Lun, 31 Xan 2022, 21:40
Asunto: Re: II MEDIA MARATÓN DE TORO (30 XANEIRO).
De regreso do finde que fumos pasar a Zamora, vou facer unha crónica da mesma a cal corrín en modo moi conservador polas molestias que arrastro e o resultado, mellor do agardado..
O Sábado pola mañán visita guiada pola capital e pola tarde visita guíada por Toro, así que aproveitei e xa recollín o dorsal, así podía ir máis tarde ao día seguinte, ainda que a saida era as 11:00.
Chegada a Toro sobre as 10;15, doado aparcar a menos de 500 mts. da saida, acabei de prepararme, e andando cara a saida, a carón da praza de toros.
Como facía bastante frío, guantes, camiseta interior manga corta e manguitos.
Non quentei absolutamente nada, e para parte traseira do pelotón, saida con moita tranquilidade e a quentar na carreira, despois duns centos de mts. polo pobo, saida do pobo para facer sobre 1 km. nesa dirección e volta cara o pobo, primeiro Km. 5'24", e 2º 5'05, así que empezo a aumentar algo o ritmo e vou marcando os Kms. a 5' ou un pouquiño menos, bordeamos o pobo e collemos outra carreteira que pica cara abaixo un par de Kms. media volta e tira para Toro outra vez, entramos no pobo percorrido duns Kms. e pasamos pola saida outra vez, os de 10 Kms, metense na praza de toros para rematar e nos seguimos (neses intres, case que me pesara non cambiarme para correr os 10 kms, xa que ata o momento sen molestia nengunha), ritmo medio ata ahí 5'01, ahí aproveitei para deixarlle a mullero os guantes e os manguitos que xa me sobraban dende facía varios kms. seguimos en modo conservador e voltamos a facer o mesmo percorrido que na primeira volta, ainda que nalgun dos xiros nas estradas de ida e volta, imaxino que desplazaron os conos para facer o Km. de máis respecto a primeira volta.
A partir do 18 decidin aumentar algo o ritmo, facendo os 3 finais os máis rápidos, en 4'35, 4'40' e 4'32, pero sen emocionarme de máis non fora a ser que a fastidiara ao final toda a contención que levara.
Entrada na meta no interior da praza de toros en 1h46'05 polo meu crono, pero o certo e que me dou unha distancia demasiada longa, ainda que foxe unha media homologada. Marcoume 21'640, o habitual nas homologadas e que te marque o Gps entre 300/400 mts. de máis e os 10 Kms. 150/200.
Contento de facer unha nova media, moi ben organizada para ser a 2ª edición, a cal vendían como moi chanciña, pero ten certas subidas e baixadas, moi corribles eso si.