Foros ›
Re: MITJA MARATO CAMBRILS 26/02/23 (CRÓNICA)
Forum Index / Carreiras fóra de Galicia
Reply to topic

Author
Message
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
434 Carreiras
3497 Posts

Reply with quote Post Wed, 28 Dec 2022, 21:10
Post subject: Re: MITJA MARATO CAMBRILS 26/02/23 (CRÓNICA)

Pois toca por novos obxetivos para o vindeiro ano e un deles é o de retomar o reto dunha media maratón en cada provincia e como o 22 de Xaneiro tocará ir a Viana e o 12 de Febreiro temos a de Coruña, non tiña moito máis chance entre as medias públicadas ata o de agora, xa que na maioría desas provincias xa corrín.
Así que me decantei por esta media, a cal promocionan como a máis plana de Cataluña, a min esta circunstancia agora nin me vai nin me ven.
Percorrido de 2 voltas, xa que tamén fan un 10 k, paralelo, sendo basicamente pola zona litoral deste pobo, con saida e remate na praza do Concello.
Reservado vuelo e a espera de buscar aloxamento en Tarragona e a inscripción neste momento a 18'9 vai por tramos, pero non de data, se non de cantidad de dorsais ata 500, ata 1000 e 1500 que é o tope, así que a deixarei para un pouco máis adiante, non vai a ser.
Toda a información na sua páxina web mitjadecambrils.com/


Last edited by Kurty on Tue, 28 Feb 2023, 21:50; edited 1 time in total
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
434 Carreiras
3497 Posts

Reply with quote Post Sun, 05 Feb 2023, 12:58
Post subject: Re: MITJA MARATO CAMBRILS 26/02/23

Acabo de inscribirme e como xa hai dende bastantes días máis de 500 inscritos, xa paguei 19€ ca propina de 1€ de licencia e 0'90 de gastos de xestión, total 20'90€.
Antes da pandemia, pasaban sobradamente dos 100 inscritos, non sei este ano como será.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
434 Carreiras
3497 Posts

Reply with quote Post Tue, 28 Feb 2023, 19:06
Post subject: Re: MITJA MARATO CAMBRILS 26/02/23 (CRÓNICA)

Pois xa de regreso de Cataluña, imos facer crónica desta nova media que corrín.
Moi boa organización en liñas xerais, xa que daban a opción anticipada de recollida de dorsal en Tarragona no Decatlon o venres pola tarde (tiñas que rexistrar a tua asistencia) cousa que xa fixen eu, ou o sábado e Domingo día da carreira en Cambrils.
A xornada do Domingo empezou cedo, xa que fun en bus e ainda que había un que chegaba a Cambrils as 9:30, non quixen arriscar unha incidencia, polo que collín o bus as 7:15, que daba unha gran volta para chegar a Cambrils, as 8:10 xa estaba almorzando (pan tumaca) nun bar cerquiña da saida, conforme pasaba o tempo o bar encheuse de corredores, así que cando faltaban 40 minutos fun a prepararme e deixar as cousas no gardarroupa.
Mañán fría e con algo de vento, así que despois dun pouco de quecemento fun para a saida. Situeime bastante ben e tiña moi preto as liebres de 1h30 e 1h35, como en Coruña fixen 1h36 decidín ir ca de 1h35 para ir relaxado en carreira, xa que tanto o venres como o sabado fixera unhas grandes pateadas por Barcelona e Tarragona.
Así que dan a saida e os primeiros 800 mts. todo baixar, así que a lebre sae disparada e escapase, non me preocupe cando xiramos a esquerda para encarar o paseo marítimo e llanear debe levarme uns 20 mts. e van caseque pegadas as lebres de 1h30 e 1h35, o pouco xa engancho a cola e ahí me quedo, vou moi cómodo tanto de peito como de pernas. Como non vou moi a gusto tan atrás do grupo, vou gañando posicións ata poñerme detrás dos 2 mozos que marcan o ritmo, todos os Kms. ata o 5 entre 4'20 e 4'25 (os parciais máis rápidos de toda a carreira), nos avituallamentos do 5 e o 11 adiantome un pouco para non sufrir atrancos, xa que daban as bebidas en vaso, isotónico e auga.
O percorrido é basicamente 2 voltas polo paseo, exceptuando o tramo da saida, que no 10 temos que subir, ese e o peor Km. de toda a carreira en 4'32" (eses 5 Kms. entre 4'24 e 4'32), por que fumos regulando na subida. Eu sigo moi cómodo, falando e comentando cousas de vez en cando, pero expectante a como responderían as pernas a partir do 16, que é cando damos a volta, e que ben ir protexidos en grupo, xa que pegaba bastante o aire en contra (a favor non o notamos Very Happy ), os ritmos
do 10 o 15 moi homoxeneos entre 4'22" e 4'25, e indo moi ben.
os kms. ata o 20 similares excepto o 17 que se foi a 4'30, e como ia moi cómodo, xusto no 20 tras avisalo, decido sair do grupo con moita forza, pero cando levaba uns 100 mts. empezaron a vir unhas rachas de vento que non se notaban no grupo, pero dixen agora non vou a recuar, e seguín adiante, menos mal que xiramos a dereita e acabouse o aire, pero agora viña a subida de 800 mts. ata meta, primeira parte máis suave cun pequeno descansiño a metade da mesma, ahí fun adiantado por varios do grupo que ian moi rápidos, tampouco tentei seguir a ningún, pero no k21 con subida fixen o mellor parcial 4'18.
Así que moi contento co tempo de 1h34'29" oficial 11 segundos menos no neto para 21.400 mts. que me marcou.
Avituallamento final de auga, isotónico e plátano, con servicio de fisios, duchiña no pabellón a carón da meta e a comer un fideua.
Unha máis para a saca.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
520 Carreiras
4527 Posts
K-pax
Reply with quote Post Thu, 02 Mar 2023, 13:53
Post subject: Re: Re: MITJA MARATO CAMBRILS 26/02/23 (CRÓNICA)

Enhorabuena por otra media más,y por el tiempo,me alegra ver que el gemelo responde,y gracias sobretodo por la crónica.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum