Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 19 Mai 2021, 15:57
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Despois de estar o domingo e o luns dedicada a tarefas absolutamente sedentarias, onte tocou pasar ao extremo contrario:
De aperitivo, unhas catro horas de traballo hortícola intenso, primeiro subida á escaleira, podando a serrucho as pólas do nespereiro, e logo pasando a Viking de gasolina polo céspede e rematando as esquinas a man.
Eran xa as 20:30 cando sain trotando cara Chapela. Tratei de meter ritmo constante e axustar a respiración mediante o truco habitual de repetirme mentalmente algunha melodía. Desta volta pretendía ser o punteo machacón da sintonía de Batman... E vale, mentalmente ía movéndome e respirando con ese ritmo, pero as pobres pernas, despois das catro horas de traballo facían o que podían. Xuraría que o din todo en cada costa arriba, ao límite de caixa, e aínda así o ritmo medio foi 5:56.
Pero polo menos volvín coa satisfacción de ter saído, e de disfrutar das vistas da ría na tardiña.
E o máis importante : Hoxe o xeonllo esquerdo está perfectamente
Se cadra é o momento de probar a ver que tal sentan 3 saídas nunha semana...
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Dom, 23 Mai 2021, 18:59
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Bailar

Est.2008
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 23 Mai 2021, 21:11
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

ghose" escribió:
:\:D/

Grazas , Ghose .

Ao final si que lle din caña ao corpo esta semana:
O sábado tiven pola un novo Carmaentreno con Nair, 7,5 km moi esixentes, facendo unha versión reducida da 10 K de Teis (quen a correu algunha vez sabe do que falo). Ao chegar a casa dou me o unto de inspiración de deume por repasar os sebes, desta volta coa cortadora manual, así que unha boa ración de traballo de brazos. E pola andaina de 5 km (ida e volta ata a zona de Rosalía de Castro).
Hoxe domingo sobraban maniotas por todas partes, pero ainda así animemie a saír ás 10:30 en dirección a Chapela. Un pouco ao límite, pero fun quen de rematar en 51 minutos.

Así que, despois de non sei canto tempo, remato unha semana con 3 saídas , e uns 25 km percorridos . Todo un récord!

Esta semana farei máis descanso por se acaso, e a ver se son capaz de retomar as táboas de exercicios.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 06 Xuñ 2021, 22:13
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Mentras hai vida hai esperanza, decía o refrán.
Así que mentras non peche o chiringuito, por aquí seguiremos, deixando constancia do feito é por facer.
Rematan dúas semanas baixo mínimos outra vez. Unha saída na anterior, e dúas nesta.
Onte, Carma entreno a medias. Nair estaba prexudicada, e no noso circuíto a Chapela, decidiu botar pé a terra no alto da Encarnación e mandoume seguir soa.
Hoxe non logrei facer oco para saír ata as 19 horas, e aínda así os termómetros marcaban por riba de 25 graos. Así saíron de lentos.
Unha vez máis, fagome a promesa de facer táboas de exercicios esta semana.
Que o consiga xa é outra cousa
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 27 Xuñ 2021, 22:50
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

De contado pasan tres semanas.
Non moi diferentes das anteriores. Pouca táboa de exercicios, pouca carreira. O Garmin desconfigurado, pero dalgún xeito imos indo.
O destacable desta semana: A segunda dose de Astra Zeneca no Ifevi. O que serviu de pretexto para calzar as zapatillas e facer andaina semi urbana polas periferias viguesa. Un total de 18km nunha mañá, 9 á ida e 9 á volta, nunca pensei que estivese tan lonxe o Ifevi da favela. Todo a ritmo cómodo, dúas tandas de hora e media. Máis cansino foi facer cola no recinto (outra hora e media antes de recibir o pinchazo).
Se a iso lle sumamos a andaina do luns ata a rúa Zamora para, a revisión das plantillas, sae un total de 23km nesta, semana, mais un par de días de táboa de exercicios. Xunto co plus do sábado, de, sesión de podado a man durante días horas longas.
Agora que o mércores comezo o mes de vacacións, espero poder organizarme mellor e facer saídas de trote máis pautadas... En fin, por facer plans que non quede
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 02 Xul 2021, 22:14
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Semana do 28 de xuño ao 4 de xullo

Estreando vacacións e bos propósitos:

-Mércores fixen o primeiro trote. Podería ter tirado mellor se fose co estómago vacío. Pero desta vez fun despois de almorzar e os intestinos foro amolando seriamente nos últimos 3 km.
- Xoves tocaba andaina, pero finalmente estiven de poda manual con serra desbrozando os arredores da casa toda a mañá, e de compras polo barrio pola tarde, acumulando actividade de abondo.
- Venres, tan mazada do día anterior, non tiven ánimo de ir correr, pero a última hora da tarde fun facer andaina por Arnela, Ríos e a Oliveira, para compensar o embotamento do xeonllo esquerdo... Decididamente o de estar sentada ou facer según que movementos, segue se sentarlle ben.

Os obxectivos pendentes da semana serían :
- facer táboa de exercicios, especialmente abdominais hipopresivos , pois desde que deixei o ximnasio anda todo moi frouxo e a monte.
- Outra saída a Chapela ou equivalente de 8 a 9 km

Outros obxectivos conseguidos de momento:
- Facer o reto de pasos diarios (teño a media en 13.000 , e xa me parece abondo. Ghose debe andar ceibo polo monte ou gabeando paredes todo o día para conseguir esa media de 24000... e logo dín que é un "desafío para mortales")
- Poñer a bo recaudo nun documento de word o máis significativo do meu diario de CeG, por se algún día xa non podo volver a entrar... Freaky, xa sei que tí es máis optimista ao respecto, pero por si acaso

Curiosidades:
- O Garmin contabiliza os minutos de poda con cortadora mecánica como se fose actividade de correr ou camiñar sobre cinta, e admite as pedaladas na máquina de coser como pasos e actividade de estrés... En fín, ao final todo é deporte
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 04 Xul 2021, 20:16
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Soy optimista en lo de que aquí, de una forma u otra vamos a seguir. Las terapias hay que acabarlas y son caritas. Está bien que pilles los diarios viejos. Yo lo estuve pensando y paso. Que queden en la nube le da un toque etereo al tema.

Al menos, de momento nos vemos en Fediverso.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 04 Xul 2021, 21:11
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

freakyrunning escribió:
Soy optimista en lo de que aquí, de una forma u otra vamos a seguir. Las terapias hay que acabarlas y son caritas. Está bien que pilles los diarios viejos. Yo lo estuve pensando y paso. Que queden en la nube le da un toque etereo al tema.

Al menos, de momento nos vemos en Fediverso.

Que será, será, whatever will be, will be ... que cantaba a Doris Day. Xa veremos en que queda todo , Freaky. O caso é non perder o contacto, porque somos seres sociales, e polo plus de motivación que da.

Remate da semana:

Ao final o sábado cambiei as táboas de exercicios pos sesión de "leiragym", porque xa ven a colleita de moras e estaban todas cheas de herbas. Tamén quedaron os hipopresivos sen facer, pero polo menos dediquei un breve tempo a exercicios de reforzo da zona pélvica

Hoxe domingo, último trote da semana, lento, e con sensación de bochorno e humidade que non axudou moito:

Ao final o resumo destes días queda en en 17,8 km de carreira e aproximadamente 6,5 km de andaina. Así que queda conseguido o obxectivo das distancias.

Seguen quedando pendentes as táboas de exercicios. Como mañá toca sesión de fisio, seguro que me recorda o tema e me mete uns "cuadernillos de vacaciones Santillana" e unha amenaza de suspenso e reforzo de glúteos.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 11 Xul 2021, 21:10
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Semana do 5 ao 11 de xullo

O luns tocou pasar pola fisio. Por unha banda boas novas, xa que o piramidal e os xeonllos estaban ben, pero os glúteos moi cargados. Sesión intensa de masaxes e correntes, pero creo que vou ter que complementar con xeo ou algo asi
Martes saída a correr pola mañá. Inesperadamente pola tarde tiven que facer unhas xestións por Vigo adiante, e como me dou por volver a pe, rematei facendo máis de 30.000 pasos ese día. Unha brutalidade para min, pero calderilla barata no desafío de pasos deste mes. Din que é un desafío "para mortales" , pero as 14 persoas de cabeza deben ser parientes de Heracles.
Mércores basicamente leiragym e traballo doméstico.
Xóves Segundo trote da semana (sumando case 18 km co anterior). Os glúteos seguen a molestar, e a subida de temperatura tamén, asi que saiu un ritmo especialmente lento, de 5: 53


Venres : Recados polo centro de mañá e de tarde, sumando unha boa ración de andaina.
Sábado: Limpeza de portais pola mañá, e saída ata o Calvario pola tarde, que serviu para manter o ritmo de 20.000 pasos diarios
Domingo: Último trote da semana. E de guinda do pastel, paseo pola muralla de Lugo, como primeira etapa destes días de vacacións fora da facela.
Remata a semana con case 27 km de trote ( a ritmo de 5:50, niso non hai cambios) e un promedio de 15.000 a 20.000 pasos diarios. Para a miña sorpresa , esta tarde cando pasei os datos na páxina do Garmin , estaba no posto número 10 . Non é que teña maior importancia, pero teño que confesar que me sorprendeu, e tamén me fixo un chisco de ilusión, para que negalo.

O caso é que de aquí ao xoves andarei de xeoturismo por Ancares, e aínda que faremos rutas polo monte, haberá moito desprazamento en coche, e seguro que a media de pasos diarios baixará moito. Espero polo menos chegar aos 10.000 pasos de obxectivo .
Xa veremos ...
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 12 Xul 2021, 17:00
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Ya contarás de Ancares. ¿Cuiña o Miravales? En un futuro imposible me veo subiendo con la bicicleta hasta la campa de Tres Obispos.

Disfruta ese sitio.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 13 Xul 2021, 21:32
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

freakyrunning escribió:
Ya contarás de Ancares. ¿Cuiña o Miravales? En un futuro imposible me veo subiendo con la bicicleta hasta la campa de Tres Obispos.

Disfruta ese sitio.

De momento esta tarde subida a pe ata o Cuíña, chupando niebla polos catro costados, pero sen que iso impedise disfrutar.

Acordeime de ti cando nos paramos na cuneta a aplaudir e animar a un grupo de ciclistas da túa idade subindo pola estrada de Suarbol ao Porto de Ancares en bici
anpefi

Maratoniano
Maratoniano
5/02/11
100 Carreiras
1020 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 14 Xul 2021, 9:49
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:
Semana do 5 ao 11 de xullo

esta tarde cando pasei os datos na páxina do Garmin , estaba no posto número 10 .

Este desafío vai a acabar con nós Silbar
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 14 Xul 2021, 13:13
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Bravo Meiga. La última vez que estuve en Cuiña tuvimos encuentro con lobos, a 500 m. Fue un espectáculo. La subida es gradual, pero larguita.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 28 Xul 2021, 7:57
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Semanas do 12 ao 18, e do 19 ao 25 de xullo

Entre os días nos Ancares, as paradas en Lugo, e o volver a poñer en orde a vida doméstica á volta, este diario anda totalmente a monte.
Tamén andaban totalmente a monte os distintos minifundios da favela, polo que nestes máis de 15 días sen escribir houbo moito traballo do tren superior: Facer a limpeza quinquenal no fallado (esa especie de burato negro onde se retén por gravidade máis materia da que un pode imaxinar, e costa un mundo revertir o proceso) , desbrozar na viña dos kiwis que xa estaba a invadir a horta dos veciños, limpar de herbas e canas na zona do galiñeiro e tarefas similares.

Actividade propiamente atlética non houbo gran cousa. O descenso do Cuíña deixoume o xeonllo algo tocado, e decidín parar un pouco. En total só 3 saídas a trotar nesta última semana, e un só día de táboa de exercicios de reforzo. O que sí non faltaron foron as andainas urbanas. Onte, por exemplo, entre o trote a Chapela pola mañá mais os recados da tarde, saíron uns 17 km de desprazamento... Vida activa teño de abondo, aínda que no teña trebellos para medir, sei de certo que manteño a media de 13 a 15000 pasos diarios, pero teño que reconducir as rutinas .

No aspecto técnico-instrumental, dicir que o día 21 enviei o Garmin ao servizo técnico, como emigrante de hai un século saíndo para América do porto de Vigo, metido nunha caixiña en dirección a sabe Dios que sitio de Badalona, con moitas dúbidas sobre se o volvería a ver de volta e con saúde. Despois de ver a información contradictoria nas páxinas de seguimento, onte decidín chamar ao teléfono de atención ao cliente. E menos mal, o Garmin segue vivo e xa ven de camiño de volta.
De momento retornei ao Strava do móbil. Segue sen convencerme moito o de levalo na muñequera en plan Robocop, pero é o que toca de momento.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 09 Ago 2021, 21:17
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Semanas do 26 de xullo ao 8 de agosto

De contado pasan 15 días.
O Garmin xa está de volta, perfectamente reconfigurado.
O que non dou reiniciado é o habito de facer táboas de exercicios , só dúas nesta quincena, e para iso sen exercicios de pesas... Pero quen necesita facer pesas, con todo o que teño traballado o tren superior estes días! : podar sebes, arrincar herbas aos tomates, facer limpeza carretando ferralla e tellas vellas durante mañáns enteiras (cousas de ter espazo no xardín e garaxe, ter membros da familia con síndrome de Dióxenes, e a acción inevitable do segundo principio da termodinámica).
O que sí vai sendo estable é o rimto de 2 a 3 saídas semanais a correr, tandas de 9 km máis ou menos. A perna esquerda parece que resiste. Os ritmos igual de lentos ca sempre. Tanto se saio a pleno sol ao mediodía, como cedo pola mañá. Non hai máis fondo de momento.
A nivel mental non hai máis obxectivos que ir mantendo... Ben, sí hai un pequeno obxectivo: Facer os 10 km de Carnota pola miña conta a semana que ven.
E a moi longo prazo, unha especie de visión difusa, un amago de desexo: Esperar que se convoque a San Martiño, que haxa prazas de abondo, que a 8ª onda vírica non nos teña pasado por riba daquela, e poida estar alí, sen lesión, un ano máis... Buf, falando en agosto do mes de novembro, coma Caballero coas luces do Nadal, vaites, vaites...





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos