Foros ›
Usti nad Labem Half Marathon
Forum Index / Carreiras fóra de Galicia
Reply to topic

Author
Message
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
13 Carreiras
347 Posts
All Over The World
Reply with quote Post Mon, 21 Sep 2020, 12:21
Post subject: Usti nad Labem Half Marathon

Ola de novo!

O pasado sábado participei nesta media en Usti nad Labem, unha pequena cidade ao norte da República Checa, a unha hora e cuarto en tren de Praga.

Noutros países xa están retomando as carreiras, demostrando ao mundo que se pode practicar deporte ao aire libre de maneira segura e organizar eventos sociais sen ter que seguir recurrindo a esa cousa rara das Virtual Runs...

Este medio maratón é xa de participación mediana, en torno a 1.500 inscritos pero non sei cantos chegados a meta finalmente. Ademáis había carreira familiar o mesmo sábado ás 11 da mañá e incluso competición para handbikes e vehículos adaptados antes da media, que empezaría ás 3 da tarde...

Dividíronnos en 2 saídas, primeiro os caixóns A B C, e uns minutis máis tarde D ata H.

A entrega de dorsais xa comezou o mércores en Praga, supoño que para evitar que viñeran moitos da capital recollelo o día da carreira, por iso das aglomeracións. Dábanos na "Running Expo", que en realidade non era tal, esa estaría na zona de saída na praza principal, cuns cantos postos de roupa e dos patrocinadores.

Ah, previamente xa publicaran un mapa co percorrido que seguir (recomendado, porque os checos son bastante relaxados e cada un ía por onde sabía).

Eu cheguei en tren o sábado desde Praga (víanse algúns corredores pero poucos, que se apreciaban obviamente polo calzado e aspecto... chanante? )
Seguín o camiño marcado ata a casa da cultura, xel na entrada, entrada e saídas por diferentes sitios e poñer a máscara ao entrar, respetar a distancia social (vamos, "non pegarse á persoa que tes diante" de toda a vida e listo). En menos de 3 minutos dorsal recollido, todo moi fluido e seguro.

Despois hai dúas zonas técnicas, unha para cada saída, onde nos medían a temperatura (o primeiro sitio onde mo fixeron en toda a viaxe, e iso que estiven en 3 aeroportos... ), e dentro hai baños portables, gardarroupa e carpa masculina e feminina.

Non abriron os caixóns ata 15 ou 10 minutos antes, onde temos que poñer a máscara ata a saída. Eu gardeina ao empezar a conta atrás de 10 segundos e non vin que ninguén a tirara ao chan nin cochadas desas... No caixón A saín eu, sen apelotonatrse nin nada, xusto atrás da elite que só eran uns 12 homes e 12 mulleres.

No percorrido obviamente si había avituallamentos, que non por ser seguros imos morrer de deshidratación... Kms 5, 10, 15 e 20 auga e gatorade en vasos de cartón, pero recollíamolos nós, non nolos daban en man os voluntarios, que eles si levaban guantes e mascarilla. O público non levaban e incluso algún neno pedía o típico de chocar a man, sen paranoias

Na chegada a meta dábanche botella de auga con gas grande e dentro dunha bolsa de plástico un plátano e algunha varrita creo pero eu despisteime e non a collín así que non sei exactamente. E as medallas os nenos que as repartían téñennas nos brazos estirados e "arrancámosllas" os corredores.

Non había duchas pero xa o anunciaran antes por seguridade. (Por se vos preguntades se volvín suado en tren a Praga, pois non, levei toalliñas e sequeime con toalla e listo)

Quedou demostrado que os de RunCzech saben organizar eventos (xa con non haber erros nas inscricións nin historias raras dou grazas Evil or Very Mad ) e demostraron que se poden levar a cabo de maneira segura, con restriccións e medidas por suposto, pero que sexan con sentido común e non tan restrictivas que sexa imposible...

Como di o slogan de RunCzech, "All Runners Are Beautiful", pois Running is Beautiful... e posible, e necesario, e sano, etc.

E no que respecta ao tema meramente deportivo... Non podo obviar esa parte? É que saíu tan mal... hahaha
Veña bah, postos a contar a experiencia hai que ir con todo, que correr unha media nunca é algo vergonzoso, non? Iso sabémolo ata "os que levamos pouco tempo nisto e partimos con desvantaxe... " Wink

Despois de levar todo o verán entrenando moi ben e estando tan ben de forma tiña ganas de aproveitar a ocasión e como aquí está e estará todo paralizado busquei onde poder correr, por iso foi o motivo da escapada á rep.checa. A media de Coruña fixeráa en 1:09:53 pero con vento moi forte e incluso algo de flato en torno ao km 12, e estes meses os ritmos en entrenamentos demostraban incluso un mellor estado de forma, así que 1:06-07 debería ser factible en condicións normais, pero fixo un sol tremendo e 24°... Incluso a humidade era de 25%, o que daba esa sensación de boca seca continua, e tamén indicaban que a calidade do aire era "pobre" así que debín saír con calma e sentido común pero a emoción de volver a unha competición puidome, e os 4 primeiros kms si fun a ritmo, e despois o pelotazo foi tremendo, con esa sensación de calor abafante, despois acabando en 1:12:23, posto 11 na xeral. A ver se poño link cos resultados pero o vencedor fixo 1:04 e a vencedora 1:13 así que as marcas xa vedes que se viron afectadas. Eu non era capaz de aliviar o calor e con esa boca seca sentía sede continuamente, así que nos avituallamentos afloxaba o ritmo para que me dera tempo a coller uns 3 vasos e beber ou tiralos por enriba da cabeza, hahaha. Pero basta de chorar e excusas, hai que estar contento por disfrutar de novo de experiencias así.

Un saúdo a todos, ánimo e paciencia!

P.D. Publicaron fotos chulas no Flickr, Insta, FB de RunCzech, para que vexades o bo ambiente que se respirou...
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
3897 Posts

Reply with quote Post Mon, 21 Sep 2020, 18:06
Post subject: Re: Usti nad Labem Half Marathon

Muy interesante, gracias por compartir.

Entiendo que habiendo hecho 1:09 en Coruña, pues 1:12 te parezca decepcionante, pero para los corredores mortales es una marcaza. Supongo que también influye la falta de "ritmo de competición", a mí me pasó un poco lo mismo. Aunque estemos entrenando bien, no competir, no tener esas carreras que nos hacen ir dándolo todo, puede que haga que nos falte ese puntito necesario en la competición.

En Dinamarca tenemos carreras, pero pocas, y pequeñas, siempre con límite de plazas. Las que son un poco grandes, todas canceladas.
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
444 Carreiras
5671 Posts
CdA, Tomiño
Reply with quote Post Mon, 21 Sep 2020, 18:43
Post subject: Re: Usti nad Labem Half Marathon

Por un momento pensé por el título que era uno de esos mensajes raros de spam. Y después por el autor creí que era un ectoplasma manifestándose (pacíficamente). Simón, desde que nos hicieron la puñeta de Boston no sabía de ti.

Gracias por informar y enhorabuena.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
13 Carreiras
347 Posts
All Over The World
Reply with quote Post Tue, 22 Sep 2020, 13:15
Post subject: Re: Usti nad Labem Half Marathon

corredor101 escribió:
Muy interesante, gracias por compartir.

Entiendo que habiendo hecho 1:09 en Coruña, pues 1:12 te parezca decepcionante, pero para los corredores mortales es una marcaza. Supongo que también influye la falta de "ritmo de competición", a mí me pasó un poco lo mismo. Aunque estemos entrenando bien, no competir, no tener esas carreras que nos hacen ir dándolo todo, puede que haga que nos falte ese puntito necesario en la competición.

En Dinamarca tenemos carreras, pero pocas, y pequeñas, siempre con límite de plazas. Las que son un poco grandes, todas canceladas.

De nada, gracias a ti por responder e os ánimos!

O das marcas intento velo como algo relativo, se Kipchoge cre que está para 2:01, sae a ritmo e vai a menos, a menos, a menos e acaba en 2:05 pois será un resultado lamentablepara el. Se John Doe cre que batirá 4:00, sae a ritmo e acaba en 4:15 supoño que estará desolado...

Pero como ben dis falta ese hábito de competir, e todo foi decidido a ultimísima hora, así é complicado...

Que haxa carreiras pequenas xa é un triunfo e demostra que se dá importancia ao deporte e non se pretende paralizar a vida enteira...
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
13 Carreiras
347 Posts
All Over The World
Reply with quote Post Tue, 22 Sep 2020, 13:23
Post subject: Re: Usti nad Labem Half Marathon

DoctorSlump escribió:
Por un momento pensé por el título que era uno de esos mensajes raros de spam. Y después por el autor creí que era un ectoplasma manifestándose (pacíficamente). Simón, desde que nos hicieron la puñeta de Boston no sabía de ti.

Gracias por informar y enhorabuena.

Very Happy O nome da cidade é complicado, si, como o circuito da carreira!

Agora que me dou conta, no tema de Boston dixen "Vémonos en setembro" e parece que se cumpliu, pero non como eu quería claro...acaba

Digamos que decidín pasar o confinamento como unha personaxe de Murakami, dentro dun pozo (LITERAL, como está de moda dicir) e esperar a que isto acabara.. pero non acaba! Sad
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
444 Carreiras
5671 Posts
CdA, Tomiño
Reply with quote Post Tue, 22 Sep 2020, 14:31
Post subject: Re: Usti nad Labem Half Marathon

Acabando "La muerte del comendador" estoy.

¿Tuviste que hacer un PCR para entrar en Chequia? Le he echado un vistazo al calendario y Olomouc es el 11, pero entre volar a Praga y llegar a la ciudad casi se va todo el fin de semana largo.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
13 Carreiras
347 Posts
All Over The World
Reply with quote Post Wed, 23 Sep 2020, 12:29
Post subject: Re: Usti nad Labem Half Marathon

Nature Run en Liberec o 4 de outubro...
Media de Olomouc o 11 de outubro...
Media de Karlovy Vary o 24 de outubro...
e Media de Cezke Budejovice o 31 de outubro...

Será por carreiras! Entre iso e ver que ao correr por Usti os nenos queren chocarche a man, e en Praga a xente non se aparta se vas correndo pola mesma beirarrúa, ambos sen mascarilla, e todos os corredores te saudan e sorrín... apetecía moito quedarse unha temporada por Chequia...

Agora volvo aquí e a xente segue con esas miradas de "aí vai o corredor insolidario este outra vez", e recolocarse e axustarse a mascarilla incluso cando vou polo arcén de enfrente con paseo de por medio, é dicir a máis de 10 metros de distancia lateral! (Noraboa mass media+Amazon+industria farmacéutica, conseguístelo, tedes a todo o mundo con medo e desinformados) Evil or Very Mad

Sobre o imposto revolucionario ineficaz ese (a.k.a. Test PCR)... xa che conto por WhatsApp
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
13 Carreiras
347 Posts
All Over The World
Reply with quote Post Wed, 23 Sep 2020, 12:35
Post subject: Re: Usti nad Labem Half Marathon

Por certo, finalmente 1218 finishers no medio maratón
+ 36 x 4 = 144 no medio maratón por relevos
+ 68 x 2 = 136 no relevo 10+11k
e os handbikes e a family run, pasaron dos 2000 participantes.


Rama

Foreiro Senior
Foreiro Senior
18/08/09
0 Carreiras
662 Posts
Ponteareas
Reply with quote Post Wed, 23 Sep 2020, 21:06
Post subject: Re: Usti nad Labem Half Marathon

Ola:

Noraboa por participar e facernos partícipes da túa nova experiencia Simón.

Grazas e saú2 desde Ponteareas

Rama
ghose

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/01/20
0 Carreiras
252 Posts
Galiza
Reply with quote Post Thu, 24 Sep 2020, 8:35
Post subject: Re: Usti nad Labem Half Marathon

Simom escribió:

Agora volvo aquí e a xente segue con esas miradas de "aí vai o corredor insolidario este outra vez", e recolocarse e axustarse a mascarilla incluso cando vou polo arcén de enfrente con paseo de por medio,

Twisted Evil



esas miradas... Rolling Eyes , quen máis quen menos todas imos facendo eses para esquivar na xente, frenando para non coincidir con grupos... pero nin con esas.


Mr. Green certo que deben ser parecidas ás miñas miradas a esa xente a grito pelao na terrazas, debatindo amigablemente, un ó carón doutro, sen máscara Avergonzado

Est.2008 Do Sofá ó 5K
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
13 Carreiras
347 Posts
All Over The World
Reply with quote Post Thu, 24 Sep 2020, 16:04
Post subject: Re: Usti nad Labem Half Marathon

Rama escribió:
Ola:

Noraboa por participar e facernos partícipes da túa nova experiencia Simón.

Grazas e saú2 desde Ponteareas

Rama

Grazas Rama!
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
13 Carreiras
347 Posts
All Over The World
Reply with quote Post Thu, 24 Sep 2020, 16:14
Post subject: Re: Usti nad Labem Half Marathon

ghose escribió:


Twisted Evil



esas miradas... Rolling Eyes , quen máis quen menos todas imos facendo eses para esquivar na xente, frenando para non coincidir con grupos... pero nin con esas.


Mr. Green certo que deben ser parecidas ás miñas miradas a esa xente a grito pelao na terrazas, debatindo amigablemente, un ó carón doutro, sen máscara Avergonzado

Imaxínate as miradas que deberíamos botarlle TODOS os colectivos, "deportistas ao aire libre", "terraceiros", "paseadores de cans", etc. aos Pundits ou comentadores de turno nos platós de TV (lugares pechados con calor producida por focos) que son os primeiros que insisten en que precisamente levemos en todo momento o dichoso bozal. Eles argumentarán que están respetando a distancia social... Pero mais a respetamos nós por fóra, e non fai falla ser doutor en epidemioloxía para entender onde hai máis risco. Noutros países, como ven vedes, enténdeno!

En fin, hai que reconducir o fío e volver falar da media de Usti! A ver, que máis podería comentar? Pensando

Por pasar de polémica a polémica... Por que se tanta vantaxe das as Nike Alphafly e Vaporfly, todos os corredores to Top 10 que levaban algún deste modelo fixeron peor marca que o seu Personal Best? Wink
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
444 Carreiras
5671 Posts
CdA, Tomiño
Reply with quote Post Fri, 02 Oct 2020, 17:19
Post subject: Re: Usti nad Labem Half Marathon

He visto el vídeo de la salida.

www.youtube.com/v/ELeQ7aRJaeU

Una carrera de verdad. Enhorabuena de nuevo.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
3622 Posts
Santiago
Reply with quote Post Fri, 02 Oct 2020, 20:56
Post subject: Re: Usti nad Labem Half Marathon

Gracias por la crónica y enhorabuena, menudos tiempos nos gastamos por aquí.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum