Foros ›
Carreira galega con máis edicións e/ou máis antiga en activo
Forum Index / Carreiras Populares en Galicia
Reply to topic

Author
Message
Pepemanba

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/05/16
150 Carreiras
96 Posts

Reply with quote Post Tue, 21 Apr 2026, 16:17
Post subject: Carreira galega con máis edicións e/ou máis antiga en activo

Este luns celebrouse a 130ª edición da maratón de Boston, unha das carreiras máis emblemáticas a nivel mundial e con máis edicións ás súas costas na distancia dos 42k.

Este dato fíxome preguntarme sobre cal será a carreira galega que ten máis edicións ou leva máis anos celebrándose.

Buscando por internet e facendo memoria de carreiras que me chamaron a atención polo número de edicións (que seguramente terían o parón da pandemia), velaí vai un pequeno listado:

- A Carreira Pedestre Popular do San Martiño (Ourense) desde 1976, coa 48ª edición en 2025.
- A Carreira Pedestre Popular de Santiago de Compostela desde 1978, coa 46ª edición en 2025.
- A Clásica de Negreira desde 1978 , coa 44ª edición en 2025.
- A Carreira Popular de Leiro, coa 42ª edición en 2026.

Non sei se algún foreiro ten máis referencias doutras carreiras, pero estas son as que me veñen á mente, cun mérito enorme por parte dos organizadores para continuar co legado (e tamén dos corredores de varias xeracións, por mantelas con vida).

313 concellos por (per)correr - instagram.com/correndogalicia
alejo4

Foreiro infantil
Foreiro infantil
17/06/18
30 Carreiras
72 Posts
Pontedeume
Reply with quote Post Tue, 21 Apr 2026, 18:06
Post subject: Re: Carreira galega con máis edicións e/ou máis antiga en activo

Pois a que un referente nas carreiras pola zona de Ferrolterra , a Adolfo Ros que este ano 2026 cumplirá a sus 40 edición.
Läufer

Maratoniano
Maratoniano
1/02/17
0 Carreiras
156 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Tue, 21 Apr 2026, 18:38
Post subject: Re: Carreira galega con máis edicións e/ou máis antiga en activo

Pepemanba escribió:
- A Carreira Pedestre Popular do San Martiño (Ourense) desde 1976, coa 48ª edición en 2025.

A San Martiño xa a corrín tres veces.

Para o ano vindeiro será a edición 50ª.

Igual pode ser unha boa ocasión para facela outra vez. Seguro que haberá unha participación espectacular, coma sempre. Bailar
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1317 Posts
Santiago de Compostela
Reply with quote Post Tue, 21 Apr 2026, 20:33
Post subject: Re: Carreira galega con máis edicións e/ou máis antiga en activo

Amaía de Brión vai a pola 43ª edición este ano.

www.youtube.com/channe...subscriber
xpab

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/10/11
0 Carreiras
353 Posts
Betanzos
Reply with quote Post Wed, 22 Apr 2026, 5:13
Post subject: Re: Carreira galega con máis edicións e/ou máis antiga en activo

Parece que tamén son corentonas a San Xiao de Ferrol (42º edición este ano) e o Cross de Santiso (40 aniversario), se ben esta última non teño claro se de forma continua, ou só en formato escolar ata hai uns anos.
Xertiz

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/04/22
0 Carreiras
235 Posts

Reply with quote Post Wed, 22 Apr 2026, 10:30
Post subject: Re: Carreira galega con máis edicións e/ou máis antiga en activo

Meaño este ano creo que fai a edición número 40
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
533 Carreiras
3919 Posts

Reply with quote Post Wed, 22 Apr 2026, 18:09
Post subject: Re: Carreira galega con máis edicións e/ou máis antiga en

A Carreira de Pascua de Padrón fixo este ano a sua 45 edición.
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1886 Posts

Reply with quote Post Thu, 23 Apr 2026, 6:03
Post subject: Re: Carreira galega con máis edicións e/ou máis antiga en

XLII Maratón Popular San Xoán de Piñeiro (Mugardos). 20/09/2025
Es un 10K. Sobre 11 ó 12 si no recuerdo mal.
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
446 Posts
Galiza
Reply with quote Post Fri, 24 Apr 2026, 12:57
Post subject: Re: Carreira galega con máis edicións e/ou máis antiga en activo

"Con Franco esto no pasaba", polo que se ve (o de correr sen necesidade).

Est.2008 mastodon.gal - Libros "Run&Endurance"
Pepemanba

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/05/16
150 Carreiras
96 Posts

Reply with quote Post Sat, 25 Apr 2026, 12:06
Post subject: Re: Carreira galega con máis edicións e/ou máis antiga en activo

ghose escribió:
"Con Franco esto no pasaba", polo que se ve (o de correr sen necesidade).

Jajajaja canto menos é curioso!!

Facendo repaso das carreiras de concellos que vou sumando en www.instagram.com/correndogalicia/ chamoume atención atopar unha que chegou á súa 50ª edición en 2025: o Trofeo Pedestrismo de Cangas, sendo a primeira celebración en 1974.

www.viladecangas.com/e...edestrismo

Igual estou equivocado (e descoñezo se hai outras carreiras doutros concellos), pero ten pinta a que é a carreira popular en activo máis lonxeva, superando á propia Carreira de San Martiño de Ourense.

313 concellos por (per)correr - instagram.com/correndogalicia





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum