Sun, 11 Oct 2020, 19:34
Post subject: Re: 2020 Sofia Marathon
Gracias!
Pois todo isto foi así un pouco a última hora. Vendo o panorama, apareceu esta oportunidade case de casualidade. Estaba o domingo pasado falando cun amigo de a ver se algunha vez organizábamos unha viaxe a un maratón xuntos, e ese mesmo día vexo no blog de Brett Larner (japan running news) que Haruka Yamaguchi ( algo así como Kawauchi en femenino) vai participar, así que sorpréndome e miro a ver se vai celebrarse e aberto a todos (sen discriminacións por países, provincias ou idades... ) e efectivamente. E ademáis non ten pinta de cancelarse a un par de días, coma noutros... sitios...
Así que sabendo a actual locura de prezos de ryanair e de ofertas en hoteis (isto éche a ruina) miro e efectivamente hai posibilidade de ir. Algo de odisea, pero hai opción: Scq-stn, stn-ein, ein-sof... tido iso o venres (antonte).
Así, veño de facer tapering para a media de Usti, e volvo a poñerme a subir kilometraxe para un posible maratón que nunca chega... ata que chega, así que decido pasar de todo e facer unha semana normal, doblando e sen días de descanso, e tomar esta carreira como unha tirada longa e un pouco máis, pero a ritmo progresivo...
En fin, con tan pouca antelación incluso se acabou o prazo para inscricións online, así que inscribinme o sábado in situ.
Aquí en Bulgaria tampouco se leva bozal ao aire libre, non só as persoas, tampouco os cans polo que vin.
Nos comercios e espazos interiores si. Así que na expo (unha carpa mellor dito) si. Había inscrición para 3 distancias, a saber: 42, 21 e10. Este ano eliminaron o 3k por "masivo". E 4 postos (mal contados non, exactamente 4) con produtos dos sponsors.
Á zona de saída alí vou eu con mascarilla, por aquilo das aglomeracións e de vir desde España ben adoutrinado... pero en serio que me sinto tan raro de ser o único que a leva, que efectivamente vendo que non hai risco ningún nin aglomeración, que a quito e respiro!
Nadamáis chegar atópome con Haruka Yamaguchi, a atleta xaponesa da que falei antes, que veu precisamente coa muller de Brett Larner (MikaTokairin),que lle facía de manager/tradutora, e como a coñecera no maratón de tokyo 2017 na post race party pois fun saudalas e desexarlles Ganbare!!! ou Ganbatte kudasai!!! e sacarnos unha foto. Si, un selfie, sen medo e con contacto físico e con sorrisos.
Aver que máis cousas, perdón polo tocho pero estoume quedando durmido sinceramente, espero que vós non. Prometo que foi divertido vivilo, pero contalo escribindo é un coñazo! hahaha
Tamén había gardarroupa, expositores dos sponsors, esta vez moitos máis, e masaxistas e carpas para cambiarse.
Sen caixóns de saída. Colócome diante e volvo cubrirme a boca e nariz... e volvo ser o único. Quítoa a 1 minuto da saída. No maratón somos 400 e pico chegados acabo de ver...
O circuito é bastante plano, uns pequenos repeitos que suben e baixan. Pásase 2 veces porque é de 21k... No principio e final decadavolta hai adoquíns, preciosos para o turismo pero infernais para correr. Na segunda volta incluso creo que se moveron e endureceron coas pisadas porque por algunha estraña razón doían máis que na primeira... Esas partes pola contra son as únicas bonitas, pois o resto son case dúas super rectas tipo Dubai, de camiño ae aeroporto, por unha especie de autovía ou vías rápidas, anchísimas iso si, e que coa néboa e a situación incluso me levaron a pensar nalgún momento... isto está pasando?
O do avituallamento en fin... Prometían auga, isotónica e froita pero sorpresa, só había a primeira. Menos mal que levei xeles... pero tamén creo que foron os que me tumbaron nos últimos 5k... Porque a miña intención era correr precisamente sen ela. Saír moi moi tranquilo, vendo á elite feminina desde a distancia e ir achegándome paulatinamente a elas e despois ir con elas ata o final, polo de ir acompañado por unha vez. De modo que así fixen, e no km 5 ou 7 xunteime co grupo de 1 ucraniana e 4 keniatas. Fun con elas chupando cámara durante kms e kms, foise quedando 1, 2 e seguimos xuntos a ucraniana que gañou e a keniana que quedou segunda. Cando miraba o gps ía marcando máis ou menos entre 3:25 e 3:30, ata que no 37 abro un xel e de repente plasss vexo que me salpica como se fora efervescente, nunca tal me pasara, non sei se foi iso pero en breves noto un dolor tremendo no estómago, con flato e ganas de vomitar... así que xa as vexo escapasarse e perderse na lonxanía...
E nos últimos 5km perdín uns case que 4 minutos con elas.
Despois da carreira aproveitei para felicitar a Viktoriya Khapilina polavictoria e sacarme unhafotocon ela. Quería facelo con distancia e mascarilla pero ela mesma se riu de min cando preguntei, "estás de coña, botamos 30kms correndo xuntos, que sentido ten?" pois ningún, obvio.
O ambiente ao final é fabuloso, despexou a néboa, os do 21 e 10k tamén andan por aí, por desgracia acaparando os masaxistas... pero a alegría da xente e de ver os nenos que corretean libres compensa e certifica que foi unha viaxe que mereceu a pena.