Ven, 01 Ago 2008, 11:52
Asunto: Re: Reloj y Zapatillas
Ola!
Sobre o tema dos reloxos.
Estas preguntando que nos parecen os Polar rs200 e rs 200sd. Pois das características e demais, nada que engadir sobre a información que da o propio fabricante e a opinión que moitos usuarios dan deste e noutros foros.
Se estas interesado nu pulsometro o meu consello e que te des unha volta polas tendas da tua cidade ou por onde podas. Recorda que estamos en época de rebaixas, e no caso particular dos pulsometros Polar, estamos nun momento en que se están retirando modelos antigos, de grande calidade a precios moi rebaixados. Busca e compara todo o que poidas.
Outra pista, hai mundo máis alá de Polar: Temos Sigma Sport, Casio, Suunto...mesmo o "de_carton" fai cronómetros e pulsómetros!
Tema aparte sería se de verdade precisas un pulsómetro. Pénsao o ben porque como tiveches oportunidade de comprobar estamos a falar dun desenvolso importante. Paréceme que estas empezando a aficionarte a correr, e o meu consello e que antes gastar cartos en todo tipo de material high tech, deixes pasar unha tempada ou duas para reflexionar acerca de qué tipo de corredor queres ser, qué precisas para selo e cómo evolucionas como corredor.
Pensa que pode ser que finalmente te aburras e será entón o momento en que empeces a maldecir o día en que te gastaches unha millonada en cousas inútiles.
Sobre o tema das Zapas:
Estamos en rebaixas, é decir na época de comprar zapatillas. Nunhas zapatillas non gastes máis de 80€!!!! Hai centos de modelos na horquilla 50 -80€.
Sobre tendas, na Coruña hai unha da que se fala moito, pero agora non me acordo o nome. En lugo tamen hai tendas que teñen boas ofertas neste tempo.
Perdon por ser tan coñazo. Espero ter sido de axuda a alguén.