Foros ›
Ciclo Andainas 2009 - Ribeira
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Lun, 12 Xan 2009, 19:56
Asunto: Ciclo Andainas 2009 - Ribeira

Boas tardes.

Como vedes mando adxunto o cartel correspondente ó CICLO DE ANDAINAS 2009 do programa PONTE A ANDAR organizado pola Cofradía da Dorna e o Concello de Ribeira.

Nel xa figura toda a información relativa ás datas os puntos de saida e os horarios de saida e chegada, así coma a distancia.

Este ciclo ven sendo unha continuación do anterior que rematou en Decembro con moi boa acollida por parte dos participantes, e con satisfacción por parte dos organizadores por eso buscamos darlle continuidade.

A primeira das andainas é o vindeiro domingo 18 de xaneiro, e sairase da explanada do pavillón deportivo de Coroso (Polideportivo Santa Uxía), subirase pola Carballa, para chegar ó monte de San Alberte, e voltar de novo ata o pavillón. Evidentemente pasaremos pola Pedra das Cabras, e pola ermita de San Alberte. A distancia é moi similar ás anteriores (uns 12 km.) que consideramos completarase nunhas 2 horas.

Prégase traer calzado e roupa apropiada a actividade é a climatoloxía, e tamén puntualidade.

Moitas gracias.



cartelciclosandainas2009.jpg
Descrición: CARTEL CICLOS ANDAINAS 2009
Nome do arquivo: cartelciclosandainas2009.jpg
Descargado: 1414 veces
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Xov, 12 Feb 2009, 14:18
Asunto: Re: Ciclo Andainas 2009 - Ribeira

Este domingo toca facer 11 kms. Imos sair do Centro Recreativo de Artes, visitar o dolmen de Axeitos e achegarnos ata o parque natural das dunas de Corrubedo.
A hora de saída e as 10 horas. Os camiños estan con moita lama. O remate empanada e viño para todolos participantes.
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Dom, 15 Mar 2009, 19:07
Asunto: Re: Ciclo Andainas 2009 - Ribeira

Hoxe demos rematado este segundo ciclo de andainas e o fixemos con unha elevada participación; 70 persoas nesta última andaina; e podo decir que en algúns casos por ter coñecemento da actividade grazas a esta páxina.
Anunciar que o 24 de maio esta prevista unha andaina ata a Illa de Ons, organizada tamén pola Cofradía da Dorna en colaboración co Concello de Ribeira.
Sairemos en barco dende o porto de Ribeira, percorremos toda a illa, o xantar sera no pobo de Ons e xá pola tarde voltaremos a Ribeira.
Proximamente publicaremos toda a información na páxina da Cofradía da Dorna e nesta mesma páxina tamén.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos