Foros ›
III MEDIA MARATON ENTRE RIAS (17/05/26
Forum Index / Carreiras Populares en Galicia
Reply to topic

Author
Message
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
535 Carreiras
3923 Posts

Reply with quote Post Sun, 10 May 2026, 10:21
Post subject: III MEDIA MARATON ENTRE RIAS (17/05/26

Vindeira parada atlética o Domingo 17, esta media como tal nunca a corrín esta é a 3ª edición, estaba anotado o ano pasado, pero unhas molestias fortes, fixeron que non acudira, xa que a semana seguinte corría a media de Logroño. Corrín hai moitos anos a Maralba que era polo mesmo percorrido.
Ainda hai de prazo ata mañán para inscribirse e unha noticia na Voz de Galicia de hai 2 días pon que somos 3000 inscritos, cun 30% de fora de Galica, sobre 900 persoas que cos acompañantes fan unha boa cantidade de xente para o sector turístico de ambas localidades.
www.lavozdegalicia.es/...8C6991.htm

Ainda se pode inscribir ata mañán.

www.entreriasmediamaraton.com/

Xa teño gañas de correr unha media que dende a Vig Bay non corrín outra.

Saudos.
ZeusOurense

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
20/07/09
0 Carreiras
1071 Posts
Ourense
Reply with quote Post Sun, 10 May 2026, 11:28
Post subject: Re: III MEDIA MARATON ENTRE RIAS (17/05/26

Eu corrina os dous anos anteriores e este repetirei. Os primeiros 10K son favorables, sempre e cando o vento na zona da Lanzada o permita (en 2024 foi moi bo, o ano pasado non tanto). A partir de aí hai subidas e baixadas, un pouco "rompe pernas" se non se controlan un. Media bonita e ben organizada, para min unha fixa no calendario sempre que se poida!

Se queres recibir as alertas das novas carreiras en Galicia, únete a esta canle de Telegram: t.me/carreiras_galicia
Mariquiña

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/08/12
0 Carreiras
185 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Mon, 11 May 2026, 17:33
Post subject: Re: III MEDIA MARATON ENTRE RIAS (17/05/26

O ano pasado pola Lanzada para min, moitísimo vento, aínda así, é unha proba moi bonita e ben organizada. Se non pasa nada raro, alí estarei.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
535 Carreiras
3923 Posts

Reply with quote Post Mon, 18 May 2026, 19:28
Post subject: Re: III MEDIA MARATON ENTRE RIAS (17/05/26

Rematada a Entre Rías e bastante satisfeito co resultado, xa que chegaba cunhas molestias, polo que sain moi precavido e por sorte non houbo ningunha incidencia negativa.
A carreira moi dura a partir da praia da Lanzada con varias subidas longas e con bastante desnivel o que sumado a que xa levamos máis de 11 Kms. faixe notar.
Respecto a miña carreira pasoume algo que non me pasara nas 191 medias anteriores e en ningunha outra carreira, a partir do km 4 empecei a notar gañas de orinar e eso que vaciara 15 minutos antes da saida. Conforme pasaban os Kms. a incomodidade ia en aumento polo que case no km 12 e vendo a subida que viña aparteime por un camiño e ..., vaia alivio Silbar
Moi bo día que tivemos, cun pouco de calor para meu gusto, pero sen nada de aire, que si que tiveron o ano pasado.
Moi satisfeito ca organización, boa bolsa de corredor e un gran avituallamento final, agardo que lle chegara para todos os participantes.
ZeusOurense

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
20/07/09
0 Carreiras
1071 Posts
Ourense
Reply with quote Post Tue, 19 May 2026, 9:55
Post subject: Re: III MEDIA MARATON ENTRE RIAS (17/05/26

Pois como xa dixen antes, media bonita e ben organizada, repetirei sempre que poida. A única mellora ou suxestión que faría é que poñan polo menos un avituallamento máis, este ano que volveu apretar a calor agradeceríase algo máis de auga na segunda parte da carreira.

Kurty escribió:
Respecto a miña carreira pasoume algo que non me pasara nas 191 medias anteriores e en ningunha outra carreira.

191 medias!!?? Que barbaridad!! Aplauso

Se queres recibir as alertas das novas carreiras en Galicia, únete a esta canle de Telegram: t.me/carreiras_galicia
oneiros

Novo foreiro
Novo foreiro
7/06/11
15 Carreiras
12 Posts
Vigo
Reply with quote Post Wed, 20 May 2026, 15:39
Post subject: Re: III MEDIA MARATON ENTRE RIAS (17/05/26

Alédome de que mellorase a organización este ano. Eu despois do mal que o fixeron o ano pasado, non volvo. Un desastre na chegada e algunha outra cousa que non te esperas nunha media (malos avituallamentos, contestacións estilo "búscate a vida"...) O de que me negasen unha 2ª botella de auga non mo esperaba e xa foi o culmen. Creo que xa o contei por aquí. Para min, que son da zona, unha gran decepción.
E non fun o único. Do noso grupo (e eramos ben deles) creo que non quedou ninguén contento. Moito mellor a pequena (8k) Carreira da praia de Samil deste ano, que foi o mesmo día e sorprendeume para moi ben. A esa si que volvo cos ollos pechados... E mira que a min as curtas non me chistan moito!

Every new beginning comes from some other beginning's end.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum