Mon, 20 Mar 2023, 17:34
Post subject: Re: XXII Medio Maratón Gran Bahía VIG-BAY. 26 de marzo de 2023.
Parece que salvo incidencia de última hora serei da partida, 4156 entre todas as modalidades e 3429 na media maratón, o que está moi ben, seremos algúns menos que o ano pasado, pero creo que pasaremos do 3000 os chegados a meta.
Comentar que este finde cambian a hora, polo que teremos 1 hora menos de sono, así que tocará madrugar bastante para os que somos de lonxe.
Eu chegarei a miña 150 media maratón este domingo e comentar un bo detalle que tivo a organización conmigo, mandeilles hai 2 semanas un correo para pedirlle se me podían asignar ese nª de dorsal para conmemorar as 150 medias (xa que os colecciono), e telefonearonme para confirmarmo, e tamén me dixeron que había outros 2 corredores que chegaban as 100 medias e tamén llo pediran, sendo un deles de Badaxoz (outro runner viaxeiro coma min),
Preguntándome que se non tiña inconvinte dabanlle o meu tlf. os da TVG, que ian facer un reportaxe sobre a media por se lles interesaba o meu caso. Poñéndose hoxe en contacto conmigo unha reporteira do programa latexos da cidade, para quedar para o domingo e falar algo conmigo.
Un saudo.