Lun, 06 Abr 2009, 17:22
Asunto: Re: II Andaina Bisbarra do Sar 2009
Tentarei ir ó gran en tres aspectos:
1.- A Andaina: Gustoume a estructura de dous circuitos de 17 e 33 km, coa misma tendencia en canto a perfil: subida hasta a mitade de cada bucle e baixada na segunda parte. Zonas variadas: río, monte, vales, aldeas... Bo ambiente na saída. Zona de aparcamento un pouco lonxe, pero non esaxaradamente. Auga morna nas duchas. Ambiente estupendo na post-andaina, a pesar do frío.
2.- A miña participación.- A idea era facela misturando zona de andar con trote, en compaña de Carlos Ferreiro (o rapaz que comentaba Lestrove que os adiantou na baixada para Padrón). No km. empezaron dores de estómago. Afortunadamente o poli de Padrón tiña baños!! Unha diarrea tremenda fixome pensar no abandono. Comenteille a Carlos que continuase solo, porque non estaba para moitas alegrías. Decidín continuar e beber en cada posto para evitar a deshidratación. Controlando os tempos mínimos de paso iba chegando a eles antes da apertura (bueno, da teórica porque a organización veuse desbordada e foinos abrindo antes dos horarios, pero vaia pódese entender xa que nalgúns sitios facía bastante frío). Entre trotes e pateadas, cheguei a Padrón en 8.40, bastante satisfeito.
Charla con
Linkinpark,
fifhtelement (encantado de coñecerte!!),
Lestrove,
U.e
Yomismo(exercendo de mestre de ceremonias...tamén encantado de coñecelo!!), e despois dos callos e viño tinto, retorno para a casa máis contento que unhas pascuas...Bueno, máis contento retornou o meu compi Carlos, ó que lle tocou o premio no Pazo de Lestrove!!!
3.- Organización: Desde a experiencia que puden ver in situ, a organización estuvo perfecta: bos abastecementos, planificación da andaina estupenda (parece ser que o ano pasado o perfil era "sobrehumano"), e un trato estupendo. Cousa aparte é a opinión que se recaba da xente que viña atrás, que casi sempre é a que nos mostra a perfección dunha andaina ou dunha carreira. Polo que sei, a organización currou un montón pero eran moi poucos para semellante traballo, e ahí é donde habería que darlle un "tirón de orellas" (absolutamente cordial, por suposto) á xente da organización que se tira ó monte en vez de, por exemplo, atender nos avituallamentos. O que prefire a xente é que nos avituallamentos haxa xente que lles dea comida e bebida, e mesmo ánimos, máis que que estean pateando polo monte. I'm sorry, Lestrove, U ou Iago...pero polo que vexo necesitabanvos máis en labores de intendencia que como participantes!!