Foros ›
XIII CARREIRA DE OUTES 17/05/2022
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 03 Mai 2022, 18:41
Asunto: XIII CARREIRA DE OUTES 17/05/2022

Despois do parón obrigado de 2 anos pola covid, volta esta carreira, que se celebra coma sempre o día das Letras Galegas.
Como novidade comentar que cambiou o percorrido, eliminando ou máis ben suavizando 2 das costas que había. (cando sepa como queda o percorrido xa farei unha descripción del aquí).
Esta debe ser das poucas que mantén o prezo super reducido que tiña, non lle chegou a super subida que tiveron algunhas carreiras ultimamente.
Son 2 leuros de nada, menos cunha caña, un refresco, e menos da metade dun bocata ou dunha atracción de feira. Moi feliz :
A inscripción ata o día 12 coma sempre en championchip.

ccnorte.com/evento/det...e-de-outes
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 11 Mai 2022, 21:09
Asunto: Re: XIII CARREIRA DE OUTES 17/05/2022

Mañán pola noite remata o prazo de inscripcións, as cales van a bo ritmo, case 300 entre todas as categorías e 123 nos 10 K.
Craseski

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
5/10/14
0 Carreiras
178 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 14 Mai 2022, 7:43
Asunto: Re: XIII CARREIRA DE OUTES 17/05/2022

Joe como cerraron tan pronto? Ahora es imposible anotarse? Muro
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 14 Mai 2022, 11:36
Asunto: Re: XIII CARREIRA DE OUTES 17/05/2022

Craseski escribió:
Joe como cerraron tan pronto? Ahora es imposible anotarse? Muro

É certo puderon alongalo ata onte pola noite, xa que a carreira é o martes, por eso eu xa avisei para que non collera de sorpresa.

Ainda que para peche anticipado o da media de Lugo, 10 días antes da celebración da mesma.
sdcompostelaatletismo

Novo foreiro
Novo foreiro
18/12/19
0 Carreiras
41 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Mai 2022, 8:48
Asunto: Re: XIII CARREIRA DE OUTES 17/05/2022

Cambia moito o novo percorrido?, o certo é que o anterior parecíanos ben chulo !!
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Mai 2022, 20:07
Asunto: Re: XIII CARREIRA DE OUTES 17/05/2022

Disculpa que non contestara antes, pero hoxe fomos visitar a unha filla a Coruña e chegamos hai un rato.
A maioría segue sen sufrir modificacións, basicamente, saese do mesmo sitio, pero en dirección contraria, a uns 200 mts. xa enlazamos ca estrada que vai a Noia, dende ahí ata pasar por detrás da pista de Karts. sen variacións, ahí seguimos rectos por unha pista de terra que acondicionaron e pasamos por diante do aserradeiro de Sieira (antes bordeabámolo), dende ahí ata o que era o Km 6 e pico antes sen modificacións, cando cruzamos a estrada que vai cara Pino de Val, accedemos a un tramo de pista de terra que ia cara a Ponte do Ruso, agora collemos dirección contraria todo por pista de terra, xiramos pola ponte de Berres e imos cara a ponte do Ruso, pero saimos un pouco despois e métemonos pegados ao rio por unha senda que abriron hai pouco e subimos para enlazar ca pista co que era antes o Km. 7,300, e dende ahí ata o final todo igual.
Eso foi o que me comentaron, eu non o vin in situ, eu esperarei a dar a miña opinión do cambio de percorrido mañán, pero basicamente, sacaron asfalto para meter máis tramos de terra.
Un saudo e ata mañán.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos