Mon, 16 Oct 2023, 4:16
Post subject: Re: TRAILS MONTE COMADO
bo día!
onte moi ben todo!
Das carreiras que alí fan era a primeira vez que ía ao Trail do Comado e pareceume moi entretido e bonito de correr, con variedade de tramos máis complicados que outros pero en xeral estás subindo e baixando seguido e faise jodido. Da última subida nin falo
(é parte da Subida Vertical que tamén organizan, como referencia)
Pasamos xunto a unha fervenza, subimos un par de regos fermosos, de esos que hai por todo o país, con carballos, ameneiros, ... Tamén pasamos por leiras de alcolitos
pero en xeral traballaron MOITO abrindo carreiros, algún tramo con cordas e a sinalización PERFECTA. Os avituallamentos estaban nos lugares indicados.
Un saúdo a todas e todos os que por alí andivemos e agradecido de participar e falar con vós un anaco alí no
xantar. Ata outra!
Un saúdo tamén para
Xose9 e todas as persoas que traballan para sacar estas carreiras adiante
Non sei cal era a idea ao poñer o límite de catro horas
pero a cousa ía un pouco xusta se non tiñas certo nivel (nada excepcional, pero había que darlle)
Est.2008 mastodon.gal - Libros "Run&Endurance"