Foros ›
Autor
Mensaxe
CACHOFOUCELLAS

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/11/05
200 Carreiras
1072 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Sáb, 30 Dec 2006, 15:47
Asunto:

Barbazon, suerte en esa subida. Yo la haría pero es q ese dia no se si me dara tiempo a ponerme la ropa para correr, es q seguro q a esas horas q dices aun estoy llegando a casa. Pero seguro q algun dia me apunto para hacerla. Tener cuidadin con la lluvia y el viento, y suerte en vuestra idea. Esta muy bien la idea, pero hacerla otro dia.
Feliz entrada de año corriendo.
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Respostar citando Envío Sáb, 30 Dec 2006, 17:31
Asunto:

Tremenda....

Eu teño subido moitas veces o Iroite na bicicleta. Morro de envexa porque dende que fixen o de "El Morredero" sego o calendario de subidas e a esta lle vexo posibilidades. Se fai aire pode ser un inferno.

A data non semella moi atinada mais por algo se escomenza.

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Dom, 31 Dec 2006, 12:53
Asunto:

Moi feliz Somos conscientes que a data non é a máis idonea para facer esta proba ou calquer outra, pero como este ano, por circunstancias diversas, tanto o amigo Barbanzón como eu, imos pasar unha noite de fin de ano moi tranquila, decidimos facer este pequeno reto e comentalo no foro por si había algunha alma candida que tamén quisera compartir con nós o sufrimento.
De todas formas, ante as "multiples" peticións de facer esta subida en outras datas, imos plantexarnos seriamente a posibilidade de que así sexa. Guiño
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Mar, 02 Xan 2007, 18:38
Asunto:

Quero escomenzar esta crónica, dandolle un "cum laude" a organización. Saleu todo perfecto, magnífico.
Record de participación de inscriptos. O 100% dos inscriptos presentaronse na línea de saida; eramos dous, xá o sei, pero aquí apuntouse quen quixo e apareceu quen quixo, polo que coidadiño cos comentarios, que o falar non ten cancelas e aljún podese atrajantar cas verbas......moita envexa é o que ai.
As 11 en punto, saimos rumbo a cima, eu era a primeira vez que o subía correndo. Moi boa estrada, con bó pavimento e moi ancha. A medición do percorrido co coche dounos uns 9,150 kms. e a pendente media eu creo que non vai máis ala de un 6%.
Temos dous descansos, un deles no km. 4 aprox; descanso xeneroso por certo; o outro xá na parte final.
Saimos co cú en sichos co medo a algún Fitipaldi, pero a verdá é que non apareceu nadie, ou porque xa estaban a dormir (que pode ser), ou porque ainda era moi cedo (que tamén), ou porque cada vez temos máis sentidiño (que vai ser que non). O único que atopamos foi unha tatanua de esas sin carnet; detectada; tomamos as medias precisas para non levala por diante (nós non entendos que fan estes chismes na estrada, conducidos por xente maior que non ten os mínimos coñecementos do código de circulación...............e que caros son, que dixo Barbanzón).
O ritmo da carreira foi a trote chochinero, de feito fomos falando practicamente toda a subida, sinal de que o esforzo non nos ia herniar.
O final, nunha lixeira baixada de uns 300 mts, nun sprint desigualado, foi para Barbanzón, utilizando malas artes ¿que é iso de gañarlle a un home con gafas?. Hubo podium e tamén trofeo, ¡que carallo!.
¿En que tempo o fixemos? temos que decir que o fixemos nun tempo bó, saimos con 14º e ceo despexado, e rematamos con 10º arriba, con nubes baixas e un viruje que pá que.
Queremos agradecer a presencia de Pachicho de Ribeira, vello amigo (o de vello non seu sentido máis amplio), que enterado por terceiras persoas do tema, tuvo os santos collons de presentarse en meta para estar con nós.
Listo, rematou, que xá me aburro.
banderas

Maratoniano
Maratoniano
13/09/06
117 Carreiras
3316 Mensaxes
Abrir Vigo ó mar ;-)
Respostar citando Envío Mar, 02 Xan 2007, 21:49
Asunto:

Querido Castinheiras teño que te dicir que me encantóu a túa crónica do "Memorial Pachicho de Ribeira" (supoño que con banda sonora afrocubana incluida)... dende logo hai que recoñecer que tanto Barbanzón coma ti tedes un humor de ca***llo... ánimo e a sejir fasendo tolemias destas de cando en vez, que non veñen mal Guiño Guiño Guiño ... ¡oe! Xa postos a facer tolemias, poderíase montar a famosa "1ª Carreira CenG" nesa subidiña ao Iroite...¿cón chegada ónde os marcianos falan entre eles? ¿ou trabuqueime de monte? Avergoñado Avergoñado Avergoñado
fema

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/08/05
0 Carreiras
1483 Mensaxes
Santiago do Burgo, Culleredo
Respostar citando Envío Mér, 03 Xan 2007, 9:11
Asunto:

todos los comienzos son duros, pero vosotros compañeros habéis creado una carrera, Enhorabuena.

La verdad es que la fecha, "por el daño que hacen las uvas" no era la más idónea para contar con una gran participación pero seguramente habéis sentado las bases para futuras ediciones.


Saludos y enhorabuena por vuestro triunfo en la primera subida a O Iriote, y gracias por compartirla con nosotros.


Fema

HALA UNIÓN, siempre estarás en mi corazón. Unión sólo hubo una. corunacomarca.blogspot.com.es/
Barbanzon

Montañés
Montañés
8/06/06
0 Carreiras
660 Mensaxes
O Barbanza
Respostar citando Envío Mér, 03 Xan 2007, 10:47
Asunto:

Ola, moi bos días a todos:
Despois de ler a excelente crónica do amigo castinheiras, tan só engadir que o día foi magnifico, as vistas estupendas e a compaña inmellorable... moitas grazas polo trofeo amigo Ríndose Ríndose
Foi unha mágoa que non se apuntara ninguén mais, pero bueno supoño que noutra ocasión... é unha subida, dende o meu punto de vista, moi bonita, e ainda que castinheiras non pense igual, é bastante dura, ainda que iso depende moito do ritmo que se leve...
Un saudo para todos e vémonos (o que queira craro, craro, craro... Ríndose Ríndose ) na próxima subida ao Iroite o día 01/01/2008 "II Memorial Pachicho de Ribeira" (moi acertado banderas).
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Xov, 04 Xan 2007, 12:06
Asunto:

Grazas a todos polas miles de felicitacións por esta clásica de primeiro de ano, especialmente a banderas e fema.
Avergoñado Avergoñado Avergoñado Teño que recoñecer, amigo banderas, que estou un pouco avergonzado, porque tuven que buscar información para saber que era a "carreira CenG", ¡é pensar que entro todo-los días no foro!.
En canto o tema dos marcianos, supoño que o dís pola base militar de control aéreo, si é así, si, efectivamente non te trabucas; en caso contrario; Avergoñado non sei de que me falas. De todas formas, decir, que o outro día había catro marcianos, ai que ser de outro planeta para facer estas películas, por certo, dous sudaban.....
Quero tamén decir; que me esquecín o outro día e o vou a lamentar o resto dos días da miña vida; de forma expontanea e libre, sin coaccións nin ameazas de ningún tipo; sin cabreos post-lectura da crónica; que barbanzón e máis eu, contamos ca axuda inestimable da miña muller, que de forma voluntaria e altruista fixó de reporteira gráfica, foi abrindo camiño co coche entre a multitude de xente agolpada que nos ia animando e formalizou o protocolo necesario para instalar o podium e entregar o trofeo...........a verjonsa que estou pasando Avergoñado Avergoñado Avergoñado





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos