Foros ›
Autor
Mensaxe
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Lun, 20 Mar 2023, 23:15
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Dicen que el marisco bueno pasa de largo por Sparkland camino de Madrid, pero no fue así el sábado. Grandísimo éxito de la nécora Meigalicix en la 15K.
En cuanto a lo de mi crónica... Estoy en una disforia creativa aguda... Voy a tener que pedirle que me ayude con los deberes a Ramón Tamames.

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4361 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 21 Mar 2023, 14:40
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Enhourabuena Meiga.

Y gracias por la crónica, como en los "viejos tiempos", últimamente pocas crónicas así se leen por aquí.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 21 Mar 2023, 18:22
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

www.google.com/search?...B1hnm7fPec
matogrosso

Multimedia
Multimedia
24/07/09
101 Carreiras
1348 Mensaxes
Aquae Urente
Respostar citando Envío Mér, 22 Mar 2023, 16:16
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

freakyrunning escribió:
Ahora espero la crónica del Papa y de Matogrosso, que espero que hayan estado a la altura.
También yo espero (y reclamo) una crónica papalegüense a la altura del evento.
Por mi parte, más habituado al reportaje audiovisual, poco puedo aportar a falta de una grabación formato raw, aunque creo que bastaría con decir que tan bien lo pasamos que se nos hizo de noche. Guiño
Un placer, saludar a Meigalicix, y comprobar que sigue ahí, pese a todos sus padecimientos, firmemente al pie del cañón. Aplauso

Homo homini gallicus canis
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 23 Mar 2023, 13:25
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Pola primavera retornan as anduriñas e as flores, baixa a noite, medra o día, e volven a estar en activo os furanchos.
É toda unha alegría comprobar que este furancho da favela aínda sigue a ser visitado polos parroquianos habituais.
Moitas grazas por todos os vosos comentarios.
Freaky, non sei para canto tempo haberá Meiga, pero espero que de abondo para que algún día se chegue a dar esa conxunción astral que nos faga coincidir nunha carreira.
101, éncheme de orgullo e satisfacción que valores así as miñas crónicas, que "non son dignas de desatarlle os cordóns das sandalias" a outras doutros diarios, mais rebosantes de prosa elaborada, sátira, épica e costumbrismo.
Matogrosso, non importa que non filmases. Bastante fixeches con correr ao bo ritmo que te marcaches.
E Papa-Léguas, deixa de laiarte tanto e poñer disculpas, e colga xa a túa crónica antes de que caduque.

Polo demáis, dicir que xa fixen as dúas saídas curtas desta semana, que xa pasei pola físio a tonificar e descargar musculatura, e que xa só queda facer táboas e estiramentos ata o domingo.
A do ano pasado foi a edición de desatascar a ferruxe das pernas. A deste ano me gustaría que fose a do verdadeiro retorno á Vig Bay, e facer un crono de 1 hora 55 ou parecido.
Soñar é de balde...
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 26 Mar 2023, 22:12
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela : "XVI Medio maratón Vigo Baiona"
E por fin chegou o gran día.
Por unha vez logrei durmir o xusto e necesario, pese ao recorte do cambio de hora.
Tamén tiven tempo de almorzar a conciencia, e levar reservas abondas para evitar calambres e baixóns non desexados.
Non estirei en casa, contando de facelo xa en Samil, pero entre trotar para entrar en calor, sacar a Carmafoto e facer cola nos baños un par de veces, xa se foi o tempo.
Cando ía deixarlle xa toda a roupa de abrigo ao meu fiel e constante utillero, atopeime con Doctor Slump e con Montse. Que alegría poder darnos unha aperta postpandemia!!! Xa perdera a conta do tempo que levabamos sen vernos.Sacamos unha foto para inmortalizar o momento. O gran ausente foi Andres61, que non compareceu por lesión no piramidal. Unha mágoa.
Logo un pouco de charla para poñernos ao día, de paso que iamos o Doutor máis eu cara os caixóns de saída. Montse desta volta quedou no público saudando.
Aínda que estaba no caixón que me tocaba, tiña a sensación de que ía máis adiante do que me conviña.
Cando por fin deron a saída, a sensación era xusto a contraria. A xente ía lentísima e todo era un atasco.
Aínda así, entre adiantamento e adiantamento con calzador, antes de rematar a recta de Samil xa perdín de vista a Dr Slump, como por arte de maxia. Desde logo o seu sitio na carreira estaba moito máis adiante.
Pola miña banda sentiame lixeira e a bo ritmo, como hai unha semana, subindo de Samil a Canido sen problema.
Nesa altura vexo que vou a rebasar a unha das lebres. Era a de 2 horas, e non me cadraban as contas, pois iamos todos correndo moi por debaixo dos 5:40. De todos xeitos apretei un pouco máis para deixar distancia. Este ano tiña que lograr chegar antes das 2 horas, ou polo menos intentalo.
Xa de contado chegamos a Mide, Saians. Perfecta sincronización de botellas de auga, esponxas e aporte de gominolas enerxéticas cada 5 ou 6 km.
A sensación era a de ir adiantando sempre xente.
O caso é que xa desde o km 8 os glúteos comezaron a queixarse, como na carreira de Ourense. Quedaba moita carreira por diante aínda, e o único recurso era botar man do pensamento zen, e distraer a mente no posible.
Quixen motivarme pensando no que para min é o mellor momento : A baixada a Praia América, as vistas, a choiva artificial da hidrolavadora que poñen sempre os do bar... Pero este ano non houbo o plus do regadío por aspersión. Unha mágoa, pero sobrevivimos ben, pois a temperatura este ano foi perfecta, e pasamos ata Monte Lourido sen ter o vento en contra.
Xusto nesa zona tocaba outra dose de gominolas, pero coa mala sorte de que ao ir a coller a correspondente caeu ao chan. Como son dunha xeneración educada por avoas que nos ensinaban que deixar cousas de comer no chan era pecado, o meu instinto básico foi frear e parar e recollela. E no momento decateime do terrible erro, e do risco de colisión e accidente que estaba a causar ás persoas que viñan detrás.
Pedín perdón polo menos cinco veces e recuperei a marcha. Pode que perdera dez postos na xeral absoluta e dous ou tres na feminina. Pero tanto tiña. O caso era seguir. E o ritmo do pasarrúas que estaba a tocar o grupo de gaitas axudou moito no cometido.
Xusto no remate da subida, e antes de coller cara Sabarís, alí estaba Oscar do Carma animando e sacando fotos. O suplemento vitaminico perfecto para encarar o último tercio da carreira.
Antes de pasar o cruce da Praia da Ladeira rebasoume LúaMeiga, que ía fresca e imparable. Se mo preguntasen nese momento, eu diría que iría para podium.
Eu pola miña banda, chegada a ese punto, cos glúteos xa absolutamente fatigados, dediqueime á doble estratexia de mollar a zona todo o posible para enfriar e tonificar, e por outra banda distraer o cerebro desa sensación pensando cousas bonitas.
A verdade é que a mañá soleada e a paisaxe axudaban, pero había que subir a dose, porque xa non tiña forzas.
Entón, levando a "estratexia zen" ao extremo doume por pensar que non importaba que eu non tivera forzas porque nada era meu. É o planeta o que me regala o aire que respiro, é un número incontable de persoas as que fan posible que poida calzar unhas zapatillas, e beber auga, cargarme de glicosa e poder seguir correndo. Todo é un regalo recibido polo que dar grazas... Así, en plan Sidarta Gautama, ou Teresa de Ávila morrendo por non morrer, e cantando para os meus adentros algún estribillo motivador, fun avanzando ata que só quedaba o último kilómetro.
E diante miña vexo a Carma camiseta de Jose, que normalmente corre máis ca min. Ou moi ben ía eu, ou moi mal ía el. Polo visto no km 11 alguén bateu con el desde atrás e tivo unha caída que o deixou mancado nunha man e un xeonllo, pero aínda así, alí seguía, mantendo o tipo ata a recta final.
Eu seguín ao meu paso, e cando por fin cheguei ao arco de meta, o cronómetro marcaba 1 hora e 56 minutos. Obxectivo cumplido e festa rachada!
Cando fun mirar os resultados á páxina de Championchip, estaba todo moi confuso. Non estaban separadas as categorías e me daban un tempo neto de 1 hora 52. ( conste que o meu Garmin asegura que fixen 21,69 km en 1 hora e 51 minutos, pero creo que hoxe ten o día de espello de Brancaneves)
Os resultados oficiais son:
Tempo neto 1:54:57 a un ritmo de 5:27
Puesto 1980 de 2853 na xeral
Puesto 209 de 514 na xeral feminina
Puesto Categoría 9 de 38 nas veteranas de máis de 55
Co dato engadido de non ter perdido postos, e de ter adiantado a 63 persoas desde o km 13 ata a meta.
A día de onte non se me pasaba pola mente chegar a este resultado.
En fin, campaña de primavera rematada con éxito, que celebramos no Lar de Ángel ( casa de comidas emblemática da favela) repoñendo sales minerais a base de navallas, ameixas, polbo e filloas caseiras con chocolate.
Non se pode pedir máis
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 27 Mar 2023, 6:41
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Felicidades Alicia. Un Auténtico Carrerón Aplauso Aplauso Aplauso
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 27 Mar 2023, 18:00
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Joder Meiga. Estás como una moto. Ese 5:27 me parece que sea una MMP, hasta donde hay registros. O no?
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Mar, 28 Mar 2023, 17:20
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Tenemos a Meigalicix totalmente empoderada. Mis más sinceras felicitaciones. Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4361 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 29 Mar 2023, 8:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Pues está muy bien, Meiga.
Y gracias por regalarnos otra crónica, de esas que escasean.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 29 Mar 2023, 19:12
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Parabéns polo resultado da Vig Bay e sobre todo pola crónica, que reflexa moi ben a tua vivencia na mesma.

Un saudo.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 02 Abr 2023, 22:45
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Semana de transición :
Despois do esforzo da Vig Bay decidín tomar a semana de descanso. Aparte de que as ocupacións familiares e laborais non deixaron tampouco moito tempo.
Agradezo moitísimo todos os comentarios. Se cadra algúns moi optimistas ( a miña MMP na Vig Bay foi de 1:52, cousa que a día de hoxe queda lonxe das miñas posibilidades).
Tampouco vou negar que algo empoderada si que me sinto cos resultados deste mes.
Esta semana remata con só 5 km de carreira que fixen esta domingo pola mañán, co traxecto que fago ultimamente entre Ríos Catro pontes, e Vía Verde.
De momento non teño obxectivos ata finais de maio e primeiros de xuño
Pero terei que retomar nesta vindeira semana un mínimo ritmo.
A ver se consigo o estándar óptimo de 3 saídas e 2 táboas, se as labores agrícolas e de limpeza me deixan tempo
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 10 Abr 2023, 21:19
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Segunda semana de transición:

Calquera cousa foi, menos a semana estandar que tiña pensado.
Decididamente desbrozar na horta, limpar paredes e cociñar roscóns de Pascua (e comelos) foi o que copou a axenda.
Con todo, o domingo pola tarde , por aliviar a conciencia, e rebaixar a glicosa e cafeína do xantar , fun capaz de calzar as zapatillas e sair case a última hora.
Seica debía ter mais alta cafeina ca glicosa, que me saiu un "Chapela ida e volta", cos seus tobogáns e todo, a ritmo de 5:35 sen sufrir especialmente.

A ver se é verdade que esta semana fago tres saídas e dúas táboas ( xa case me empezo a repetir tanto como Tip y Coll cando dicían que para a vindeira semana falarían do goberno)
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 16 Abr 2023, 16:57
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Operación F4. Semana 1

Estes sete días quedaron un tanto escasos de kilómetros, e se cadra tamén de sentido común.
O mércores, por falla de tempo, fixen só os 5km do circuíto Ríos, 4 pontes e Vía Verde.
Onte sábado tocou sesión de horta pola mañá, e xa a última hora da tarde doume priguiza saír á rúa, e quedei facendo bici estática na casa. Ao final foron 50 minutos a ritmo suave, distraída coa peli que estaba vendo o "meu utillero" na tele.
Hoxe pola mañá, antes de facer a segunda saída tocou de ir facer uns recados co tempo xusto, e teño o mal vicio de compensar os meus retrasos de horario con carreiras polas costas abaixo da favela. Os vellos non sirven para certos traballos, xa di a copla... Tiven que parar de golpe, pois no lado dereito manifestouse a "trabada de can" no glúteo. Fun axustando a pisada como puiden para evitar a dor.
Xa de volta en casa, unha hora despois, decidin saír igual a facer a saída planificada, pero con outra distancia e intensidade, recordando as sabías ensinanzas de Jota : "Se unha zona está doente, hai que reforzala con exercicio".
Fixen un total de 6,3 km indo ata Arealonga, volvendo pola Chumba, 4 Pontes, Avenida de Galicia e Vía Verde.
Ao comezo moi a modiño, e logo tampouco cheguei a acelerar máis de 5:50... E funcionou. O glúteo dereito deixou de molestar e fun cómoda. Pero está claro que teño que asumir a miña ancianidade dunha vez. Xa non está o corpo para poñelo de 0 a 100 en 10 segundos. Teño qué poñerme coas táboas de reforzo de glúteos e coas sentadillas xa, sen máis escaqueos.
A ancianidade... Si, é certo, obriga a relacionarnos coa nosa musculatura doutro xeito, pero ten outras contrapartidas. Unha delas é a de descubrir, non me fixara ata esta semana, que por mor desa ancianidade xa non estou na categoría F3 do circuíto RunrunVigo, senón na F4, onde neste momento só figura outra persoa, que tamén fixo a Vig Bay, pero a un ritmo de 6 min/km e que quedou moitos postos detrás miña...
Tiña pensado facer só dúas ou tres carreiras máis do circuíto, pero visto o visto, haberá que facer ese mínimo de 6 carreiras para poder puntuar. Ocasión coma esta non a vou ter. Hai que admitilo, a quen lle amarga un doce? . Pero tamén está a motivación de facer que figure aí o nome do Car Marisqueiro e o noso patrocinador e compañeiro do club, que tanto nos ten axudado desde a pastelería O Trigal... En xeral sigo, como Marta e Marilia, bailando e correndo soa, pero cada vez menos Moi feliz
Así que xa estou inscrita para a carreira de Samil, 17 de maio, a pillar ración de area, a falta de poder facelo en Carnota de xeito oficial en xuño.
A ver que sae de todo isto. O que si está claro é que hai que volver a usar a cabeza e coidar ben a musculatura.
Cruzo os dedos.

A aventura acaba de comezar
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4686 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Mar, 18 Abr 2023, 14:28
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Sigues siendo un ejemplo,espero verte en Samil.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos