Foros ›
1ª CAMIÑADA POR PARELLAS CONCELLO DE ROIS
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 06 Xuñ 2008, 10:33
Asunto: 1ª CAMIÑADA POR PARELLAS CONCELLO DE ROIS

1ª CAMIÑADA POR PARELLAS CONCELLO DE ROIS

O sábado, 21 de xuño de 2008, terá lugar a 1ª Camiñada por Parellas no Concello de Rois, cun percorrido de 15 kms.

A saída será ás 18:30 dende o Polideportivo, onde haberá aparcadoiros e duchas. O peche do control final será as 22:30, na chaira da Igrexa de San Mamede de Rois.

O longo do percorrido haberá 1 punto de avituallamento, coa finalidade de prover aos participantes de auga e froita, será no Km 9 (Igrexa de O Aido).

Será de obriga pasar os controis ca respectiva parella para poder optar aos Diplomas Acreditativos.

Haberá agasallos para a parella que, sumadas as súas idades, acaden o maior ou o menor número de anos. Tamén se sortearán agasallos entre as parellas participantes.

As inscricións están abertas dende o 9 de Maio e ata o 19 de Xuño, ou ata cubrir o tope de 100 parellas. Farase a través das fichas de inscrición que se facilitarán na oficina do Concello de Rois. Poderán participar menores acompañados dun adulto.

O importe por participar será de 10 euros por parella, debendo facerse o ingreso na conta Banco Galicia de Padrón nº: 0097 8997 09 0600045859.
Co boletín de inscrición mandarase o xustificante do ingreso ao nº de Fax: 981.811.782.

Próximamente máis información no Calendario correrengalicia.org, ou nos teléfonos 630.708.435 (Arturo) -- 667.556.740 (Anxel) -- 699.873.737 (Concello).

Ao final da proba servirase unha churrascada amenizada con grupos do país.
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Ven, 06 Xuñ 2008, 10:42
Asunto: Re: 1ª CAMIÑADA POR PARELLAS CONCELLO DE ROIS

Moi boa iniciativa, gustame moito. Creo que de vez en cando é bó innovar e buscar integrar a diversión e o deporte.
A cantidade de kilometros precisa, a hora idónea para a saída, con luz solar ata tarde, esperar a un bó día e que o churrasco non se queime.
Contade con nós, a muller e máis eu, soamente que imos facer a inscrición no último momento por temas laborais, pero as gañas de ir as temos todas.
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 06 Xuñ 2008, 11:37
Asunto: Re: 1ª CAMIÑADA POR PARELLAS CONCELLO DE ROIS

A ver se coincidimos castinheiras.

O que pretenden os da organización é achegar esto das andainas a persoas de todo tipo e tódalas idades e non limitarse aos andaríns "profesionais". Ao tratarse de 15 km sempre se pode animar xente que adoita pasear polos nosos pobos, pais e fillos, abos e netos, etc, xa que é tanto a distancia como o perfil son asequibles.

Se algún está interesado e non ten forma de facerse cas fichas de inscrición, eu ofrézome voluntario para, se me manda unha mensaxe privada co seu correo electrónico, enviarlla.

Saúdos.

LINEA 900: Carreteras Mortales Parte 1, Parte 2, Parte 3
moises

Novo foreiro
Novo foreiro
20/05/05
0 Carreiras
44 Mensaxes
vigo
Respostar citando Envío Dom, 08 Xuñ 2008, 11:51
Asunto: Re: 1ª CAMIÑADA POR PARELLAS CONCELLO DE ROIS

me parece unha idea estupenda pra ir en familia ou cos amigos .Alguien me prodia decir como e o perfil da andaina grazas
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Xuñ 2008, 13:06
Asunto: Re: 1ª CAMIÑADA POR PARELLAS CONCELLO DE ROIS

moises escribió:
me parece unha idea estupenda pra ir en familia ou cos amigos .Alguien me prodia decir como e o perfil da andaina grazas

Non vin ningún gráfico co perfil, pero é de dificultade fácil. O roteiro trascurre por zonas moi asequibles para calqueira persoa. Ao meu parecer, a parte mais "dura" é algo despois do control/avituallamento, onde se sube parte dun monte. En total é sobre un kilómetro para ascender uns 70 metros de altura por unha pista forestal en bastante bo estado. É unha costa arriba que se leva moi ben.

(Xa se dispón do gráfico co perfil. Edito para engadir a ligazón ao mesmo:)


Última edición por U o Xov, 19 Xuñ 2008, 11:01; editado 1 vez
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Xov, 19 Xuñ 2008, 9:30
Asunto: Re: 1ª CAMIÑADA POR PARELLAS CONCELLO DE ROIS

Pois eu falei hoxe con unha persoa da organización e me dixo que ata mañan podemos facer a inscrición; que polo de agora teñen 70 parellas anotadas.
Eu conto con mañan facer a inscrición e mandar todo por fax, teño gañas, ademais na publicidade por que dispois da andaina imos ter duchas, eu preguntome ¿tamén por parellas? Disimulando , i é que eu son moito de ese tipo de escándalos, justanme, son así Moi feliz .....por outro lado, ide botando 5 kilos máis de churrasco, soamente para mín. Avergoñado
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 19 Xuñ 2008, 10:47
Asunto: Re: 1ª CAMIÑADA POR PARELLAS CONCELLO DE ROIS

castinheiras escribió:
ademais na publicidade por que dispois da andaina imos ter duchas, eu preguntome ¿tamén por parellas? Disimulando , i é que eu son moito de ese tipo de escándalos
Si haberá duchas no pabillón, pero son separadas as dos homes dos das mulleres, así que se consigues convencer a algún igual ata consigues ducharte "con parella" (non é nada persoal, pero conmigo non contes Mr. Green ).

Saúdos Guiño
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Xov, 19 Xuñ 2008, 10:55
Asunto: Re: 1ª CAMIÑADA POR PARELLAS CONCELLO DE ROIS

Pois mal feito Mr. Green , pero ollo, que con cariño a todo se cheja Demo sorrindo , ainda que ese non é o escándalo non que eu estaba a pensar Parar .
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 19 Xuñ 2008, 10:57
Asunto: Re: 1ª CAMIÑADA POR PARELLAS CONCELLO DE ROIS

Clicando na miniatura seguinte podedes acceder ao gráfico co perfil desta camiñada:


(Disculpade a calidade, non tiña o orixinal)
flip

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/04/05
0 Carreiras
449 Mensaxes
Milladoiro
Respostar citando Envío Ven, 20 Xuñ 2008, 11:04
Asunto: Re: 1ª CAMIÑADA POR PARELLAS CONCELLO DE ROIS

hola,nos acabamos de apuntar una amiga y yo asique dos mas que nos animamos a compartir una buena tarde.

nos vemos mañana.

saludos
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Lun, 23 Xuñ 2008, 11:03
Asunto: Re: 1ª CAMIÑADA POR PARELLAS CONCELLO DE ROIS

Decir que o pasamos moi ben, tanto a miña parella como eu. Moi boa organización, moi boa sinalización (a pesares das queixas, os participantes teñen a obriga de ir atentos), moi bó avituallamento tanto na mitade do percorrido como o final co churracos (moi ben asado por certo), moi boa a implicación da organización, tanto da cuadrilla de Arturo, como protección civil e Concello, boeno, moi ben todo, un bó paseo de 15 kms. para repetir.
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 24 Xuñ 2008, 7:11
Asunto: Re: 1ª CAMIÑADA POR PARELLAS CONCELLO DE ROIS

Alégrome de que o pasárades ben. O día acompañou.

O domingo quedou o roteiro desmarcado e mais limpiño que antes de facelo. Hai que felicitar ós participantes polo seu civismo, xa que en todo o percorrido só atopamos dúas botellas vacías, que ademais foran deixadas ó lado dunha sinal, supolo que para que foran mais fáciles de ver.
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 02 Xul 2008, 8:25
Asunto: Re: 1ª CAMIÑADA POR PARELLAS CONCELLO DE ROIS

Inda que xa pasou algo de tempo, esta semana dixéronme da existencia dun album de fotos da camiñada:Fotos I Camiñada por Parellas Concello de Rois e tamén dun blog onde deixar comentarios sobre a mesma:Blog





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos