Foros ›
Author
Message
xpab

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/10/11
0 Carreiras
353 Posts
Betanzos
Reply with quote Post Mon, 20 Apr 2026, 11:09
Post subject: VIII MM Lugo (17/05/26)

Se alguén correu esta media... podería dar a súa opinión para acadar marca na mesma? O que non acabo de ver, é que esté homologada (dicían hai semanas que estaba pendente de homologación). Este fin de semana é o último a prezo reducido (pasa de 18 a 25 euros). A ver se me decido antes... Rolling Eyes
Graciñas.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
533 Carreiras
3919 Posts

Reply with quote Post Mon, 20 Apr 2026, 19:41
Post subject: Re: VIII MM Lugo (17/05/26)

Eu corrín a 1ª edición e despois no 2023 e 2024. O percorrido que ten agora é bastante corrible, son 2 voltas e ten un par de subidas en cada unha, a máis dura a que da acceso ó interior da muralla, pero creo recordar que se contratrestan cas baixadas que ten.
Media moi ben organizada, a que me gustaría voltar, pero coincidindo estes 2 derradeiros anos ca media Entrerrías que a teño a unha hora e case que a metade de distancia, decántome por ésta.
Kalimero

Foreiro Senior
Foreiro Senior
7/02/10
0 Carreiras
504 Posts

Reply with quote Post Mon, 20 Apr 2026, 22:27
Post subject: Re: VIII MM Lugo (17/05/26)

Eu participei en varias edicións. Este ano espero regresar e tamén conto con inscribirme este fin de semana.

É unha carreira ben organizada (como todas as de Lugo), e agora xa non poñen obstáculos para entregar os dorsais o día da carreira aos que nos desplazamos.

Levan varios anos coa idea de que traballaban para a homologación do circuito. Aínda que non estaba homologado a medición era bastante aproximada, na miña opinión.

O circuíto non me parece especialmente rápido, pero resulta entretido.
telait

Foreiro Senior
Foreiro Senior
31/08/08
49 Carreiras
432 Posts
noia
Reply with quote Post Thu, 07 May 2026, 14:09
Post subject: Re: VIII MM Lugo (17/05/26)

Boa tarde!
Alguén sabe se vai a haber liebres ?





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum