Foros ›
II MEDIA MARATÓN DE TORO (30 XANEIRO).
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 05 Xan 2022, 22:06
Asunto: II MEDIA MARATÓN DE TORO (30 XANEIRO).

Quería escomenzar outra vez co reto das medias en cada provincia, e xa estaba decido a correr a Media de Castellón do día 30, xa mirara vuelo a Valencia bastante económico con Ryanair.
Pero en vista da situación Covid, non me extranaría que a cancelaran e ademáis non me apetece moito ir en avión,.
Así que ainda que na provincia de Zamora xa corrín a Media da capital, pero non fixen unha visita da cidade en condicións, iremos o sábado a visitar Zamora e o domingo a correr a media de Toro.
Lin bastante sobre a 1ª edición e ten comentarios moi bos, circuito chanciño e homologado, inscripción limitada a 1000 participantes entre a Media e o 10 K, neste momento algo máis da metade das prazas cubertas, prezo económico, era de 10€ ata o 1 de Decembro e agora ata o 25 de xaneiro as 15:00h. son 13€., eu ainda agardarei para anotarme.
Curiosidade meta dentro da praza de Toros, e na 1ª edición, moito frío e neboa, que seguro que tamén paparemos algunha das 2.
Toda a información nos seguintes enlaces.

mediamaratontoro.com/?...IGDSgoXMaU
www.facebook.com/MEDIAMARATONTORO/

inscripciones.runvaspo...aton-toro/

Esta por agora segue adiante, xa que no seu facebook, a organización é bastante activa e comentan bastantes cousas.
lucusrunner

Maratoniano
Maratoniano
20/08/09
0 Carreiras
658 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Xov, 06 Xan 2022, 19:09
Asunto: Re: II MEDIA MARATÓN DE TORO (30 XANEIRO).

Tiene buena pinta
estoy dudando entre este y el de Malpartida de Cáceres, el anterior fin de semana
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 07 Xan 2022, 19:12
Asunto: Re: II MEDIA MARATÓN DE TORO (30 XANEIRO).

lucusrunner escribió:
Tiene buena pinta
estoy dudando entre este y el de Malpartida de Cáceres, el anterior fin de semana

Eu tamén vin a de Malpartida de Cáceres(ainda non corrín na provincia de Cáceres), pero como tiña pensado correr a M.M. de Viana o 16, descansaba unha semana e facía a de Toro o 30 e depois o 13 de Febreiro a de Coruña.

Un saudo e xa contarás o que fas.
lucusrunner

Maratoniano
Maratoniano
20/08/09
0 Carreiras
658 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Mér, 26 Xan 2022, 15:22
Asunto: Re: II MEDIA MARATÓN DE TORO (30 XANEIRO).

ao final vou a Toro.
Non vin nada na páxina sobre o covid, se piden certificado de vacunación, se hai que levar mascarilla antes de sair....
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 26 Xan 2022, 18:24
Asunto: Re: II MEDIA MARATÓN DE TORO (30 XANEIRO).

lucusrunner escribió:
ao final vou a Toro.
Non vin nada na páxina sobre o covid, se piden certificado de vacunación, se hai que levar mascarilla antes de sair....

Eu xa o daba por feito o de ter que presentar o certificado Covid, pero acabo de leer o regulamento e no seu facebook, e non pon nada, nin tampouco da mascarilla.
Como o teño no móvil, se o piden non teño ningún problema e a mascarilla levareina ata uns centos de mts. despois da saida.
Un saudo e teremos que abrigarnos o Domingo.

Rectifico, no regulamento na paxina de inscripcións qué o mesmo ao final de todo, suliñado en amarelo, fai referencia ó protocolo Covid, pero non aclara nada.
inscripciones.runvaspo...eglamento/
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 31 Xan 2022, 20:40
Asunto: Re: II MEDIA MARATÓN DE TORO (30 XANEIRO).

De regreso do finde que fumos pasar a Zamora, vou facer unha crónica da mesma a cal corrín en modo moi conservador polas molestias que arrastro e o resultado, mellor do agardado..
O Sábado pola mañán visita guiada pola capital e pola tarde visita guíada por Toro, así que aproveitei e xa recollín o dorsal, así podía ir máis tarde ao día seguinte, ainda que a saida era as 11:00.
Chegada a Toro sobre as 10;15, doado aparcar a menos de 500 mts. da saida, acabei de prepararme, e andando cara a saida, a carón da praza de toros.
Como facía bastante frío, guantes, camiseta interior manga corta e manguitos.
Non quentei absolutamente nada, e para parte traseira do pelotón, saida con moita tranquilidade e a quentar na carreira, despois duns centos de mts. polo pobo, saida do pobo para facer sobre 1 km. nesa dirección e volta cara o pobo, primeiro Km. 5'24", e 2º 5'05, así que empezo a aumentar algo o ritmo e vou marcando os Kms. a 5' ou un pouquiño menos, bordeamos o pobo e collemos outra carreteira que pica cara abaixo un par de Kms. media volta e tira para Toro outra vez, entramos no pobo percorrido duns Kms. e pasamos pola saida outra vez, os de 10 Kms, metense na praza de toros para rematar e nos seguimos (neses intres, case que me pesara non cambiarme para correr os 10 kms, xa que ata o momento sen molestia nengunha), ritmo medio ata ahí 5'01, ahí aproveitei para deixarlle a mullero os guantes e os manguitos que xa me sobraban dende facía varios kms. seguimos en modo conservador e voltamos a facer o mesmo percorrido que na primeira volta, ainda que nalgun dos xiros nas estradas de ida e volta, imaxino que desplazaron os conos para facer o Km. de máis respecto a primeira volta.
A partir do 18 decidin aumentar algo o ritmo, facendo os 3 finais os máis rápidos, en 4'35, 4'40' e 4'32, pero sen emocionarme de máis non fora a ser que a fastidiara ao final toda a contención que levara.
Entrada na meta no interior da praza de toros en 1h46'05 polo meu crono, pero o certo e que me dou unha distancia demasiada longa, ainda que foxe unha media homologada. Marcoume 21'640, o habitual nas homologadas e que te marque o Gps entre 300/400 mts. de máis e os 10 Kms. 150/200.
Contento de facer unha nova media, moi ben organizada para ser a 2ª edición, a cal vendían como moi chanciña, pero ten certas subidas e baixadas, moi corribles eso si.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4686 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Mér, 02 Feb 2022, 17:47
Asunto: Re: II MEDIA MARATÓN DE TORO (30 XANEIRO).

Enhorabuena compañero,otra más........y gracias por tu crónica.
lucusrunner

Maratoniano
Maratoniano
20/08/09
0 Carreiras
658 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Mér, 09 Feb 2022, 18:09
Asunto: Re: II MEDIA MARATÓN DE TORO (30 XANEIRO).

Felicidades,Kurty.
Excelente crónica.
A mí tampoco me pareció tan llana.
Tenía unas subidas prolongadas que se hacían largas.
En lo personal, bien, temperatura ideal para mí para correr e intenté disfrutar. Me diagnosticaron 2 hernias inguinales hace poco y me están tocando bastante las narices para entrenar.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 09 Feb 2022, 21:46
Asunto: Re: II MEDIA MARATÓN DE TORO (30 XANEIRO).

Lucusrunner, pois a coidarse e non forzar, non te vaian a dar un susto as hernias. eu ultimamente non estou adestrando caseque nada polas molestias que arrastro, (paseos de 1h30/1h45 ca muller e a cadela), e así poder participar en todas as carreiras que poida, ca media de Coruña correrei 4 findes seguidos e creo que ata a media de Viana do 6 de Marzo non vou a ir a ningunha.

Un saudo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos