Foros ›
Autor
Mensaxe
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 18 Abr 2023, 15:50
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:


A ancianidade... Si, é certo, obriga a relacionarnos coa nosa musculatura doutro xeito, pero ten outras contrapartidas.


Eso es toda una declaración de intenciones, Meiga.
Me la apropio, si no te importa. Como si fuera una multipropiedad.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 23 Abr 2023, 20:44
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Operación F4. Semana 2
Outra semana de conciliación difícil, sen atopar o momento de facer táboas de reforzo nin ese estándar de 24/27 km.
E aínda por riba acabei cometendo outro dos pecados mortais que poden ser obxecto de excomunión /lesión : facer as tres saídas programadas en tres días consecutivos :mércores, xoves e venres. Non había outro xeito porque na fin de semana ía estar de reunión en Madrid, nesas sesións de voluntariado non remunerado que me toca facer a veces.
Nunha maniobra de tratar de cambiar a condición de mortal a venial, decidín facer saídas curtas o xoves e venres. En consecuencia esta semana quedou en menos de 18 km, a ritmos moi lentos.
Así que non sei eu se serei tan bo exemplo coma di Litho, ou se lle pagará a pena a Freaky tomar nota das declaracións de intencións que logo deixo a medias. Por non dicir do tirón de orellas que me daría a fisio despois do moito que me insistiu este martes que si, que me via ben e que só había que repasar un pouco a zona lumbar, pero que me puxera dunha vez coas táboas.
Outras veces cando vou a a Madrid teño habitación individual e iso sempre me da algo de libertade para polo menos facer algún tipo estiramiento, pero desta volta tiven que compartir habitación.
Certo que as voltas que houbo que dar polas liñas de metro axudaron a manter a media de pasos diaria. Pero estas horas interminables de tren que nos leva pola beira do Miño , cos xeonllos flexionados, van traer consecuencias.
Escribo nestes momentos desde o tren, cando aínda quedan 45 minutos para chegar a casa e poder descansar en debida forma.
Despois de todo isto só é posible ir a mellor na vindeira semana
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 24 Abr 2023, 8:43
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Poco probable, pero si estás alojada cerca del Retiro llévate las zapas. Es un cuadrado de 1 km de lado. En mis épocas de emigrante corrí los fines de semana por él. Hacía la perimetral y bajaba por el medio, por la zona de asfalto. Cada vuelta eran 4 km justos.

El ambiente por el perímetro es de corredores, andainos y vendedores de sustancias (por ese orden). Y así te haces la ilusión del final del Mapoma.

Aunque puede que estés en Algete, y así sería mejor casi que quedases en el hotel.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 14 Mai 2023, 22:39
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Operación F4: Semanas 3 e 4

Isto de tardar 15 días en actualizar xa o di todo.

A semana 3 resolvina cunha saída de verdade o mércores, unha pachanga moi frouxa pola beira do Miño o venres pola tarde ( o meu correlega ourensan anda de horas baixas , cubrindo só 6 km de trámite polo paseo das ninfas), e un paseo matutino o domingo pola beira do Sil ao seu paso por Quiroga. Moi paisaxístico e ameno, pero trotando suave e con pes de lá para non pisar mal entre os carreiros cheos de pedras do paseo fluvial.

Esta semana 4 logrei rabuñar tamén 3 saídas, o martes , o venres, e hoxe domingo. Malas sensacións, moitas molestias nos glúteos. Pero xa non queda moito que facer. A carreira de Samil é este mércores, e creo que o prudente vai ser reservarse e facer táboas de reforzo mais estiramentos o luns e martes.

Con todo, aínda penso que a situación está baixo control. Somos 5 mulleres F4 anotadas para o evento. Censo de ancianas digno dunha aldea esquimal (non como na M4, que polo menos chegan ata 25) . Dúas delas corren a ritmo de 6:10 para arriba, e da outra non hai datos nin referencias. Moi mal se me terá que dar para no dar entrado de segunda ou terceira da categoría.

Cruzo os dedos
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 17 Mai 2023, 17:55
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela : "III Carreira Praia de Samil"
A estas alturas da vida xa non hai necesidade ningunha de disimular nin de preocuparse pola reputación... Así que o confesarei abertamente : Nin luns nin martes logréi sacar tempo para exercicios de reforzo, e onte pola tarde e despois de cear dediqueime a tarefas que non axudaron moito a coidar as pernas. Nin me deitei especialmente cedo, nin fixen nada en particular coa dieta da cea e do almorzo. Invadida por un sentimento case de indiferencia, de ir a esta carreira como quen vai a mercar o pan ou sacar o lixo.
Con este lema mental de "malo será e xa sairá o que teña que sair", marchamos de casa sobre as 9 da mañá o meu chófer /utillero/siareiro máis eu.
Ás 9:30 xa estaba polo paseo de Samil trotando, quentando, buscando servizos onde estivese aberto o de mulleres ( cousa que aínda costou). De contado din coas compañeiras do Carma. Seguimos quentando un pouquiño máis e xa logo fumos collendo sitio na area da praia. Últimos minutos para que coñecidos e achegados nos fixeran fotos de grupo.
Non me quedou moi claro onde quedaba a liña imaxinaria de saída que nos decían por megafonía, pero por si acaso marchei ben para atrás. Eramos alí máis de 600 persoas e mellor que correse o aire.
Inevitables e repetidas palabras de Don Abel o Omnipresente, e xa botamos a correr pola area de Samil.
A verdade que a temperatura e a consistencia da area eran perfectas. O que xa non era perfecta era a sensación de tirantez e agarroramento nos glúteos ao dereito de saír.
Menos mal que pouco a pouco, co movemento todo se foi anestesiando dalgún xeito e logrei coller un ritmo aceptable. A modo pero sen baixar ritmo, fun adiantando posicións, levando conta das que eu identificaba como veteranas F4 ou F5.
A miña única referencia de carreira en area é Carnota. Crin que sería un punto importante de experiencia, mais de pouco me serviu cando tocou ir costa arriba por area seca camiño do piñeiral, ou na montaña rusa que foi o circuíto en fila india polo monte da outra banda da estrada.
Pero non hai mal que cen anos dure nin corpo que o resista. E cando acordei, xa estaba en pleno camiño de volta . Na baixada polo tramo de area seca fun adiantada por moitos dos que adiantara previamente no piñeiral. Pero tanto tiña, sempre e cando non se tratase de veteranas F4... E casi me salen mal as contas, pois no último momento, no arco de meta sacoume un segundo unha veterana, menos mal que era F2.
Xa na zona de chegada pasei un tempo saudando e despedíndome da xente do equipo, e tratei de buscar a listaxe de clasificacións por algures, pero sen sorte. Por outra banda no regulamento poñían que só se faría entrega de trofeos para a clasificación absoluta.
Así que marchei para o aparcamento onde xa agardaba por min o meu chófer /siareiro.
Volvendo para casa dediqueime a consultar as clasificacións polo móbil. E os resultados cos que me atopei foron os seguintes:
Tempo neto: 46:04, ritmo 5:42 min/ km, que para ser como era o trazado aínda non foi tan mal.
Posto 393 de 573 persoas chegadas a meta ( anotadas había 689)
Posto 54 de 145 na xeral feminina.
A sorpresa foi ver qué finalmente, malia a improvisación dos últimos días e as molestias varias, o rendemento final foi abondo para quedar de primeira clasificada na categoría F4. Así que van caer uns cantos puntos do circuíto para a saca, aos que se deberían sumar os puntos da Vig Bay ( se é que a organización da Runrunvigo ten a ben facelo antes do cambio de século...).
E xa en casa seguín revisando o móbil. Había unha chea de mensaxes con todas as fotos. E tamén outra do compañeiro Suso informando que si que houbera premiación para todas as categorías, e que xa se encargara el de recoller o meu agasallo... Se o chego a saber, esperaba. Está claro que non se pode tomar ao pé da letra o dos reglamentos. Tereino presente para a vindeira carreira.
En fin, aínda que non saia na foto oficial, ben está o que ben remata. Así que damos por conseguido satisfactoriamente o primeiro obxectivo da operación F4.
Contenta dos resultados, e contenta tamén por lucir unha vez máis "a negra do Trigal" e formar parte desta Carmafamilia.
Agora, merecido descanso e xa pensando en cómo revalidar na Carreira de San Xoán
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 21 Mai 2023, 20:54
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Remata hoxe a semana 5.
Tendo en conta o esforzo da carreira do mércores, non esperaba facer gran cousa coas dúas saídas restantes desta semana.
Non fun capaz de organizarme para que fosen en días alternos, pero procurei distanciar dentro do posible, facendo unha sesión de ida e volta a Chapela o sábado pola mañá cedo, e outra hoxe domingo pola tardiña.
O diagnóstico agora mesmo é que os puntos de dor e fatiga non están nos glúteos nen nos xeonllos, senón máis ben no isquio esquerdo.
Teño un mes e dous días evitar males maiores, e a ser posible progresar algo.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 29 Mai 2023, 11:39
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Actualizo para falar da semana 6.
E ven sendo máis do mesmo con lixeiras variacións (case como os resultados das municipais)
Conciliación imposible ata o mércores, pero ese día só me dou tempo de facer 3,3 km pola zona da Guía (compensando as distancias con costas como só temos en Teis).

O sábado tocou sesión intensiva de leiragim. Demasiadas horas de pe cargando pesos . O domingo quería facer 15 km para compensar, pero segundo puxen o pe no chan , irumpiu un pinchazo alto e claro na mismísima zona cero do xenollo esquerdo. Así que cambio inmediato de plans. Conformeime cun Chapela Ida e volta, prudente, pisando ovos de lado.

Hoxe non hai molestias visibles nin inflamación, pero admito que xa se me está indo a vista para a caixa do Celecobix.
Pola tarde teño fisio. Supoño que me botará o sermón unha vez mais por non facer exercicios de reforzo, e non terei argumentos que alegar .

Con todo , a operación F4 segue adiante. Xa está actualizadas as clasificacións , e estou de nº 2 da categoría, nun total de 11 veteranas. O corazón pide loitar por manter ese posto. Calquera carreira que non corra de agora en diante sería regalarlle demasiados puntos ás que van xusto detrás. Así que xa estou anotada para a Carreira Nocturna das Travesas... e a ver que sae desa aventura, pois sigo sen visualizar ben que queren facer exactamente nesa carreira eliminatoria por un percorrido repetido que non pasa dos 400 m... Logo despois había xente que ría de min polas microseries de 200 m na ETEA : aquí a distancia vai ser a mesma!
En fin, cruzo os dedos e confío en ser a última eliminada das F4. O caso é como terei o corpo de aquí a 15 días Rezar
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 04 Xuñ 2023, 20:08
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Resumo da semana 7 :
O luns a última hora tocou pasar pola fisio. Centrouse no xeonllo esquerdo. Afortunadamente non había inflamación na articulación nen nada sospeitoso na rótula ou o menisco. Posible diagnóstico : nervio pinzado por músculos en tensión. Así que abondou con masaxes, estiramentos e correntes.
A idea era comprobar os resultados saíndo xa o martes pola mañá ou o mércores.
Pero está o fervor atlético en horas baixas.
Tanto, que non fun quen de coller as zapatillas ata o xoves ás 22 horas. Anticipo de verán: aínda non se puxera o sol de todo cando pasei polo alto da Encarnación. Entreno lento, pero bonito polo menos.
A outra idea desta semana era facer os entrenos en días alternos e non tentar á sorte. Pero a golpe de venres pola mañá xa só se podía salvar a semana saíndo en sábado e domingo.
O sábado pola mañá amanecín cedo, despois dunha cea de venres que rematou ás 2 a.m. O corpo xa non resiste a vida social como antes. Nese estado o mellor era sair a despexarse. Así que fun facer o trote do sábado polas rúas do Grove ás sete da mañá. Todo tan tranquilo e tan horizontal ( comparado coa favela) que como quen non quere a cousa acabei na illa da Toxa, dándolle volta case ao perímetro... Nada que ver coa illa que eu lembraba da última vez. Todo perfectamente asfaltado, urbanizado, pechado, irrigado, podado e trasquilado, para uso de guiris podres de pasta... Cando cheguei de novo á porta do hostal o Garmin tiña rexistrados 50 minutos de trote.
Hoxe domingo saín ao mediodía. Erro de cálculo pensando que non levantaría a néboa e iría fresco. Pero non, tocou sol e suor, e polo tanto carreira lenta.
Remata a semana con 26 km, e sen pinchazos no xeonllo, pero os glúteos a monte.
Quedan quince días para carreira das Travesas. E di o Dr Slump que igual se anota para ver en qué remata o misterio da competición por eliminación. De momento non o vexo nas listas. A ver se lle entrou medo de que a curiosidade mate ao gato...
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 12 Xuñ 2023, 13:40
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Imos coa semana 8:
Mantiven o estándar de 3 saídas, pero quedou escasa de km. Na miña mente Coia e Teis debían de estar a máis de 7 km de distancia, pero pasa pouco máis de 6... 24 ou 27, a estas alturas tanto ten.
Gustame saír polas mañás antes de probar bocado, pero entre a conciliación imposible e a desidia estou facendo moitas saídas pola tarde. Supoño que en vísperas dunha carreira que vai ser ás 21 horas case mellor.
De aquí ao sábado queda tempo para dous entremos xustos, e xa teño decidido que van ser series pola Etea... Que??? Ai si, que era unha carallada chamarlle series a ese tramo de 200 m repetido unha e outra vez... Pero xustamente iso é o que imos facer no paseo da Florida este sábado, e con alguén da FGA para tomar nota... Desde logo observar si que nos van observar ben, xa que non imos chegar nin a 150 persoas inscritas das 800 previstas.
En fin, por hoxe non escribo máis. A próxima mensaxe na botella para este océano de diarios cada vez mais baleiro e silencioso será mandada para comentar como foi o experimento este de carreira por eliminación, dentro de 7 días
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 19 Xuñ 2023, 17:24
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Mensaxe na botella para a semana 9:
Era visto que con tan pouca xente inscrita a Carreira por eliminación ía resolverse por eliminación de si mesma... E van xa dous anos que por unha cousa ou por outra queda suspendida a carreira dasTravesas.
Faltando a presión do compromiso inminente, a organización da semana quedou totalmente aleatoria... Moito traballo estes días de desbroce con fouciño polas selvas tropicais da favela, pero pouca actividade atlética en si.
Unhas series pola Etea o xoves pola mañá, e unha ración de ida e volta a Chapela o domingo.
A carreira de San Xoán ás portas, e conseguir un ritmo por debaixo de 5:25 ese día igual é soñar de máis estando como estou.
Veremos como se da a cousa nestes dias
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 24 Xuñ 2023, 0:24
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da Favela: " XXXVIII Carreira nocturna de San Xoán"
Unha vez máis quedei escasa de planificación e entreno que poidese merecer ese nome.
A primeira saída desta, semana foi o martes pola tarde, modalide cutre de microseries pola Etea.
Ao final dedicín decantarme polo principio de que "menos é máis", e que mellor aforrar forzas mércores e xoves e gastar o que quedase na reserva hoxe venres na carreira.
O meu devoto utillero, preocupado pola miña saúde e un posible golpe de calor e deshidratación, levoume a iso das 20:15 en coche ata a Praza do Rei. Praza deserta coma praia de María Isabel, pois coa calor que facía estaba todo o mundo apiñado nas beiras de sombra. Durante un tempo eu tamén busquei un curruncho onde estirar sen torrarme. Logo fun saudar as poucas persoas do Carma que se apuntaron desta vez.
Foi realmente unha alegría poder saudar a Montxo, Isaías e a Doutor Slump, coma nos vellos tempos.
Ao final a xente animouse a facer unha voltas de quecemento no medio da praza, e eu fixen tres ou catro por non ser menos.
Xa tocou de contado subir á zona de saída. Gustaría e ter contado con alguén coñecido con quen ir á par e asegurar un ritmo, pero desta volta xa vin que me tocaría ir soa, nin moi adiante, non moi atrás.
O arranque desta carreira é sempre algo taquicardico. Préstase moito, con ese enlace rápido á baixada de Romil.
Pero eu ía se cadra algo máis taquicardica da conta, pola cafeína das dúas gominolas enerxéticas que levaba no corpo. Outras veces vou tomando durante a carreira, pero desta vez foron antes. E non saíu tan mal, non tiven necesidade de repoñer polo camiño e andar a perder tempo e ritmo remexendo nos petos.
Pero si, había unha certa sensación de ir "dous puntos por riba". Con todo, creo que xestionei ben a subida de Tomás Alonso.
Coma sempre o paso por Bouzas e Beiramar ata o Berbés fixose interminable. Baixei bastante o ritmo nese tramo. Con tanto calor o corpo non daba para máis e o cerebro só concentrava en que había que rematar e punto. Por iso os ánimos da compañeira Ana cos seus cativos na última rotonda viñeron como ese grolo de auga fresca que non está incluído na bolsa de corredor desta carreira.
E por fin a chegada. Segundo o meu Garmin rematei en 39:42 (ritmo de 5:05. Segundo a empresa de cronometraje en 39:37, ritmo de 5:08 Un chisco menos que o ano pasado, entrenando igual de pouco, e con moito máis calor, que sempre me afunde. En calquera caso estou sorprendida de poder manter ese ritmo medio durante máis de 7km, tendo os últimos entrenos.
Con este saldo na conta, os resultados foron os seguintes:
Posto 33, de 86 na xeral feminina ( entre o aprobado alto e o ben)
Posto 2 da categoría. Non me levei para casa a paletilla de xamón, pero si un trofeo máis para a vitrina (mellor non entro en valoracións estéticas). O caso é que sumei puntos abondo para seguir mantendo o segundo posto no circuito
Así que a operación F4 segue progresando adecuadamente.
Agora toca descansar, e relaxarse na tumbona do patio debaixo da parra, mentras chega desde lonxe o ruído da música e arrecendo a sardiñas e fume das cacharelas da favela
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 05 Xul 2023, 20:31
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

A favela de vacacións :
Descanso atlético total desde o día 23 de xuño.
Entre o calor que fixo e o exceso de horas extras do resto de ocupacións, as zapatillas quedaron aparcadas. Unhas vacacións de fin de temporada, dalgún xeito.
Hoxe por fin comezaron para min as vacacións laborais. Bo momento para reiniciar a actividade, aínda que no haxa obxectivos concretos ata outubro.
Saín ao mediodía pensando que o ceo anubado traería algo de fresco, pero engañeime.
Ou final a cousa quedou en 5,7 km bastante lentos e sudorosos entre Doutor Corbal, Oliveira, a Chumba, Catro Pontes e Vía verde, pero o caso era retomar o ritmo.
A ver se consigo saír venres e domingo, e de verdade da boa comezar a facer tablas de reforzó. Maloserá que de tanto repetilo no chegue a facelo algunha vez
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 13 Xul 2023, 22:30
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

A Favela de vacacións (II) :
Rematou a semana pasada con só dúas saídas, e esta semana imos camiño do mesmo. De momento si que quedaron feitos os deberes de martes e xoves, aínda que fose un pouco pola mínima (5 km un día e 5,7 outro).
Se cadra pouca vida atlética, pero moita vida social, o que tamén trae a súa boa dose de andaina. Así teño rexistrado unha media de 16000 pasos diarios nos últimos 7 dias.
A ver qué tal me organizo de aquí ao día 24. Van ser 9 días na illa de Lanzarote nos que me gustaría poder facer 3 ou catro saídas, pero ao ir en grupo con horario pautado non teño moi claro como conseguilo.
As zapatillas xa están no equipaxe, e xa iremos vendo día a día...
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 15 Xul 2023, 8:22
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Lanzarote. En mis viejos tiempos corrí mucho por allí. Las playas de Papagayo y Famara son casi los únicos sitios llanos y salvajes para correr cómoda sin morir por subida. Las carreteras son estrechitas y no se corre bien por arcenes. No sé donde andarás alojada, pero si estás en Puerto del Carmen tienes que hacer la senda hacia el aeropuerto. Desde Pocillos a Playa Honda son justos 10 km ida-vuelta, y ves los aviones despegar, y las gerias, todo peatonal.

Haz un brindis al sol de mi parte, o brindis al viento. Puto viento en Lanzarote.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 15 Xul 2023, 22:07
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Que alegría máis grande que asomes por este furancho cos teus sabios consellos Freaky !!! Xa estaba empezando a preocuparme pensado que te atropellara definitivamente o camión, pero segues vivo, menos mal.
Por favor, fai cando poidas unha actualización de cómo van as cousas por Lacoru, que xa o botamos moito de menos.


Última edición por Meigalicix o Dom, 16 Xul 2023, 23:57; editado 1 vez





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos