Foros ›
Suspensión da carreira da Cereixa
Forum Index / Carreiras Populares en Galicia
Reply to topic

Author
Message
xoanxose78

Novo foreiro
Novo foreiro
11/08/18
12 Carreiras
28 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sat, 23 May 2026, 6:30
Post subject: Suspensión da carreira da Cereixa

Recibido correo da organización comunicando a suspensión da carreira.
É unha magoa, espero que se poda correr en outra data.

Copio o correo:

COMUNICADO OFICIAL
SUSPENSIÓN FORZOSA DA XIII CARREIRA DA CEREIXA
Beade (Vigo), 22 de maio de 2026

Desde a directiva do Club Deportivo C.S.C.R. de Beade lamentamos profundamente ter que comunicar a suspensión obrigada e allea á nosa vontade da XIII Carreira da Cereixa, que estaba prevista para este domingo, 24 de maio de 2026.

Esta inxusta e dolorosa situación vén imposta por unha resolución de non autorización ditada polo Concello de Vigo na tarde de hoxe, venres 22 de maio, pasadas as 17:00 horas, deixándonos sen ningún tipo de marxe de manobra nin tempo material para reaccionar antes da fin de semana.

Queremos ser totalmente transparentes con todos vós sobre os motivos desta cancelación, que responden unicamente a unha mala praxe e neglixencia administrativa por parte do Concello de Vigo:

O noso club presentou a solicitude completa para a celebración do evento o pasado 23 de marzo de 2026, hai exactamente dous meses.

A pesar de ter o noso expediente sobre a mesa durante todo este tempo, o Concello agardou ata onte, 21 de maio, a menos de 48 horas do disparo de saída, para emitir un requirimento esixindo proxectos de enxeñaría e documentación técnica complexa.

A organización traballou a contrarreloxo e hoxe mesmo presentou unha memoria técnica de 113 páxinas elaborada por un enxeñeiro para cumprir con todos os requisitos.

Con todo, a Concellería de Deportes e Seguridade decidiu denegar a proba e arquivar o expediente hoxe mesmo alegando que "non hai tempo material" para revisar a documentación. É dicir, a Administración denéganos o permiso pola súa propia lentitude, privándonos do prazo legal de emenda ao que calquera cidadán ou entidade ten dereito.

Esixíronsenos requisitos técnicos e dispositivos de seguridade desproporcionados para unha proba popular, tratándonos administrativamente como se fósemos un macrofestival privado en lugar dunha carreira de barrio impulsada polo esforzo veciñal e o deporte base.

Sobre as inscricións:A todas e todos os corredores: pedímosvos as nosas máis sinceras desculpas. Sabemos da ilusión, dos adestramentos e das ganas que tiñades de correr polas nosas rúas. Vós e o noso club somos as únicas vítimas deste atropelo. Nos vindeiros días iniciaremos o procedemento para a indicación dunha nova data a través da nosa plataforma.

O Club Deportivo C.S.C.R. de Beade non vai quedar de brazos cruzados. Xa puxemos esta situación en mans de asesores legais para esixir ao Concello a responsabilidade patrimonial por todos os danos e prexuízos económicos e morais que esta resolución neglixente nos causou.

Grazas aos voluntarios, aos patrocinadores, ao enxeñeiro que nos axudou de madrugada e, sobre todo, a vós, os corredores, pola vosa comprensión e apoio.

Voltaremos con máis forza.

A Directiva do Club Deportivo C.S.C.R. de Beade
xoanxose78

Novo foreiro
Novo foreiro
11/08/18
12 Carreiras
28 Posts
Vigo
Reply with quote Post Tue, 02 Jun 2026, 12:16
Post subject: Re: Suspensión da carreira da Cereixa

Recibido nuevo correo de la organización:
¡Tenemos nueva fecha oficial! La XIII Carreira da Cereixa se celebrará el 7 de junio



Estimado/a corredor/a,

Hoy nos alegra profundamente comunicarte que ya disponemos de la nueva fecha oficial para celebrar nuestro gran evento vecinal y deportivo:

NUEVA FECHA: Domingo, 7 de junio de 2026

AVISO MUY IMPORTANTE SOBRE LA RECOGIDA DE DORSALES:

Si ya habías retirado tu dorsal antes de la suspensión del evento,

DEBES ASISTIR Y PARTICIPAR CON ESE MISMO DORSAL el próximo 7 de junio.

Bajo ningún concepto se debe retirar otro dorsal nuevo si ya tienes el tuyo en tu poder, ya que tu chip y datos personales están vinculados a esa numeración.

Si por el contrario NO habías retirado tu dorsal todavía, debes retirarlo

viernes 5 de junio de 17:00 h a 20:00 h
sábado 6 de junio de 11:00 h a 13:00 h y de 17:00 h a 20:00 h en Decathlon Vigo – Parque Comercial Meixueiro (Crta. de Madrid, 158 (A-55 Saída 664)).
El día de la carrera se realizará en las instalaciones de la Asociación de Veciños de Beade (Estrada Coutada nº 42).
Nos vemos el Domingo 7 de junio!





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum