Foros ›
Andaina en Piñor de Cea (Ourense)
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 21 Abr 2009, 13:19
Asunto: Andaina en Piñor de Cea (Ourense)

Queridos amigos deportistas:

Desde o concello de Piñor (comarca do Carballiño) organizan o vindeiro domingo 17 de Maio a II Andaina "Descubrir Piñor".
Iste ano danse varias novidades das que agardo darvos conta en breve, tratándose unha delas, a lonxitude da camiñada, que será de 15 km.
Tan pronto como teña o contido total das bases, informareivos.
A inscripción é gratuita.Para más información escribir a pinortur@gmail.com (ANA OTERO ,Técnica en Turismo do Concello de Piñor)

**************************************************************
Pra os que vaiades dende Santiago contarvos que Piñor de Cea queda a 10minutos de Castro Dozón.



www.jeffxavi.blogspot.com
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 27 Abr 2009, 12:17
Asunto: Re: Andaina en Piñor de Cea (Ourense)

II ANDAINA SAUDABLE "DESCUBRIR PIÑOR" E II CONCURSO FOTOGRÁFICO

A camiñada comezará as 10.00, saíndo da praza do Concello en Piñor e tendo que estar no punto de saída 30 minutos antes para a recollida de dorsais. Transcorrerá polos pobos do concello de: Piñor, Albarona, Lousado, Arenteiriño, Arenteiro, Casarellos, Pereira, Barreiros, Cales, Casmoniño e Barrán.

No sendeiro, esta vez de 15 km e cunha dificultade media, pasaremos por lugares cargados de historia, como a fábrica de papel de Lousado, ou a ruta dos arrieiros o seu paso polo norte do concello, lugares dun gran valor etnográfico, como os Muíños de Lousado ou os múltiples cabaceiros de Barrán, e zonas dunha gran importancia paisaxística como a Fervenza da Fareixa, a Fervenza do Peilán e o Pozo da Area, entre outros moitos.

Ó longo do roteiro haberá 3 puntos de avituallamento, un cada 4 km. (aproximadamente).

Tras a camiñada haberá un xantar saudable para repoñer forzas. E para rematar, farase un sorteo de varios agasallos, entre os que están vales para unha cea ou comida para dúas persoas en Restaurantes do Concello e unha estancia nos Apartamentos turísticos de Freás (recén inaugurados o mes de Marzo de 2009).

Para o correcto control da marcha e o correcto uso do medio natural, establecerase un máximo de 200 participantes.

Os interesados poderán inscribirse gratis no e-mail pinortur @ gmail.com ata o 15 de maio.

Adxunto as bases do II Concurso Fotográfico.

Espero esta información vos resulte interesante e nos vexamos en Piñor o 17 de maio. Quedades convidados!!!

Calquera cousa, quedo a vosa disposición,

ANA OTERO
Técnica en Turismo
Concello de Piñor
Tlf. 988 40 33 26

www.jeffxavi.blogspot.com





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos