Foros ›
Autor
Mensaxe
O_Esquio

Novo foreiro
Novo foreiro
21/04/14
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 28 Set 2020, 8:19
Asunto: Por un 2021 sen cotas federativas

Como é ben sabido por todas e todos, este ano 2020 por mor da COVID-19 foi un ano en branco en case todas as áreas sociais e tamén en canto a deportiva.

Unha inmensa maioria dos e das atletas galegos non puiemos facer uso dos servizos que ofrece a ficha federativa, pois entre confinamento, restriccións e as medidas ditaminadas para frenar a propagación do virus, a vida deportiva mermou considerablemente cancelandose todo tipo de probas, incluso ás oficiais organizadas pola FGA. Polo tanto a federación tivo un importante aforro na organización destas e os seguros estiveron sen validez durante os dous meses que durou o confinamento.

Con un futuro bastante incerto e un calendario 2021 totalmente parado e sen trazas de mellorar con respecto a este 2020 instamos á federación a que reinvirta os cartos aforrados en aumentar o periodo de validez da ficha federativa deste ano 2020.

Asina a petición :::> chng.it/zJGBrvQKtv



brion-peticion-cotas.jpg
Descrición: Por un 2021 sen cotas federativas.
Visto: 4987 veces
brion-peticion-cotas.jpg

memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
940 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mar, 29 Set 2020, 6:35
Asunto: Re: Por un 2021 sen cotas federativas

¿As aseguradoras dos vosos coches devolvéronvos o importe proporcional dos dous meses de confinamento por non poder circular con eles?
O_Esquio

Novo foreiro
Novo foreiro
21/04/14
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 29 Set 2020, 8:12
Asunto: Re: Por un 2021 sen cotas federativas

En efecto, moitas das compañías xa están tomando medidas con respecto ao tema que plantexas:

- www.mapfre.es/seguros/...-pymes.pdf
- www.mutua.es/coronavirus/

De todos xeitos non queremos entrar en polémicas nin que se nos malinterprete... as e os asinantes o único que esiximos, e que nos parece xusto, e que se tomen medidas de cara a posible merma de atletas federados na próxima tempada 2021. Non credes que co tema dos EREs, despidos e este futuro tan incerto en canto ao calendario de carreiras, se a FGA non toma medidas de continxencia a porcentaxe de persoas que abandonen a práctica do deporte federado aumentará considerablemente?, e volver a recuperar "eses abandonos" vai costar moitos, moitos anos. Tantos como costou "acostumbrar" á xente a que para facer atletismo de maneira mais segura e profesionalizada a mellor opción era facer ficha federativa.

Non cremos que estemos pedindo nada que a FGA non poida afrontar. Levamos anos pagando altisimas cantidades en fichas e moitos de nos nunca tivemos que botar man, por sorte, do seguro. É hora de que a FGA mire polas persoas que levan anos federandose tempada a tempada e bote unha man nestes momentos tan dificiles para todos/as.
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1305 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mar, 29 Set 2020, 9:46
Asunto: Re: Por un 2021 sen cotas federativas

Eu penso que será o contrario, tal como está o panorama xusto a día de hoxe, a demanda para tramitar licencias será máior. Pensando

Se a federación non cobra os importes das licencias para a próxima tempada será imposible competir.
Este ano con todo o vivido, tivemos unha chea de campionatos de tódalas categorías, a media de coruña, os campionatos de campo a través, todos os de pista e os que aínda faltan... falar dunha reducción do importe podo velo lóxico, eliminar completamente a cuota non o vexo nin factible nin xusto.

www.youtube.com/channe...subscriber
O_Esquio

Novo foreiro
Novo foreiro
21/04/14
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 29 Set 2020, 11:22
Asunto: Re: Por un 2021 sen cotas federativas

"Eu penso que será o contrario, tal como está o panorama xusto a día de hoxe, a demanda para tramitar licencias será máior. "

O certo é que non compartimos para nada esta afirmación, e velaí expoñemos os nosos argumentos... as persoas que estamos actualmente en situación de ERTE, recibimos o 70% da base reguladora do noso soldo ata o sexto mes, a partir do septimo mes o 50% desa mesma base. Podes botar facilmente as contas para unha persoa traballadora que cobra entre 800 ou 1000€. Mirando que nos datos do INEM do mes de xuño (mes bó para o traballo, pois o verán incentiva o gasto) mais de 400.000 persoas en Galicia estaban no paro ou en situación de ERTE, cando chegue decembro para renovar as fichas e o paro aumente e os ERTEs ou acaben ou esteán ao 50%, xa veremos "tal e como vai estar o panorama" como será a incidencia nos federados. Basicamente, federarse convertirase en cousa de ricos.

As federacións deportivas, e non só falamos da FGA senon de todas, están para promocionar o deporte e promocionar que as persoas realicen deporte. Eso é o único que se pide con esta iniciativa, que en tempos tan malos como os que estamos vivindo a federación apoie as persoas que queremos federarnos, porque do contario moitas de nos optaremos por seguir facendo deporte de maneira amateur contratando un seguro privado, que por outra banda sale bastante mais barato.

Non creo que estemos pedindo nada inasumible pola FGA pois esta recibe numerosas subvencións, cousa que moitos clubes este ano tivemos que renunciar a elas por non poder realizar a actividade normal do club e non poder xustificalas.

Non estamos totalmente dacordo en que calquera autonomo, calquera xerente dun local de hostalaría ou do ocio nocturno pida axudas por non poder asumir os gastos que supón manter as súas empresas?
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
940 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mar, 29 Set 2020, 13:41
Asunto: Re: Por un 2021 sen cotas federativas

O_Esquio escribió:
[i]
Non estamos totalmente dacordo en que calquera autonomo, calquera xerente dun local de hostalaría ou do ocio nocturno pida axudas por non poder asumir os gastos que supón manter as súas empresas?

Comparar esa xente cun corredor amateur que paga 67€/ano por unha licenza federativa... home... non sei eu se será comparable. Pensando

Se aínda falaras de apoiar, especialmente nestes momentos, a un clube con escola de nenos ou algo así que está soportando gastos xa de por sí difíciles de soportar... pois vale.
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1015 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 30 Set 2020, 6:17
Asunto: Re: Por un 2021 sen cotas federativas

Boas, quizaís un primeiro paso sería eximir os clubes de pagar a cuota anual do 2021.
Pero o que sí vexo lóxico e que a xente que faí trail/montaña continue a pagar a licencia, maís que nada polo seguro xa moit@s entrenamos por zonas onde haí unha alta probabilidade de sufrir unha lesión.
Un seguro.
O_Esquio

Novo foreiro
Novo foreiro
21/04/14
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 30 Set 2020, 6:23
Asunto: Re: Por un 2021 sen cotas federativas

Comparar esa xente cun corredor amateur que paga 67€/ano por unha licenza federativa... home... non sei eu se será comparable. Pensando

O problema é que eses autonomos que pedimos axudas para manter as nosas empresas somos as mesmas persoas que pagamos 67€/ano pola ficha federativa. Non ten sentido que esteamos pedindo axudas só en unha única dirección.

Tal e como dí Rufino, un primeiro avance sería eximir aos clubes de pagar a súa ficha federativa... pero que a FGA asuma parte, ou toda, a cota 2021 dos atletas que levamos anos federandonos tampouco sería nada desorbitado.

www.elcorreogallego.es...-NK4783186
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1447 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 30 Set 2020, 17:18
Asunto: Re: Por un 2021 sen cotas federativas

mac-ray escribió:

Este ano con todo o vivido, tivemos unha chea de campionatos de tódalas categorías, a media de coruña, os campionatos de campo a través, todos os de pista e os que aínda faltan... falar dunha reducción do importe podo velo lóxico, eliminar completamente a cuota non o vexo nin factible nin xusto.
igual e por ignorancia, pero que ten que ver a media da coruña.? Este ano que eu sepa non se celebrou ningun campeonato de ruta. Nin milla, nin 5km, nin 10km..., por non decir o maraton...
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1305 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 30 Set 2020, 17:51
Asunto: Re: Por un 2021 sen cotas federativas

papero escribió:
mac-ray escribió:

Este ano con todo o vivido, tivemos unha chea de campionatos de tódalas categorías, a media de coruña, os campionatos de campo a través, todos os de pista e os que aínda faltan... falar dunha reducción do importe podo velo lóxico, eliminar completamente a cuota non o vexo nin factible nin xusto.
igual e por ignorancia, pero que ten que ver a media da coruña.? Este ano que eu sepa non se celebrou ningun campeonato de ruta. Nin milla, nin 5km, nin 10km..., por non decir o maraton...

Que a organiza a federación, eu debe de ser que veño de practicar outros deportes donde pagabamos infinitamente máis de licencias por moitos menos sevicios e igual estou mal acostumado, pero este ano xa estiven en controis, campionatos varios, trails, probas populares etc...

Obviamente paréceme fantástico que a federación tivera capacidade para poder facerse cargo de unha rebaixa importante das cuotas, ou a totalidade, pero hai que ver e coñecer a realidade de como son e funcionan as cousas, persoamente dende o noso club pedimos directamente á federación un ha rebaixa no importe das licencias para os cativos que se queiran dar de alta neste último trimestre, e a petición foi aceptada, tras coñecer a situación actual da federación, persoalmente entendo que non é viable que asuman os importes das licencias de adultos, sen máis, como ben dicían por ahí arriba, quen non queira pagar 67 euros por 12 meses de licencia, pode participar gratis nunha chea de probas nas que estará asegurado polo propio seguro das probas, cuestión de prioridades, todas ben respetables sen dúbida algunha.
E persoalmente penso que tan importante é coidar a base como os adultos que tamén merecemos facilidades para realizar deportes en todolos sentidos, instalacións, medios, axudas etc...

www.youtube.com/channe...subscriber
Craseski

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
5/10/14
0 Carreiras
178 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 30 Set 2020, 18:19
Asunto: Re: Por un 2021 sen cotas federativas

En el caso de alcanzar la cifra valdrá para algo?

Voy a hacer otra suposición en Enero cuando cambiemos de temporada ¿Por que motivos deberíamos federarnos?
Santacompanha

Novo foreiro
Novo foreiro
25/10/17
17 Carreiras
21 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 01 Out 2020, 10:41
Asunto: Re: Por un 2021 sen cotas federativas

Se non tes outro seguro privado serve para evitar que te chegue a factura da Seguridade Social en caso de lesión.
JacoboDC

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/06/13
65 Carreiras
704 Mensaxes
Teo
Respostar citando Envío Xov, 01 Out 2020, 10:44
Asunto: Re: Por un 2021 sen cotas federativas

mac-ray escribió:

Este ano con todo o vivido, tivemos unha chea de campionatos de tódalas categorías, a media de coruña, os campionatos de campo a través, todos os de pista e os que aínda faltan... falar dunha reducción do importe podo velo lóxico, eliminar completamente a cuota non o vexo nin factible nin xusto.

Nada fai prever que a situación para 2021 vaia ser distinta á que estamos a vivir agora. O Covid non vai rematar o 31 de Decembro e o 1 de Xaneiro vai ser todo igual. Ata que punto pode xustificar a federación cobrar as licencias únicamente apoiándose en que fixo probas en pista? Cantos federados corren en pista? E eu ainda diría máis, co actual panorama, que sentido lle ve unha persoa a federarse hoxe en día?
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1305 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Xov, 01 Out 2020, 11:39
Asunto: Re: Por un 2021 sen cotas federativas

Jacobo, eu penso que esto non ten moito debate porque as cifras obviamente ahí están, tivemos carreiras populares de todo tipo ata marzo, campionatos non solo en pista, porque tivemos varios campionatos de Campo a través tamén, eu falo no meu caso, neste 2020 con todo o desastre que tivemos puiden competir en máis de 20 probas, e nestes momentos seguimos a facelo, de xeito autonómico e nacional, o que suceda no 2021 penso que é unha incógnita para todos, polo tanto, eu penso que sería máis factible solicitar unha reducción da cuota deste 2020 por exemplo por non poder ter competido en campionatos en ruta, que solicitar un 2021 exento, no que non sabemos que vai suceder pero a día de hoxe cada vez podemos ir competindo máis.

Ollo, eu apoio ao 1000x1000 que tiveramos axudas a tope, que a federación tivera unha gran axuda do goberno, de europa, concellos ou quen toque para que a licencia fora gratuita, e sobre todo as dos cativos, pero sendo realistas e sobre todo coñecendo como están as cosuas e como levan estado nos últimos anos... imos ter sentido e pedir cousas coherentes que deixamos pasar, como non ter instalacións axeitadas para este deporte con semellante número de licencias, pero ahí sempre costa poñerse de acordo para pedir nada e van pasando os anos...e seguimos vendo como centos de miles siguen a fluir para campos de fútbol ( benvidos sexan por certo ).

Supoño que a petición debería ir dirixida a secretaria xeral para o deporte por exemplo.

E por outro lado obviamente está a liberdade de non federarse, se cando vas correndo te lesionas, estás cuberto con ou sen licencia, e de ser nunha proba deportiva, con ou sen licencia a proba ten seguro.

Claramente en Galicia existen moitos máis corredores sen federar que federados.

www.youtube.com/channe...subscriber
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1447 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 01 Out 2020, 21:34
Asunto: Re: Por un 2021 sen cotas federativas

As licencias dos rapaces subiron bastante no ano 2020 con respecto o ano 2019. En todo o 2020 para categorias de sub 16 para abaixo non houbo competicions o aire libre. Ahora como se xustifica esa subida... Que prezo van a poñer para o 2021.
Por outra banda os rapaces que estaban mutualizados polo Xogade, en 2021 como vai ser...





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos