Foros ›
Conversa no Fediverso [editado}
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Dom, 13 Xuñ 2021, 5:41
Asunto: Conversa no Fediverso [editado}

Editado:

Ante o _fracaso_ da convocatoria inicial, o proxecto foi abandonado, quedando só como unha conta en mastodon.gal/@correrengalicia (estilo istagram ou X)

e agardando que en

foros.fediverso.gal nos fagan sitio. Disimulando

Ola!

fonte: @correrengalicia

Primeira mensaxe no foro/comunidade de persoas de Correr en Galicia no fediverso.

Esta é unha comunidade aberta, de acceso público para poder compartir coas nosas amizades. Sen publicidade, nin notificacións molestas, nin ducias de emails, ...

Ao igual que no antigo foro Correr En Galicia este lugar ten como obxectivo ser un punto de encontro grazas á natureza aberta e descentralizada das redes agrupadas no Fediverso



logotipo do antigo Correr en Galicia.

Como funciona esta comunidade?

Precisas unha conta no fediverso, preferiblemente nun servidor de Friendica, pero poderás interactuar coa maioría das ferramentas (comentar, responder, aportar, ...) con unha conta en calquera servidor do fediverso, sexa mastodon, pleroma, hubzilla,... incluso Diaspora*.

Este foro/comunidade só está ligado ao antigo foro Correr en Galicia polos vínculos de tantos anos alí creados polas persoas.

ESTE FORO NON PERTENCE A UNHA PERSOA. NIN DEPENDE DE UNHA PERSOA.

Este foro é un punto de encontro, a comunidade fórmana as persoas que participan dela e, de xeito libre, poderían establecer outro punto de encontro noutro lugar do fediverso sen máis que así decidilo. Ou simplemente decidir establecer outro tipo de grupos, como un clube, unha vila, ou de xeito persoal. A túa conta no fediverso é túa, non tes que depender da vontade dunha empresa ou persoa.

Non pretende substituír nin replicar o funcionamento do foro anterior, debido á diferente natureza da plataforma que utiliza. Aquí tamén podemos ter un Calendario, mensaxes máis directas,... explora tódalas ferramentas que proporciona friendica (o fediverso).



Aquí, no fediverso, os vínculos e relacións non dependen de unha única entidade central, se non que pola súa natureza descentralizada podemos participar desde o servidor que queiramos (incluso un propio!!).

O respecto entre as persoas é piar fundamental dunha comunidade sana. Nun foro tradicional correspondía á administración e moderación do foro velar polo respecto mutuo. Aquí, o deseño da plataforma federada permite poñer nas mans das persoas participantes o tipo de relacións que se establecen, a privacidade das publicacións, acalar contas, denunciar abusos, ... AQUÍ TES UN ARTIGO (en inglés) PARA COÑECER UN POUCO MELLOR CÓMO FUNCIONA FRIENDICA.

Experimenta!! Participa!! é o mellor xeito de aprender, non vas a romper nada XD

Comenta coas túas amizades acerca desta comunidade LIBRE de publicidade, con aplicacións móbiles dispoñibles, amplamente configurable ao teu xeito, con respecto polas persoas que a utilizan.

Como participar

As relacións son entre persoas, polo que a conta @correrengalicia@libranet.de actúa como foro para as persoas, que, se así o quixesen, poderían establecer a relación de xeito directo entre elas, sen necesidade de usar intermediarios, e sen facer partícipe a ninguén máis. Así, actuando de nexo, unha persoa que non segue a outra (que non son contactos) podería ver información da segunda lendo ao foro.

Para que as persoas que son contacto de @correrengalicia@libranet.de vexan directamente a túa mensaxe:

- Se tes unha conta nalgún servidor de Friendica, para publicar unha mensaxe visible para tódalas persoas do foro debes incluír na mensaxe a

@correrengalicia@libranet.de ou !correrengalicia@libranet.de

A mensaxe ten que ser pública.

atención ao signo "!".

Este é o xeito para iniciar unha conversa. Se estás respondendo entón serán visibles automáticamente nas respostas se a mensaxe inicial estaba marcada como pública.

- Se escribes desde outro tipo de lugar no fediverso (pleroma, diaspora, mastodon,...) entón tes que usar @correrengalicia@libranet.de


Se queres abrir un Diario de Adestramento

- fai unha primeira publicación pública co título que lle queiras dar
- cita a @correrengalicia@libranet.de
- publica posteriores entradas no teu diario respondendo ao fío da publicación (como nun foro).

podes escribir as entradas do blog de xeito independente unhas das outras e as túas seguidoras recibiran as entradas, pero se queres que se vexan a través de este foro (lembra: esto é un punto de encontro como outro calquera) deberás citarme dentro da mensaxe.

As mensaxes están ordenadas de xeito cronolóxico descendente, polo que as máis novas serán máis visibles. Non hai mensaxes patrocinadas Molón

Non deixes de ler os Consellos para novos membros e anímate a participar.

Establecer relacións

Aínda que nos ligue a afición a #correr, tódalas persoas corredoras somos mais que corredoras.

A túa conta no fediverso serve para relacionarte con todo tipo de ámbitos.

Hai varios xeitos de atopar persoas e temas de interese:

Utilizando as #etiquetas verás a xente que comenta sobre esos temas

Mirando quen segue e a quen seguen as túas relacións, se son públicas, quizás poidas atopar xente afín.

Do mesmo xeito se atopas alguén citado/a nunha conversa podes facer click no seu perfil para ver que temas soe comentar.

Existen proxectos que actúan como buscadores e directorios no fediverso. Entre eles:

Trunk: communitywiki.org/trunk un directorio de inclusión voluntaria onde hai unha lista de temas e persoas que comentan sobre eles. Navega polo directorio e atopa xente afín á que seguir/conectar.

Social Search: search.noc.social/ é un buscador.

Moitas instancias teñen un directorio público onde aparecen contas destacadas e contas recomendadas.

Exemplos:

en Pixelfed pixelfed.social/discov...ood?src=tr

outra de pixelfed

pixelfed.de/discover/tags/running

ou instancias Mastodon

mastodon.social/explore

mastodon.madrid/explore

Est.2008

Última edición por ghose o Mar, 27 Feb 2024, 5:53; editado 1 vez
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 25 Xuñ 2021, 15:14
Asunto: Re: Presentación Foro no Fediverso [Friendica]

De verdade que isto xa me supera, Ghose... Pérdome totalmente en medio de tanta información e tanta pasarela informática. Xa fixen unha conta en friendica, ou dúas ou tres. Logrei entrar ao foro, pero non logro unirme porque non valen os datos da conta que xa fixen ou non os sei meter, ou me acabo rexistrando novamente, e noin sei se me chega ou non a autorización

Cada quen está afeito ao que está afeito... Tanto o foro vello de CeG como outras cousas nas que andaba metida en grupos de Gabitos tiñan unha estética e uns esquemas similares. E de feito mirei en Gabitos por se alguén creara un curruncho CeG na diáspora. De ter existido, meteríame alí, por resultarme familiar e manexable.

Eu sigo intentando esta vía, pero estou a piques de tirar a toalla se non logro entrar desta... Supoño que para outros será súper sinxelo, pero eu xa estou un pouco obsoleta para según que cousas Triste Triste
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Ven, 03 Set 2021, 5:25
Asunto: Re: Presentación Foro no Fediverso [Friendica]

Subscrición a Calendario: libranet.de/cal/correr...xport/ical

Pódese "descargar", pero é máis útil "subscribirse" desde a túa aplicación de calendario (escritorio ou móbil) pois recibirás as actualizacións.

Est.2008
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 27 Feb 2024, 6:26
Asunto: Re: Conversa no Fediverso [editado}

grazas a Sam temos unha nova instancia no Fediverso para as persoas que nos gusta correr



Podes crear unha conta nese servidor para conectar co resto de persoas noutros servidores e así compartir do mesmo xeito que se fai en X ou en IG.


Claro está, é só unha nova proposta, en realidade podes abrir unha conta en calquera outro servidor e participar do mesmo xeito, como desde mastodon.gal Moi feliz

Crea a conta directamente desde a app oficial

Escanea o código QR, instala a app do teu sistema operativo, e crea a conta no sevidor que queiras. Non pide número de teléfono, nin nome real, nin dirección, nin nada (só email para xestionar a conta).

Nun minuto estarás dentro do fediverso!!



Estamos agardando por ti!
Angel

Est.2008





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos