Mar, 22 Abr 2008, 14:46
Asunto: Re: Carrera/andaina/mountain bike en Montederramo
Nos, do Pato Blanco Celanova fomos 3 representantes (Manolito Todea, Vicente, e un servidor) choutar polas Serras de Montederramo.
Coma sempre, a miña valoración global da prova é positiva. E máis, despois de todo (saimos 15 minutos despois, por terse adiantado a saída), penso que foi a carreira máis singular que teño corrido:
1º.- Dura no comezo, con chuvia e frequiño.
2º.- Epica a partir do quilómetro catro, cando o vento empezou a turrar, e as ladeiras escarpadas dificultaban o avance.
3º.- Máxica a partir do quilómetro Dez. Correr pola neve, rodeado dos bidueiros foi unha das experiencias mais fermosas que teño vivido nunca. Uns tramos de falsos chans e costas, e votar baixar. Realmente fermoso. Estou seguro que nunca esquecerei esas imaxes.
4º.- Trepidante do quilómetro 16 ata a meta: onde descendemos ata Montederramo bastante á presa. Foi moi fermoso, ver como ao ir baixando de nivel ía transformándose a neve en agua nos camiños.
5º.- Reconfortante na meta. Unha das mellores duchas do ano no Albergue Municipal. Ao final 2 horas, 7 minutos moi divertidas e intensas. Desde o ¿confort? do cotidiano hoxe martes, non sei se o sábado corrín ou se soñei.
Moi fermoso todo na meta, sobre todo os bocadillos de chourizo da casa con pan fresquiño, o caldo, ....
Voltarei, seguro!!!