Foros ›
[27-08-22] XXXV Carreira Popular de Pintos (Pontevedra)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
marathonpopulardepintos

Novo foreiro
Novo foreiro
10/08/11
1 Carreiras
16 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Mér, 03 Ago 2022, 18:18
Asunto: [27-08-22] XXXV Carreira Popular de Pintos (Pontevedra)

Somos un grupo de xuventude Chupete da zona de Pintos, en Marcón (Pontevedra), que organizamos unha carreira popular que se vén transmitindo de xeración en xeración e que este ano, logo de dous anos de parada pola pandemia, retornamos coa nosa 35ª edición!

Facemos unha mistura entre carreira popular, dividida en diferentes categorías de idade (0-4, 5-8, 9-13, 14-20, 21-36, 36-50 e 51-...), e de festa, xa que contamos ademais, coa venta de rifas para sorteos, logo da entrega de trofeos, de diversos produtos, entre os que destacan xamóns, lacóns, productos da terra, produtos vivos, menaxe do fogar... Buscamos sobre todo facer pasar á xente un bo anaco (ou polo menos intentalo).

NON somos para nada profesionais xa que facemos isto cada ano da mellor maneira posible e tentando mellorar naqueles puntos fracos que temos Angel . De todos xeitos, pensamos que é unha magnífica oportunidade para pasalo ben e botar unha carreira con amizades e fillas e fillos!

A distancia, a partir da categoría de 9-13 e consecutivas, é de preto de 2 km Molón na que contamos cunha subida bastante pronunciada nunha parte, logo algo máis estable, un pequeno repeche e un par de baixadas para entrar en meta. Aquel@s que a proban din que parece máis fácil do que realmente é!
As distancias para as categorías inferiores son de 30 m (cat. 0-4) e de 250 m (cat. 5-8).

Para todos aqueles participantes que se animen a correr, entregaráselles gratis unha bebida e un agasallo, cortesía da Organización. Aplauso

Se vos interesa pasar unha tarde na nosa compañía, consultade o noso facebook pinchando aquí, onde atoparedes máis información. Tamén vos responderemos ás dúbidas que nos fagades chegar por mensaxe alí.

Este ano voltaremos a contar cunha pequena área de entretemento na que as e os máis pequenos poidan estar entretidos mentres os seus acompañantes corren, tratando de facerlles máis entretida a xornada durante as carreiras. Bailar Bailar

E para celebrar a nosa 35ª edición, ao remate contaremos coa actuación do grupo Son das Tabernas, e tamén unha chourizada gratis para as que o desexen! Se non os coñecedes, velaquí un exemplo no seu Facebook

Saúdos e... VÉMONOS O SÁBADO 27!!


ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mér, 17 Ago 2022, 16:58
Asunto: Re: [27-08-22] XXXV Carreira Popular de Pintos (Pontevedra)

grazas polo traballo Aplauso Ojalá saia todo ben!

por favor, poderías poñer aquí a información básica para inscribirse na proba? grazas.


(non todas temos acceso a FB)

Est.2008
marathonpopulardepintos

Novo foreiro
Novo foreiro
10/08/11
1 Carreiras
16 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Mér, 24 Ago 2022, 21:35
Asunto: Re: [27-08-22] XXXV Carreira Popular de Pintos (Pontevedra)

ghose escribió:
grazas polo traballo Aplauso Ojalá saia todo ben!

por favor, poderías poñer aquí a información básica para inscribirse na proba? grazas.


(non todas temos acceso a FB)
Boas!
As inscricións realízanse presencialmente á chegada ao lugar





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos