Foros ›
XXXVII M. MARATON VALLADOLID 27/09/2026 (CRÓNICA).
Forum Index / Carreiras fóra de Galicia
Reply to topic

Author
Message
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
543 Carreiras
3955 Posts

Reply with quote Post Mon, 21 Sep 2026, 21:25
Post subject: XXXVII M. MARATON VALLADOLID 27/09/2026 (CRÓNICA).

Vou correr esta media por 2ª vez, será a miña 199 media maratón 19 anos despois, (se fago 19 minutos máis que daquela, xa estaría moi satisfeito Very Happy )esta foi unha das primeriras medias que corrín fora de Galicia, creo que antes só en Viana do Castelo e en Oviedo.
Xunto ca media fan a 12 edición da legua popular 5,5 Kms., ainda que estos saen un pouco máis tarde.
Os 3500 dorsais que había para a media esgotados en Xuño, apunteime polos pelos. E os da legua un pouco máis tarde.
Recorrido chanciño, hai poucos como este. Que de verdade o vou agradecer, xa que dende a Entrerrías en Maio (que non ten un percorrido chanciño que digamos), as seguintes 6 medias que corrín foron moi duras por calor e perfil e só 2 eran integramente por asfalto.
Previsión a día de hoxe entre 15º e 27º para o domingo, como a saida é as 10 espero non papar a máxima temperatura.

www.mediamaratonvalladolid.com/

Last edited by Kurty on Mon, 28 Sep 2026, 18:48; edited 1 time in total
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
543 Carreiras
3955 Posts

Reply with quote Post Mon, 28 Sep 2026, 18:47
Post subject: Re: XXXVII M. MARATON VALLADOLID 27/09/2026

Imos ir cunha pequena crónica desta media.
Finde intenso que pasamos por Valladolid dende o venres a tardiña que chegamos un grupo de amig@s, pois adicámonos a disfrutar da gastronomía e dos viños desa provincia, non sendo o máis idoneo para correr unha media, poucas horas de descanso e moito camiñar pola cidade.
A organización da media fabulosa en todos os aspectos, non se lle pode pedir nada máis, todos os servicios posibles e unha moi boa bolsa do corredor.
Ainda que daban unha previsión de bastante calor, día ideal para correr, a mañán do Domingo empezou con nubes e sen nada de aire e un percorrido chanciño, despois por veces saiu o sol.
Fixen un pequeno quecemento e para a parte final do meu caixón de ata 1h40', despois de algo máis de 40 segundos paso polo arco de saida. Moitísima xente, así que pouco a pouco collemos ritmo, obxetivo, ir ca bandeira de 1h40", cólleme ó pouco de pasar o km2 e alí que me pego.
Volvín a ter problemas co GPS (está para tirar). Polo que non levei un control dos ritmos.
Pero sobre o km 8, xa non empecei a ir fino e a partir do 11 xa me costaba seguir o ritmo, perdía uns mts., volvía a enlazar por veces, aguantei ata o 15, ainda que non baixei moito o ritmo, polo que cheguei a meta a só 17 segundos das liebres de 1h40' que chegaron bastante por riba dese tempo, facendo eu un neto de 1h41'35".
Non moi contento co resultado, agardaba baixar de 1h41', pero sendo realista, non estou para nada máis nestes momentos, adestrando só un día por semana e o finde ir de carreiras, xa me parece un tempo moi bo. Ademáis fixen 3 medias maratóns en 3 semanas consecutivas, cousa que nunca fixera e non é o máis adecuado.
Proxima media en 3 semanas a de Pontevedra, ca idea de disfrutala moito.

Last edited by Kurty on Tue, 29 Sep 2026, 17:28; edited 1 time in total
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
543 Carreiras
3955 Posts

Reply with quote Post Tue, 29 Sep 2026, 17:26
Post subject: Re: XXXVII M. MARATON VALLADOLID 27/09/2026

Kurty escribió:

Reply with quote Post Tue, 29 Sep 2026, 17:29
Post subject: Re: XXXVII M. MARATON VALLADOLID 27/09/2026

c

You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum