Mar, 14 Set 2021, 9:59
Asunto: XXXVIII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA [Brión]
O Concello de Brión, coa colaboración co Club Deportivo Brión Hyupersa Santiago, organiza a XXXVIII edición da súa carreira popular o sábado 2 de outubro de 2021 a partir das 17 horas nas inmediacións do Parque de Pedrouzos (ao lado do Campo de Futbol Municipal de Brión) baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago). Esta carreira é unha proba oficial da FGA con distancia non homologada.
Contará con un servizo médico-sanitario composto dunha ambulancia e un médico.
A carreira contará co protocolo Anticovid -19 (FISICOVID – DXT GALEGO).
Participantes: poderán participar atletas tando federados como non federados, maiores de 6 anos, con uns límites de 50 participantes en cada unha das categorías SUB 8, SUB 10, SUB 12, SUB 14 E SUB 16 e 400 participantes nas categorías adultas (de SUB 18 a MÁSTER).
Recollida de dorsais: poderá realizarse o venres día 1 de Outubro (opción recomendada) na Casa da Cultura do Concello de Brión en horario de 9 a 14 e de 16 a 20h. e o própio día da carreira dende as 16h ata 30 minutos antes do inicio da proba nas inmediacións da liña de saída. Non se poderán formar aglomeracións e de formarse cola deberá respectarse a distancia de 2 metros entre persoas.
Inscricions: realizaranse a través da páxina web
www.carreirasgalegas.com, ata o 29 de setembro ás 14:00h. ou unha vez se completen o total das inscricións ofertadas. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN POR OUTROS MEDIOS.
Clasificaciónse Premios/Trofeos
Establecerase unha clasificación individual segundo o tempo invertido en completar o circuito da proba e unha clasificación por categorías. As diversas clasificacións poderan consultarse na páxina web:
www.carreirasgalegas.com.
Outorgaranse trofeos aos tres primeiros da cada categoría tanto feminina como masculina.
Así mesmo recibirán trofeo e premio en metálico os tres homes e tres mulleres que completen o circuito da proba no menor tempo. Tamén haberá premios pora os tres primeiros clubs federados clasificados. Os premios económicos establecense da seguinte maneira:
MULLERES
1ª CLASIFICADA: 250€
2ª CLASIFICADA: 200€
3ª CLASIFICADA: 150€
HOMES
1º CLASIFICADO: 250€
2º CLASIFICADO: 200€
3º CLASIFICADO: 150€
CLUBS FEDERADOS
1º CLASIFICADO: 250€
2º CLASIFICADO: 200€
3º CLASIFICADO: 150€
Na carreira absoluta tamén recibirán trofeo os tres primeiros homes e tres primeiras mulleres clasificadas empadroados en Brión (para optar a este premios os atletas deberán estar correctamente empadroados no Concello de Brión no momento de formalizar a inscrción).
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos, exceptuando os correspondentes aos empadroados no Concello de Brión.
A entrega de premios celebrarase, segundo se indica no anexo NORMATIVA COVID-19, nas inmediacións da liña de saida/meta, 30 minutos despois de que o último participante finalice a proba absoluta.
Todas as persoas participantes recibiran como agasallo conmemorativo unha CAMISETA TÉCNICA cortesía da organización como recordo da súa participación.
MAIS INFO:
carreirapedestredaamaia.blogspot.com