Dom, 31 Xul 2022, 20:59
Asunto: Re: I CARREIRA NOCTURNA PORTA GRANDE DA COSTA. BAIO 30/07
Gratamente sorprendidos con esta carreira, opinión xeral dos 6 compoñentes do club que corremos onte en Baio.
Rápida recollida de dorsal no lugar de saida e xunto a feira do auto de Baio, e dicir podías ir a correr e mercar un auto de paso.
Como o compañeiro Litho, díxome que lle comentaran que era dura, decidín sair reservón. xa que ó ser 2 voltas, tomaría a 1ª de recoñecemento.
Boa temperatura para correr, ainda que por veces facía algo de aire.
A carreira ten 3 subidas algo duras, unha cando se levan uns centos de mts,, a 2ª entre o Km 1'600 a 1'800 e a pior a 3ª xa que é a máis longa, primeira parte bastante corrible e antes de rematala si que ten moita pendente, e despois xa é todo llanear e baixar, ainda que hai varios repeitiños.
Esta 1ª volta de toma de contacto, moi cómodo toda ela, pero non chegou os 5 Kms. na 2ª xa apurei bastante a marcha, facendoa máis rápida en 45'02 oficias para uns 9'5 Kms.
Fúmonos pegar unha duchiña e cando chegamos xa non había moita xente para coller a cea e bebida que nos daban a base de churrasco e criollo.
Así que como lles sobraba nos dixeron se queríamos máis, polo que tomamos unha boa cantidade.
Destacar a boa organización, con gran cantidade de voluntarios e salientar a amabilidade de todos eles.
Unha carreira máis que recomendable para vindeiras edicións.