Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 14 Xan 2023, 6:36
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela : " Apagando as luces"
Nesta fin de semana Don Abel I de Vigo e V de Alemania vai proceder ao apagado das luces deste suposto Nadal top 10 que seica é a esencia de Oliveville.
Non vexo mellor data para actualizar por fin este diario, levantando acta de que as poucas luces que me quedaban tamén se están apagando : digo isto porque onte tocaba ir de paso por Sparkland, e tiña posta hora para ir trotar pola beira do Miño co meu correlega de sempre. Chegar cheguei á hora acordada, pero a bolsa coas zapatillas e a roupa de entreno quedou esquecida no salón da miña casa en Vigo...
Non se acabou o mundo por iso. Cambiamos trote por paseo e o Garmin marcou ao final da xornada 18.000 pasos.
En calquera caso, isto da unha idea de como anda a miña vida atlética estas semanas.
Despois da carreira do 11 de decembro douse unha conxunción astral de desidia, cansancio, catarro e placas na gorxa, chuvia interminable e abducción laboral e doméstica. Resultado : Menús caseiros de Nadal moi ricos, pero cero entrenos ata o día 2 de xaneiro.
Coas boas intencións para o 2023 conseguín unha primera semana estándar con 3 saídas e dous días de táboas de exercicios.
Pero nesta segunda semana xa quedei só con 2 saídas, cero táboas de exercicios, e o paseo de sustitución polo Miño.
E así vai a vida.
Algún día me poñerei a deseñar un plan de entreno de cara a carreira de Teis ( único obxectivo á vista), pero hoxe vai ser que non.
Case non me recoñezo diante do espello
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 29 Xan 2023, 22:07
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Isto de levar 15 días sen actualizar o diario xa case o di todo.
Sigo sen sacar tempo para facer táboas de exercicios. Só nesta última semana conseguín facer tres saídas. Nas anteriores ao final quedei en dúas. Ritmos frouxos, e aínda por riba unha caída hai uns días, por mor dunha "baldosa trampa" que non identifiquei a tempo. Afortunadamente a cousa quedou nunhas feridas no xeonllo dereito que pouco a pouco van curando.
Este inverno está a poder conmigo. Agora dedícome a entrenar con gorro, guantes, camiseta de felpa e sudadeira polar, eu que, sempre iba de camiseta de asas. O caso é saír
Sobre todo agora que xa están os obxectivos no calendario, as inscripcións feitas, e as compañeiras do club agardando a que non lles falle.
Así que hoxe toca deixar todo por escrito, a xeito de contrato de temporada sen cláusula de rescisión
PLAN PARA O PRIMEIRO TRIMESTRE :
1ª semana :
Martes 31de xaneiro, xoves 2 de febreiro e domingo 5 de febreiro: Saída a Chapela, intercalando mércores e venres táboas de exercicios
2ª semana :
Martes 7 de febreiro, xoves 9 de febreiro e domingo 12 de febreiro: Saída a Chapela, intercalando mércores e venres táboas de exercicios
3ª semana :
Martes 14 de febreiro, xoves 16 de febreiro e domingo 19 de febreiro: Saída a Chapela, intercalando mércores e venres táboas de exercicios.
4ª semana (se a preparación de orellas e filloas o permiten) :
Martes 21 e febreiro, xoves 23 de febreiro : Saída a Chapela, intercalando mércores e venres táboas de exercicios
domingo 26 de febreiro: series pola Vía Verde entre a Riouxa e zona previa a Vialia
5ª semana :
Martes 28 de febreiro, xoves 2 de marzo : Saída a Chapela, intercalando mércores e venres táboas de exercicios
Domingo 5 de marzo : series pola Vía Verde entre a Riouxa e zona previa a Vialia
6ª semana:
Martes 7 de marzo , xoves 9 de marzo : Saída a Chapela, intercalando mércores e venres táboas de exercicios
Sábado 11 de marzo : Contrarreloxo por equipos de Vigo
7ª semana:
Martes 14 de marzo , xoves 16 de marzo : Saída a Chapela, intercalando mércores e venres táboas de exercicios
Sábado 18 de marzo: Carreira nocturna de Ourense
8ª semana:
Martes 21 de marzo , xoves 23 de marzo : Saída a Chapela, intercalando mércores e venres táboas de exercicios
Domingo 26 de marzo : Media maratón Vig Bay

Xa non hai volta atrás
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 30 Xan 2023, 20:47
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Un contrato por escrito es vinculante.

La parte contratante (que eres tú) le dice a la parte contratada (que también eres tú), que ese plan debe ser cumplido.

Ánimo con tus litigios.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 05 Feb 2023, 23:25
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

freakyrunning escribió:
Un contrato por escrito es vinculante.

La parte contratante (que eres tú) le dice a la parte contratada (que también eres tú), que ese plan debe ser cumplido.

Ánimo con tus litigios.

Está ben saber que aínda queda por aí un Big brother á espreita, facendo de voz da conciencia.
E aínda está mellor poder dicir que esta primeira semana remata cos obxectivos máis ou menos cumplidos, aínda que non sempre no horario e data previstos:
- 3 saídas, 25 km totais
- 2 táboas de exercicios, das sinxelas, sen pesas nin planchas, pero co mínimo de abdominais e reforzo de glúteo e cuádriceps
- Media de pasos diaria estabilizada en 13600 aproximadamente
Imos a pola segunda semana Rezar
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 12 Feb 2023, 18:24
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Informe da 2ª semana:

Nesta semana só fixen 1 táboa de exercicios, polo menos foi con pesas e reforzo de cuádriceps. Con todo, a sesión de 2 horas saltando pedras polos cantiles de Monteferro o mércores, e as horas do sábado a mañá facendo leiragim algo han de contar.

Por aquelo de darme un punto máis de motivación, desta volta doume por anotarme no resucitado circuíto de Correr en Galicia. Non sei moi ben por qué, xa que a única carreira puntuable de momento na que vou participar é e Vig Bay. A ver se van incluíndo algunha máis do Runrun Vigo

Con respecto ao resto do plan , sigo a aprobar ( e pouco máis) :
- 3 saídas, 24 km totais, plagados da selección máis dura de costas arriba que se pode facer no barrio, e por tanto, uns ritmos moi frouxos en consecuencia ( quen me mandará a min querer variar escalando desde a Praia da Punta a Dr Corbal, ou de Dr Corbal a Gondosende... )

Pero aí seguimos, fortalecendo as pernas para a vindeira semana, en que tocará sesión intensiva de resistencia do tren inferior cociñando orellas e filloas Moi feliz
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 12 Feb 2023, 19:11
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:
Informe da 2ª semana:
Pero aí seguimos, fortalecendo as pernas para a vindeira semana, en que tocará sesión intensiva de resistencia do tren inferior cociñando orellas e filloas Moi feliz

Me apunto a eso Meiga. Soy más de filloas que de orellas, pero me apunto a las dos.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 19 Feb 2023, 22:18
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

freakyrunning escribió:
Meigalicix escribió:
Informe da 2ª semana:
Pero aí seguimos, fortalecendo as pernas para a vindeira semana, en que tocará sesión intensiva de resistencia do tren inferior cociñando orellas e filloas Moi feliz

Me apunto a eso Meiga. Soy más de filloas que de orellas, pero me apunto a las dos.
Pois a día de hoxe xa só quedan 6 orellas e media ducia de filloas como quen di. Teño unha familia de larpeiros de moito coidado.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 19 Feb 2023, 22:28
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Informe da 3ª semana :
Sigo mantendo a media de pasos diaria e as tres saídas semanais, desta volta 27 km.
Non fixen ningunha táboa, non só por non dar xestionado a axenda, senón sobre todo por atoparme en modo "supervivencia" : levamos nesta casa desde finais de Nadal cun réxime de custodia compartida de virus. Esta semana volveume a tocar a min.
Ando con placas na gorxa, tos, conxestión. As saídas de venres e domingo foron a medio gas por iso. Pero foron.
Espero non ter que pillar unha baixa por bronquite xusto 15 días antes da contrarreloxo por equipos.
Cruzo os dedos
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 27 Feb 2023, 12:27
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Informe da 4ª semana :
Practicamente un calco da anterior. Non sei se botarme a bronca a min mesma por non mellorar, ou se felicitarme por non ir a menos.
Como nota positiva, dicir que os virus van marchando pouco a pouco, e que onte domingo xa me atrevín a poñer equipación de primavera, e sentinme cómoda de caixa e pernas na saída.
O cal non implicou para nada que fixera mellores ritmos.
Quedan 5 saídas só para a contrarreloxo
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 05 Mar 2023, 15:35
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Informe da 5ª semana:
O luns pola tocou sesión extendida ( tres horas con algunha pequena pausa) de traballo forzoso do tren superior empurrando a Viking de gasolina por un dos minifundios da favela, ata deixar desbrozados os 700 metros cadrados.
O martes estaba un tanto esfolada, así que a primeira saída da semana foi o mércores.
En contra do que pensaba, sentinme moi ben rodando. E como o frío é o meu elemento, saíu un crono bastante decente para ser eu, e para o que son as costas da favela. Facía tempo que non me saia un entreno a ritmo de 5:40.
Pero a saídas do venres e domingo foron en franca regresión. Tampouco quixen forzar, porque algunha das sensacións recordábanme perigosamente as experimentadas antes da lesión do isquio.
Así que calma e estiramentos suaves. Dentro dunha semana é a contrarreloxo e hai que lucir a "negra do Trigal" cun mínimo de dignidade.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 09 Mar 2023, 23:03
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

(des)Velando (a carencia de) armas:

Hoxe fixen a última saída antes da contrarreloxo por equipos. Quería que fose baixo a inspiración das consignas da señora Minducha ( eu non teño medo, poño medo/ quen moito medo ten, etc...) Pero ao final a única frase aplicable sería a de "ter menos sentido ca un chincho"... Por ter gastado moito o corpo nestes días en tarefas varias e non facer reforzo de cuádriceps. Por ter saído xusto no momento da mañá en que caeron chuzos de punta con vento do sur en contra. Por non facerlle caso de abondo aos avisos insistentes que anda a mandar o xeonllo esquerdo esta semana... Pensei que nunca máis volvería a sentir esa sensación de ter "a goma apretada ao redor" da articulación, pero aí estaba. Así que saíu un entreno a cámara lenta
Pola tarde, ao volver de traballar, sesión de perna estirada no sofá, alternado xeo e calor. 48 horas non dan para milagres, pero polo menos espero ter a situación baixo control para este sábado pola tarde.
Cruzo dedos de mans e pés
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 11 Mar 2023, 16:10
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:
(des)Velando (a carencia de) armas:


Ostras Meiga. Tienes que explicarte que no es que esté lento, soy lento.

Y los juegos de palabras se me dan fatal.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 11 Mar 2023, 22:46
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

"Crónicas da favela: 9°contrarreloxo por equipos"
E por fin chegou o día.
Axenda apretada de ocupacións de mañá e tarde. Mal asunto para as pernas en día de carreira, pois houbo moito tempo de estar sentada seguido e outro de estar longas tandas quieta de pé.
Así que cando cheguei á zona da Laxe a sensación era de pesadez nas articulacións.
Despois dos saúdos pertinentes, especialmente a Beauvais xa regresado de Tokio, e de facer a Carma foto ritual, tocou quentar un pouco.
Non as tiña todas conmigo. Nalgún momento sentín pinchazos na zona cero da vella lesión do xeonllo esquerdo.
Pero xa non había volta atrás. O reloxo marcaba xa as 19, e o equipo Carma Feminino tiña que ir para a rampa, de saída.
Foi botar a trotar e xa non houbo máis avisos nin pinchazos por ningures. A chuvia perdonounos, e non houbo baldosas trampa que esquivar, nin pozas sorpresa no medio do percorrido.
Fumos rebasadas por polo menos 4 equipos, pero tamén tivemos ocasión de adiantar nos a outro.
Fun cómoda todo o tempo, ata con folgos para falar, asubiar e amonestar aos viandantes que nos invadían o circuíto, e animar a viva voz ás demais compañeiras. Especialmente a Aurora, que non se atopaba ben.
En ningún momento mirei para o Garmin. Polo grao de esforzo eu ía convencida de que estabamos rodando 5:40 ou 5:30, e freando moitas veces para poder ir compactas e que ninguén se descolgase. A sensación de non "ter armas que velar" na víspera quedou totalmente desmentida pola facilidade con que se movían os pes.
Case sen pensalo, rematamos a segunda volta e entramos en meta. Enteiras e libres de lesións. Ao final fixemos un ritmo oficial de 5:18 (algo menos nos nosos trebellos medidores)
Todas contentas, por nos mesmas, que ben o valemos, e polo equipo mixto e masculino, que tamén o fixeron ben.
Non viñemos para casa con ningunha centola dos trofeos, pero tampouco se pode ter todo.
LuaMeiga, Aurora máis eu repetimos cita o vindeiro sábado en Ourense.
A ver se repetimos tamén sensacións e resultados
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 19 Mar 2023, 12:51
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela: "Carreira nocturna de Ourense"
Esta sexta semana da campaña de primavera tomeina con moita calma. Non cheguei a botar man do celecobix, pero si do Voltaren, coidando o posible o xeonllo esquerdo.
Limiteime a facer só un par de saídas curtas o martes e o xoves. Os 5 km escasos que van por Ríos, as 4 pontes e o tramo de volta pola Vía Verde.
O fallo unha vez máis foi non facer exercicios de reforzo de glúteo e cuádriceps.
Con este escasísimo equipaxe atlético marchei sábado pola tarde para Ourense.
Tampouco importaba moito, pois isto ía ser só un paseo pola beira do Miño con Lúameiga e Aurora, aireando un pouco a camiseta do Carma e o logo do Trigal.
Coas presas de organizarme para chegar a tempo para a recollida de dorsais, esquecín recordarlle a Papa-Léguas que efectivamente ía cumprir a miña promesa de ir á Nocturna.
Pero non fixo falta: nos momentos previos á tomar saída na Ponte Vella, foron Mato Grosso e Papá-Leguas os que deron conmigo e se achegaron a saudar. O primeiro reencontro deste ano. Xa non era sin tempo.
Logo de contado marchamos cada quen a ocupar posicións.
Eu no furgón de cola por si acaso, a ver o que daba de sí a perna esquerda.
Durante os primeiros 5 kilómetros Aurora, Luameiga máis eu fumos unha máquina de adiantar perfectamente acompasada, sin presa pero sen pausa. Pero chegou un momento en que Aurora se viu forzada e preferiu quedarse atrás.
Luameiga máis eu fumos tirando a ritmo constante, ela moito máis ca min , a verdade. Menos mal que sempre había unha pequena costa abaixo que me permitía volver a poñerme sempre na súa estela.
Afeita como estou a entrenar un maximo de 9 km, teño que confesar que o km 15 resultoume duro, psicoloxicamente, e porque os glúteos non daban máis de si.
Pero por fin logramos subir as rampas e chegar a meta, Luameiga turrando de min e levandome da man por debaixo do arco. Unha crack de compañeira, a bo fe.
A poucos minutos chegou tamén Aurora, e estivemos un pouco de tempo dando voltas, pillando bebida e froita e comentando a xogada, contentas de polo menos ter rematado vivas.
E xa logo tocou facer camiño de volta.
Eu quedei en Ourense, en casa dunha compañeira.
Estaba saindo da ducha e preparándome para ir dar unha volta cando vexo que hai varias mensaxes agardando no móbil :"Moza, que quedaches de primeira da túa categoría" "Moza, como se te ocurre marchar sen ver as clasificacións"... A ver, xentiña, facer os 15 kilómetros a ritmo de 5:26 non está mal para as miñas actuais posibilidades, pero non é algo que en principio garantice podium, digo eu...
Total, que rematei de vestirme sen secar o pelo e ala marchei coa miña colega de volta ao centro comercial Pontevella.
Cando chegamos xa estaban todos os chiringuitos desmontados, e as caixas entrando na furgoneta da organización.
Pero a dos trofeos aínda estaba fora. E así no límite conseguin recoller o de campiona das veteranas C.
Para ser unha simple xornada de paseo coas colegas do equipo, como un entreno máis previo á Vig Bay, o resultado foi inesperado... Pero a quen lle amarga un doce, non si?
A ver se as sorpresas do vindeiro domingo son igual de agradables
drive.google.com/file/...p=drivesdk
( PD: Xa esquecín como se poñen fotos neste lugar Triste )


Última edición por Meigalicix o Mar, 21 Mar 2023, 15:51; editado 3 veces
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 20 Mar 2023, 14:34
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Mi noraboa Meiga. No me acordaba que era un 15000. Creí que era un 10000. Así que mil millones de mérito. No estando habituada a esas distancias y te cascas un ritmo por debajo de 5:30.

Queda Meiga para rato.

Ahora espero la crónica del Papa y de Matogrosso, que espero que hayan estado a la altura.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos