Foros ›
XI Andaina 50 km Concello de Riveira
Foros de debate / Andainas
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 01 Ago 2013, 7:44
Asunto: XI Andaina 50 km Concello de Riveira

Sábado, 7 de Setembro de 2013

Información

A XI Andaina Popular “Concello de Riveira”, de novo volve a modificar o percorrido habitual dos anos precedentes, buscando novos alicientes que consigan o disfrute dos participantes nesta proba. Nesta edición as novedades principales, son o lugar de salida (Complexo de A Fieiteira), acadándose a máxima altura da ruta nos primeiros 20 km. Por primeira vez nos 11 anos de existencia, non se subirá o emblemático Monte Tahume, pero a cambio acadarase a máxima altura de sempre: os máis de 600 metros do Monte Forcados, coa conseguinte vertixinosa baixada do km. 17 ó 18.

A ruta misturará estes terrenos montañeiros, con novas rutas fluviales, nova subida ó Monte da Cidá, e retomaremos o sendeiro costeiro de Couso. En fin, traballando arreo para que cada ano os participantes se atopen unha andaina nova.



ORGANIZACIÓN

A proba está organizada pola Sección de Sendeirismo da Asociación “As Miñoteiras”, contando coa colaboración do Concello de Riveira, Asociación de Veciños de Carreira, Protección Civil e Asociación Arrecó.


INSCRICIÓN
Prezo dende o 1 de Agosto ata o 3 de Setembro:

· 15 €uros (con camiseta de recordo)

· 10 €uros (sin camiseta)

A partir do 3 de Setembro, haberá un prezo único de 25 euros, sen dereito ó polo de recordo.

Poderá realizarse en:

www.riveira.es


Ingreso en:

* 2091 0339 78 3000030804 (NGB)

* 2100 1840 61 0200046087 (La Caixa)

O número máximo de participantes é de 300 (No intre de alcadar esta cantidade xa non se admitirán máis inscricións)



SAÍDA

¡¡NOVEDADE!! A saída será desde as pistas de atletismo do Complexo Polideportivo de A Fieiteira, ás 9 horas. É preciso estar no punto de saída 30 minutos antes do inicio da proba.

ROTEIRO
Estará convintemente sinalado con cintas blanco/bermellas e pintura amarelo-fosforito, cunha distancia máxima entre sinais de 200 metros.



AVITUALLAMENTO

Ó longo do percorrido haberá cinco puntos de avituallamento coa finalidade de prover ós participantes de auga e comida durante o tempo no que se desenvolva a proba.



CONTROLES DE PASO


Haberá controles de paso, polos que os participantes deberán pasar nuns tempos mínimos e máximos, calculándose os mínimos a razón de 4,2 km/hora, e os máximos a 7,5 km/hora. A organización non se inmiscuirá en como se realicen os tramos entre controles de paso (andando, correndo…) sempre e cando se cumplan os horarios mínimos e máximos, e non se moleste ó resto de participantes.

Os controis estarán situados nos puntos de avituallamento:

· Km. 10: Moldes

· Km. 20: Balteiro

· Km. 26: Dolmen de Axeitos.

· Km. 35: Castro

· Km. 42: Couso



PREMIO DA REGULARIDADE



Como novedade, nesta edición farase entrega do Premio da Regularidade, a aquel participante que acade o maior número de puntos por pasar por controles segredos no tempo que corresponda ó ritmo que a organización indique no momento da saída.

Exemplo: Si na salida se indicase que o ritmo para optar ó premio fose de 10 km/hora, e os puntos de control estivesen nos km 20 e 30, otorgaríanse 10 puntos ós andaríns que pasasen por eses controles nos minutos 120 e 180. Cada minuto que se desvíe (hasta un máximo de 10) restarían 1 punto por cada minuto de desviación.


OBSERVACIONS:


• Haberá dous percorridos:


A) Distancia habitual de 50 km.

Ojo morado Versión reducida de 36 km. que comparte o itinerario coa longa, excepto o derradeiro kilómetro, no que se atalla para chegar á meta, evitando deste xeito os derradeiros 14 km.



• O prezo de inscrición será o mesmo para ambos percorridos, sendo sobre o terreno cando o andarín deberá optar por un deles.



• Obrigatoriedade de portar un bidón ou cantimplora que se irá recheando nos avituallamentos (non se entregarán botellas de plástico nos puntos de avituallamento).



• Asimesmo, será recomendable (para mellorar a seguridade dos participantes) portar un teléfono móvil (coa batería ben cargada!!!) no que poder localizar ós andaríns que non pasen polos controles, ou co que podan avisar á organización en caso de que lle xurdan problemas graves.



· Se en calquera momento da proba algún/ha participante se amosa canso ou sofre algunha lesión importante debe comunicalo a outro participante ou se é posible, achegarse ó control máis próximo. A Organización disporá dun servicio de controis itinerantes para solucionar este tipo de problemas.



· Ó remate da proba celebrarase un sorteo de agasallos e entrega do Premio da Regularidade, así como unha festa con paella e cervexa para participantes e acompañantes.



· Na Fieiteira haberá vestuarios e duchas dende as 15.30h.



RECOMENDACIÓNS IMPORTANTES

Trátase dunha proba de fondo, polo que é moi importante estar ben preparado fisicamente, polo que se aconsella camiñar semanalmente 80kms. dende dous meses antes. Consiste nun percorrido de 50 km. E non son todos de terreos chans, senón que hai desniveis e terreos accidentados que salvar.

A Organización non se fará responsable dos accidentes ou danos que poidan ocorrerlles ós participantes, aínda que tratará por tódolos medios de evitalos.

É recomendable que os participantes dispoñan de licencia federativa ou posúan un seguro para o suposto de calquera accidente ó longo do percorrido. Os menores de 18 anos deberán vir acompañados dun responsable de maior idade.
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Mensaxes
Rianxiño
Respostar citando Envío Sáb, 03 Ago 2013, 11:07
Asunto: Re: XI Andaina 50 km Concello de Riveira

Ali estarei
rande

Montañés
Montañés
18/07/09
0 Carreiras
134 Mensaxes
redondela
Respostar citando Envío Sáb, 03 Ago 2013, 12:56
Asunto: Re: XI Andaina 50 km Concello de Riveira

por suposto que estaremos un saludiño
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Sáb, 03 Ago 2013, 18:10
Asunto: Re: XI Andaina 50 km Concello de Riveira

Este ano toca.
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1625 Carreiras
14100 Mensaxes
Lestrove
Respostar citando Envío Sáb, 31 Ago 2013, 0:07
Asunto: Re: XI Andaina 50 km Concello de Riveira

Todo ben,pero eso de levar a botella da casa,mira que son rañados estes de Riveira!!!! Guiño
E ter que tomar servesa ca paella.E lojo os que somos astemios?? Sorriso
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Dom, 01 Set 2013, 13:02
Asunto: Re: XI Andaina 50 km Concello de Riveira

lestrove escribió:
Todo ben,pero eso de levar a botella da casa,mira que son rañados estes de Riveira!!!! Guiño
E ter que tomar servesa ca paella.E lojo os que somos astemios?? Sorriso

a calar,que o da cerveza esta moi ben,jajaj.




Urko:

-onde queda esto da Fieiteira??

-existe algun motivo polo cal coincide a andaina ca Barbantia??
xa vai de 2 anos que me toca escoller.
trevinca

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/08
0 Carreiras
213 Mensaxes
barbanza
Respostar citando Envío Dom, 01 Set 2013, 20:51
Asunto: Re: XI Andaina 50 km Concello de Riveira

1 a fieiteira e donde os campos de futbol, na retonda do final da autovia colles direccion a aguiño e despois na cruce do vilar coller direccion a riveira e xa encontras as señales ,a nocturna de castiñeiras pasou por ali <2 nos levamos 12 anos facendo a andaina o mismo dia e decir o 1 sabado de setembro e eles elegiron esta fecha levan dous anos asi .......
Xalma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/08/11
0 Carreiras
166 Mensaxes
Riveira
Respostar citando Envío Dom, 01 Set 2013, 21:39
Asunto: Re: XI Andaina 50 km Concello de Riveira

lestrove escribió:
Todo ben,pero eso de levar a botella da casa,mira que son rañados estes de Riveira!!!! Guiño
E ter que tomar servesa ca paella.E lojo os que somos astemios?? Sorriso

E looooogo...eso quere decir que as vir disfrutar destes inigualables paraxes ?? Si e así....tranquilo, tamen teremos auga, e no peor dos casos mandamos a por unha "SIN" .. Guiño
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 01 Set 2013, 21:40
Asunto: Re: XI Andaina 50 km Concello de Riveira

CesGti escribió:

Urko:

-onde queda esto da Fieiteira??

-existe algun motivo polo cal coincide a andaina ca Barbantia??
xa vai de 2 anos que me toca escoller.

Para chegar ó "Complexo polideportivo da Fieiteira" non hai máis que seguir as sinais de cor laranxa que se atopan a partir da rotonda do final da autovía. Non ten perda: Dirección Aguiño-Cruce do Vilar, á esquerda e a un km nunhas curvas dereita-esquerda, seguir de frente. Pero xa digo, está perfectamente sinalizado.

En canto ó da data, como comentaba Trevinca, a data desta andaina desde o comenzo foi o 1º sábado de setembro. Agora coincide con esta proba ciclista...en fin...!!
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1625 Carreiras
14100 Mensaxes
Lestrove
Respostar citando Envío Lun, 02 Set 2013, 6:47
Asunto: Re: XI Andaina 50 km Concello de Riveira

Xalma escribió:
lestrove escribió:
Todo ben,pero eso de levar a botella da casa,mira que son rañados estes de Riveira!!!! Guiño
E ter que tomar servesa ca paella.E lojo os que somos astemios?? Sorriso

E looooogo...eso quere decir que as vir disfrutar destes inigualables paraxes ?? Si e así....tranquilo, tamen teremos auga, e no peor dos casos mandamos a por unha "SIN" .. Guiño

Tiña pensado ir,pero presentouse un serio handicap para min....Sabado vai chover,e eu son home de secano total.Así que como comprenderas..... Sorriso
Xalma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/08/11
0 Carreiras
166 Mensaxes
Riveira
Respostar citando Envío Lun, 02 Set 2013, 11:57
Asunto: Re: XI Andaina 50 km Concello de Riveira

lestrove escribió:
Xalma escribió:
lestrove escribió:
Todo ben,pero eso de levar a botella da casa,mira que son rañados estes de Riveira!!!! Guiño
E ter que tomar servesa ca paella.E lojo os que somos astemios?? Sorriso

E looooogo...eso quere decir que as vir disfrutar destes inigualables paraxes ?? Si e así....tranquilo, tamen teremos auga, e no peor dos casos mandamos a por unha "SIN" .. Guiño

Tiña pensado ir,pero presentouse un serio handicap para min....Sabado vai chover,e eu son home de secano total.Así que como comprenderas..... Sorriso

Jojojojjojojo......Pero ti ome .....non me digas que non tes o JALO de Portugal ????? ese que dí que sábado vai quentar Lorenzo..... Silbar Silbar
E algo indispensable pa todo Andarin....
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1625 Carreiras
14100 Mensaxes
Lestrove
Respostar citando Envío Lun, 02 Set 2013, 12:22
Asunto: Re: XI Andaina 50 km Concello de Riveira

Coño,veño de mirar o tempo para Sabado,e ayer daban chuvia,ahora dan soleado.....No entiendo nada!!! Sorprendido
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1625 Carreiras
14100 Mensaxes
Lestrove
Respostar citando Envío Lun, 02 Set 2013, 12:24
Asunto: Re: XI Andaina 50 km Concello de Riveira

Teño hasta mañán para pensalo. Pensando
De momento,tiro po Vilar a facer kilometros. Guiño
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Lun, 02 Set 2013, 21:08
Asunto: Re: XI Andaina 50 km Concello de Riveira

lestrove escribió:
Teño hasta mañán para pensalo. Pensando
De momento,tiro po Vilar a facer kilometros. Guiño

como que tiras po Vilar a facer kilometros???

eso e que onte quedaches foljado.
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Lun, 02 Set 2013, 21:09
Asunto: Re: XI Andaina 50 km Concello de Riveira

URKO escribió:
CesGti escribió:

Urko:

-onde queda esto da Fieiteira??

-existe algun motivo polo cal coincide a andaina ca Barbantia??
xa vai de 2 anos que me toca escoller.

Para chegar ó "Complexo polideportivo da Fieiteira" non hai máis que seguir as sinais de cor laranxa que se atopan a partir da rotonda do final da autovía. Non ten perda: Dirección Aguiño-Cruce do Vilar, á esquerda e a un km nunhas curvas dereita-esquerda, seguir de frente. Pero xa digo, está perfectamente sinalizado.

En canto ó da data, como comentaba Trevinca, a data desta andaina desde o comenzo foi o 1º sábado de setembro. Agora coincide con esta proba ciclista...en fin...!!

o da fechas e certo.

defeito desde que descubrin esto das andainas a de Riveira e cita obligada ainda que coincida con outros eventos.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos