultimamente.
Cruzo os dedos e o vindeiro domingo seguiremos informando
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 14 Set 2020, 13:17
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Semana 2 do plan renove. Día 1:
Digamos que o obxectivo de fondo é chegar a novembro con permiso de trotar (xa non digo correr) tramos de 15 a 30 minutos.
O primeiro paso é reforzar e recargar, e logo afacerme a ritmos de marcha progresivamente máis esixentes.
Así que hoxe en teoría tocaba táboa de exercicios e logo actividade peonil por Vigo adiante.
Coma sempre, non me dou o tempo, e a actividade de hoxe quedouse en dous tramos de marcha urbana.
Sospeito unha vez máis que o Strava minte, coma Pinocho e Johny Guitar facendo un dueto, e non me queda outra que aguantar en modo Joan Crawford e crer devotamente todo o que me conta...
Así as cousas, o primeiro tramo, de Teis á rúa Venezuela foi de 5km feitos de vagar, nun inútil intento de buscar novos atallos por corredoiras secundarias nese Vigo oculto, alternativo e non urbanizado que coexiste coas rúas anchas por onde si vai o Vitrasa. O experimento levoume 54 minutos e varias recuadas en vías mortas.
Na viaxe de volta levaba moita presa. Tanta, que rematei en menos de 25 minutos. O que xa me parece raro é que a distancia non chegase nin os 4 km no Strava. Pero non teño outros datos para contrastar. En principio volume quedar coa idea de que fixen 8,5 km, e que durante media hora fun quen de de marchar a 6:27 min/km (case como cando ía trotando pola Balbarda). Certo que o tramo de García Barbon é moi llano. Pero todo o que sexa facer cousas así e que o xeonllo non se inflame xa chega ben
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
423 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Lun, 14 Set 2020, 13:25
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:
Semana 2 do plan renove. Día 1:


fun quen de de marchar a 6:27 min/km (case como cando ía trotando pola Balbarda). Certo que o tramo de García Barbon é moi llano. Pero todo o que sexa facer cousas así e que o xeonllo non se inflame xa chega ben

dios! eu non sei se daría feito a tal ritmo! Disimulando O xeonllo non sei, pero a cadeira non sei eu se aguantará semejante meneo Mr. Green

ben! Aplauso

Est.2008
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 15 Set 2020, 18:10
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

ghose escribió:
Meigalicix escribió:
Semana 2 do plan renove. Día 1:


fun quen de de marchar a 6:27 min/km (case como cando ía trotando pola Balbarda). Certo que o tramo de García Barbon é moi llano. Pero todo o que sexa facer cousas así e que o xeonllo non se inflame xa chega ben

dios! eu non sei se daría feito a tal ritmo! Disimulando O xeonllo non sei, pero a cadeira non sei eu se aguantará semejante meneo Mr. Green

ben! Aplauso

Menos mal que te paras a ler no meu diario, porque está claro que non reviso ben o que escribo. Quería poñer 7:25 minutos / kilómetro ( así de lenta corría eu a veces nas costas arriba da favela Triste )
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
423 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mér, 16 Set 2020, 7:10
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:
así de lenta corría eu a veces nas costas arriba da favela Triste )

reserva este emoji Triste para cousas importantes (que apuntas no diario) e ponlle este Moi feliz ó que eres capaz de facer aínda que sexa unha sombra do que che gustaría ser capaz de facer.

Consello de psicoloxía barata:

cambia o punto de vista da análise que fas sobre a túa condición, non te compares con expectativas anheladas (ou realidades que quizais non voltarán), se non contigo mesma hai unhas semanas e observa a progresión.


É o que fan a diario os políticos (coa economía, a covid, o paro, ...) Menudo símil!!


Só quero darche ánimo e que sepas que todas temos momentos malos-mellores-peores que intentamos superar como podemos e mellor sabemos (mira os outros diarios), pero sáenme uns haikus ou algo así como se eu tivese un coñecemento antigo e profundo que me convirte en alleo á fraqueza e ó desanimo Avergonzado "Non fai falta acadar a meta, se non desfrutar do camiño" (toma haiku!!)

Est.2008





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos