Foros ›
Autor
Mensaxe
Ariberna

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/10/11
25 Carreiras
938 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Mar, 22 Xan 2013, 19:08
Asunto: Re: Diario de Ariberna

Hoxe martes tocou recuperar cunha media hora de bicicleta máis ou menos. O tempo atmosférico deume tregua ao parar de chover. Pero aínda se me resinte o xemelgo dereito.
Ariberna

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/10/11
25 Carreiras
938 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Xov, 24 Xan 2013, 20:33
Asunto: Re: Diario de Ariberna

Xoves 24:

5' quentar e 5' técnica
4 x 2000 m entre 145-155 ppm con 3' de recuperación entre elas.
volta á calma e estirar.
Ariberna

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/10/11
25 Carreiras
938 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Xov, 24 Xan 2013, 21:17
Asunto: Re: Diario de Ariberna

Sensacións 1ª media maratón da miña vida:
Viana do castelo 20 de xaneiro de 2013

Moi ben coa xente, na recollida de dorsais, camiseta, etc. Fun o día anterior para non ter problemas.
¡Chegou o día!. ¡Vaia día para estrenarse, vento e choiva!. Non me encontrei coa xente para a fotokedada, e iso que busqueinos mentres quentaba.

Antes de sair: Prantexeime en primeiro lugar o obxectivo de chegar, e logo de manter un ritmo de 13Km/h de media. Tiña medo de non rematar. Coloqueime bastante ben, no primeiro cuarto da cola e nun borde. Desesperante a espera de máis de dez minutos de retraso para comezar, e para o colmo, comezou a orballar. Grazas a todos os que estabamos alí non facía frío. "e ben coñecido que a calor do gando quentaba as casas jeje".

Km1 Deuse a saída e de seguido puiden alcanzar a velocidade proposta, aínda que só tivésemos un carril estreito. non encontrei estorbos. Comezou a chover máis. Menudo charco que tiven que pisar. Incríble, xa mollei os pés.

Km 2 comeza a incorporación a autovía. firme bo, cunha pouquiña de subida.

Km 3 continuamos a autovía, por un borde, con máis charcos na beira, pero xa me daba igual.

Km 4 pasamos por debaixo de outra vía. Había xente animando, alí non se mollaban. Aplaudindo e berrando.

Km 5 primeira marca nun coche. Tempo creo que menos de 23 minutos. Iba mellor do que pensaba. Bebín un groliño de auga e tirei a botella na bolsa dun home que andaba recollendo as botellas e encestei jeje.

Km 6 seguimos por outra aldea cunha leve subida que durará ata o ...

Km 7 leve baixada. Fíxoseme longo este Km, pero o polar ía mallado de distancia. Cruceime coa cabeza de carreira na que ían 3, e berrei "Vamos Hurtado".

Km 8 ¡qué ambientazo había neste Km!. Moita xente mirando nas beiras. Coincidín cunha muller portuguesa moi riquiña coa que fun falando un rato, xa que íamos a mesma velocidade. Pregunteille se era asúa primeira vez e díxome que non. Que fóra a medias e a martóns variadas. Como era portuguesa non lle entendín se a Braga ou Praga.

Km 9 necesitei meterlle un pouco máis de ritmo e separeime de ela. Pasáronme unha rapaza e un home de Galicia, e rinme un rato con eles. ¿cándo chegaría o Km 10? "Hai señor, lévame pronto" pensaba eu.

Km 10. Por fín, mentinme a mín mesmo e díxenme que sa estaba a metade feita. Todo o camiño fun pensando en cánto fixera, non en cánto me faltaba. Ao dar á volta, abrín un xel "normal" de powerade sabor strawberry banana, e metinno na boca, esperando meterlle auga despois. Tanto tardou en chegar esa auga, que pouco antes de collela traguei o líquido, pero xa estaba coa saliva moi diluido e non pasou nada. Logo bebín. Fixen esto porqu een outras carreiras perdín tempo á hora de tomalo. Moito tempo perdín sí señor, e non quería perder ritmo aquí.

Km 11 agora sí que me creía que pasara a metade. Ese Km é terra de ninguén, xa que estou lonxe da saída e da meta. Ao vir en sentido contrario fixeime para ver se vía a Jesús Bernal, pero non o vín. Cheguei a pensar que non fora á carreira.

Km 12 leve subida, dun 2%. Era a segunda así, e a última máis custosa.

Km 13 bastante chan. Recuperei algo de tempo e fixen un rato 14 Km/h

Km 14 baixada importante. Collín velocidade despois de "soltar" un pouco os brazos.

Km 15 ¡Horror!, o que me temía. Moléstanme os metatarsos do pé dereito. Vale, piso máis nesa zona, e aínda non tiña plantillas de descarga feitas. Eses 15 Km era o límite que tiña comprobado nos entrenos, e coas New Balance 1080 v3 que levo me molestaba ahí. Estiven por non levalas, pero ao final atrevinme. Collín unha botella de auga para tomarme máis adiante un gel cafeinado. Bebín un grolo de auga.

Km 16 decidín pisar un pouco máis co talón e mellorou o tema. Levaba uns Km nos que entrei nun estado de trance onde non sentía cansancio. Tomei o gel, bebín auga e seguín.

Km 17 unha subidiña pequena por onde estaba a xente animando resguardados por unha estrada que pasaba por enriba.

Km 18 a cafeína comezaba a actuar. Dábame forzas para rematar, unidas ao coco que levaba maquinando un bo rato "teño que continuar, xa casi está". Dubidei se dar un pouco máis de ritmo.

Km 19 si, si, ímos a tirar e adiantar a uns cuantos. Comecei a progresión ao final deste Km. ¡veña vamos! comecei a progresión. O empedrado que había menos mal que foi pouco.

Km 20 tirei todavía máis. Unha progresión decente. Ao levar medio Km pensei que a volta que se daba ata a meta estaba máis preto. Levei unha desilusión e afundinme un pouco. Dimos a volta, e vin a distancia que quedaba ata a meta (uns 400 - 500 m). Díxenme "fai unha progresión final desas túas que tanto che gustan ao final das carreira", e así o fixen.

Km 21 xa non quedaba nada para a meta, rematei a progresión, pero con tanto arco que había levoume a confusión e disminuín antes a velocidade.


Beber, tomei un rexenerador, collín a medalla, a botella de viño e a bolsa negra co zume e o batido.
Estirei onde a fonte. Non parara de chover nada. qué mais dá mollarse un pouco máis. A miña muller estaba alí esperando co paraugas.
Indo para o hotel encontreime, e por fin falei personalmente con Jesús Bernal, e sacamos unhas fotos. Nunha ata se uniu un policía jeje.
Entrando na habitación do hotel e quitandome as zapatillas subíuseme o xemelgo dereito. Unha dor incríble, nunca me pasara. Tireime no chan e intentei estirar e baixalo. Non sen problemas conseguinno, pero quedáronme secuelas e resentimento por dous días. Onte xa non tiña nada e hoxe corrín e ben.
En fin, repetirei antes do que pensaba, e a ver se me propoño outros obxectivos.
Por certo: media de 13.0 Km/h mallados por polar jeje.
Ariberna

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/10/11
25 Carreiras
938 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Dom, 27 Xan 2013, 14:51
Asunto: Re: Diario de Ariberna

Despois de facer ximnasio o venres,
Domingo corrín 80' sin pasar de 160 ppm.
fixen un total de 15 Km e pico. PErfil durillo de 40' de subida durante 7km con hasta 7% acumulado
www.mapmyfitness.com/r...168734880/
Ariberna

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/10/11
25 Carreiras
938 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Xov, 31 Xan 2013, 21:30
Asunto: Re: Diario de Ariberna

Mércores 30:
quentar 5'
4 x 10' de 120 a 160 ppm
volta á calma e estirar
Ariberna

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/10/11
25 Carreiras
938 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Sáb, 02 Feb 2013, 21:04
Asunto: Re: Diario de Ariberna

Sábado 2 de febreiro:
5' quentar e estirar
20' de técnica rodaxe e 15' por terreno ondulado sen pasar de 150ppm
series de 5x 50m, descansando 1' entre elas
Estirar
Ariberna

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/10/11
25 Carreiras
938 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Dom, 03 Feb 2013, 17:43
Asunto: Re: Diario de Ariberna

5' quentar
60' llano normal, baixadas recuperando e subidas entre 150-160 ppm.

Este é o perfil, e non dou posto o mapa


Ariberna

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/10/11
25 Carreiras
938 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Dom, 03 Feb 2013, 18:21
Asunto: Re: Diario de Ariberna

Levo uns catro entrenamentos con plantillas ortopédicas de descarga. Están ben, aínda que a sensación sexa rara. Tampouco son unha marabilla, xa que me molestan un pouco os metatarsos. Probarei a facer tiradas longas coas Mizuno en vez das NB, con esas plantillas.
Ariberna

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/10/11
25 Carreiras
938 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Mar, 05 Feb 2013, 22:49
Asunto: Re: Diario de Ariberna

Martes 5 de febreiro:
5' quentar
40' medios suaves entre 140-150 ppm
Estirar
Ariberna

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/10/11
25 Carreiras
938 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Sáb, 09 Feb 2013, 15:59
Asunto: Re: Diario de Ariberna

Sábado 09 ferbreiro:

Sesión de 10' para poñerse a 150 ppm
e 3Km a ritmo de competición, descansando o que quede en cada Km ata chegar a 5'.
Total 4'04'' aprox. por Km e descansar 56'' entre cada un

Estirar.

Domingo esperarán 10Km en Lalín.
Ariberna

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/10/11
25 Carreiras
938 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Dom, 10 Feb 2013, 17:12
Asunto: Re: Diario de Ariberna

Domingo 10
¡Buah!, vaia día para ir correr por Lalín.
Comecei moi forte, xa que sabía que ao final ía vir unha subida decente e nos últimos 3Km ía necesitar forzas. Tal vez por iso, o "coco" dixo entre os Km3-7 "reposa, que logo ven o máis forte".
Segundo o meteosat, 5 l/m2 e de vento 47 Km/h.
E así, a unha media de 13.2 Km/h e de 166ppm, rematei en 44:58 netos e 45:04 oficiais. Mollado e cheo de lama jeje.

Anoteime para Lugo o domingo. Espero ir.
Ariberna

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/10/11
25 Carreiras
938 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Mér, 13 Feb 2013, 22:26
Asunto: Re: Diario de Ariberna

Hoxe mércores de cinza tocaron unhas serieciñas ás 19:30 horas
1000m 3'29'' Bailar
1000m reventei aos 800 Muerto
500m 1'37'' Moi feliz
500m 1'37'' Moi feliz
500m 1'45'' me pesan as pernas Muerto
500m 1'40'' Avergoñado

Tiña mal feita a dixestión, xa que comín de buffet no "muerde la pasta" de Santiago ao bestia, e rematei case as 16h.
Ariberna

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/10/11
25 Carreiras
938 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Ven, 15 Feb 2013, 23:03
Asunto: Re: Diario de Ariberna

Venres 15 f
5' quentar ata 130ppm
series:
500 1'34''
500 1'37''
500 1'36''
500 1'37''

Volta á calma e estirar.
¿Qué vos parecen? lento non?
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4255 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Ven, 15 Feb 2013, 23:15
Asunto: Re: Diario de Ariberna

Ariberna escribió:
Venres 15 f
5' quentar ata 130ppm
series:
500 1'34''
500 1'37''
500 1'36''
500 1'37''

Volta á calma e estirar.
¿Qué vos parecen? lento non?

Home, depende tamén do que recuperases entre cada serie.
Ariberna

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/10/11
25 Carreiras
938 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Sáb, 16 Feb 2013, 0:39
Asunto: Re: Diario de Ariberna

gefreiter escribió:
Ariberna escribió:
Venres 15 f
5' quentar ata 130ppm
series:
500 1'34''
500 1'37''
500 1'36''
500 1'37''

Volta á calma e estirar.
¿Qué vos parecen? lento non?

Home, depende tamén do que recuperases entre cada serie.

Digamos que cada serie saín cada 4 minutos, recuperei o que me sobrou para chegar a eses catro.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos