Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 20 Set 2020, 14:33
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

ghose escribió:
. "Non fai falta acadar a meta, se non desfrutar do camiño" (toma haiku!!)

Tomo nota Ghose, sabías palabras, moi parecidas ás de Kavafis falando de Itaca.
Grazas polos ánimos, e facendo como ti dis, o da valoración da progresión, imos celebrar que é domingo, e que despois de dous días de "leira gim" e sen facer táboas de reforzo, por fin fixen un saída "en serio", polo circuito habitual subindo e baixando A Guía.

Logrei rematalo en 43 minutos, cando no mes de maio, aínda en plena desescalada, facíao en 53 minutos e con molestias na perna.
Bonito final para esta semana Moi feliz
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Lun, 21 Set 2020, 9:20
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:
moi parecidas ás de Kavafis falando de Itaca.

Abraiado non coñecía o poema! Avergonzado é un sentimento compartido con grandes implicacións filosóficas e/ou psicolóxicas que, na miña opinión, confronta totalmente a toda a imaxinería runer actual.

GRAZAS por referilo! Marabilla!

Atopeino traducido en varios lugares, pero deixo aquí para quen desexe coñecer o orixinal cun par de traducións (ó portugués, pero perfectamente intelexibles para as galegas)

en español

e unha ó inglés, máis pobre na miña opiinión


Poño varias ligazóns porque nesto das traducións do grego (que eu non sei) pasa un pouco como as do xaponés ou linguas orientais, con culturas totamente diferentes. Hai unha palabra en xaponés, que non lembro, que ela sóla fai referencia "ó sentimento, breve e
e intenso, que te abruma ante a beleza das cousas efémeras". Un síndrome de Stendhal oriental ou así, pero ter unha palabra para "eso" xa di moito sobre quen a precisa.

Est.2008
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Lun, 21 Set 2020, 9:37
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Las primeras líneas del poema las había puesto en el gatuno cuando estuve en Ítaca en 2018. Este año anulé (léase perdí el dinero) el viaje a Grecia por las medidas restrictivas que estaban (im)poniendo; otros no vuelan si no se sienten totalmente seguros, pero yo, al contrario, no vuelo si no me siento totalmente libre.

Lo más curioso del idioma griego para un español es que los acentos son exactamente iguales. Es algo asombroso. Si escuchas conversaciones por la calle crees por la entonación que están hablando en castellano. Y con cuatro o cinco frases que te aprendas pasas por griego en los locales. Kalispéra, to logariasmó sas parakaló, efjaristó.

Siguiendo con las cancelaciones de este año, la palabra japonesa que buscabas es aware (mono no aware), pero eso ya me lo sopló google. El griego fue de memoria.

Perdón, Meiga.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Lun, 21 Set 2020, 9:54
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

gracias!

Est.2008
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 28 Set 2020, 18:54
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Semana 3 do plan renove. Resumo a posteriori:

Xa que estamos no país de maquillar as estadísticas para levar a auga ó rego de cada un, non vou ser eu menos.

Así que as xestións peoniles do luns e do mércores, feitas a ritmo intenso, vounas contar como saídas, e sumadas á clásica dos, domingos pola mañá pola Guía, dan as 3 saídas programadas, e un total de 3+3+5,6 km. A un ritmo forte, intermedio entre a marcha e o trote cocinero, creo que se viñese un xuíz deses habería de dicir que non é marcha e me pasaría por diante a foto cos dous pés no aire.
Para sacar un aprobado na semana tería que ter feito catro días de táboa completa de exercicios, pero só fun quen de facer dous... Isto de estar xa incorporada de todo á xornada laboral, e ter que entrar varios días ás 8 da mañá deixame moi tirada e sen ganas.
Por completar o informe, dicir que pasei pola físio o mércores, que non para de dicir o ben que me ve, e que non teña medo de darlle caña ao xeonllo esquerdo.
Pero ata que non estabilice o ritmo de exercicios e saídas neste mes, non vou trotar. Mellor ir a modo...
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 05 Out 2020, 23:21
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Semana 4 do plan renove:
Unha vez máis toca resumo a posteriori.
Luns día 28 pola tarde, 6,5 km en circuito peonil Balbarda, García Barbon, Urzaiz, Travesía de Vigo, cargando no último km cun paquete de 10 kg ( se me ve a físio mándame á esquina de pensar)
Martes mércores e xoves non houbo xeito de conciliar, nin tampouco moitas ganas, despois do atracón do luns
O venres día 2, paseo forzoso pola mañá, por tema laboral, de aproximadamente 5 km. Pola noite, volvendo do centro fíxoseme tarde. Seguindo ca miña teima post Covid de non coller o bus, tiven que acelerar o paso para poder chegar a casa puntual... E tanto acelerei que acabei por ir trotando, sen prisa pero sen pausa, desde a zona de Isaac Peral ata a Balbarda. Uns 20 minutos.
O sábado non notei consecuencias na perna esquerda
Así que o domingo 4 levanteime decidida a "saír do armario atlético" dunha vez... Se nas últimas saídas non se distinguía se andaba, marchaba oí ía a "trote cochinero", xa ía sendo hora de tomar bando dunha vez.
Calcei as zapatillas, e cando fun botar a man á caixa das camisetas de entrenar, quixo o destino que a que fun coller fose a da San Martiño 2017, precisamente... Coma unha especie de exorcismo ou esconxuro, en plan Labordeta cantando que haberá un día en que todos ao levantar a vista veremos outra vez a serpe multicolor pasar pola ponte do Milenio, e a Simon e Garfunkel cantar "The sound of silence" outra vez por Curros Enriquez.
O caso é que fixen un trote experimental de 30 minutos, circuito de ida e volta ás 4 Pontes, menos de 5 km.
E a perna esquerda resiste, sen inflamarse o xeonllo nen coller líquido
Non quero facer unha festa, nin plantear entrenos agora como os de hai ano e medio.
Pero si que haberá que volver a probar o domingo que vén, con espírito científico, e confirmar os resultados.
Crucemos os dedos
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Mar, 06 Out 2020, 5:38
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Boa noticia esa de sentirse "asintomatico" a posteriori. Puoco a pouco, vendo sempre o vaso medio cheo e non pasarse para que non vote por fora. Mais que ritmos, busca disfrutar de cada entreno sen pasarse. Se con media hora acabas ben, pois media hora que sexa. Alégrome de que, ahora que imos para o tempo da oscuridade, ti vexas a luz.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 08 Out 2020, 13:27
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Ahí estás Meiga. El método científico es el que mejor va. Se apoya en los fisios, los médicos y todo eso, pero las sensaciones propias son las que mandan en nuestro destino.

Ya contarás el domingo a ver que tal sigues.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 20 Out 2020, 13:52
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

freakyrunning escribió:

Ya contarás el domingo a ver que tal sigues.
Pois finalmente o domingo 12 non puido ser. Nin en toda a semana.
En realidade levo xa case 15 días sen facer tampouco táboas de exercicios que sirvan de recarga... Conciliación imposible e abandono total no que se refire a actividade formal. Logo o que son sesións de recados peoniles e leiragim, unha chea deles, (así ando por debaixo dos 51 kilos).
Pero hai cousas que as pide o corpo e o corazón, e aínda que fose así en seco e
sen recarga previa, este domingo 18 sain outra vez pola zona das 4 Pontes. Sen medirme e sen botar o freo... Claro que, na miña situación actual, o meu desempeño da tarefa é máis o dunha elfa doméstica esfamiada que a dunha Mónica Naranjo desatada.
Así que a ruta simplemente saiu en 2:30 minutos menos que a vez anterior... E cero síntomas de inflamación en días posteriores. Como moito, a reaparición intermitente de vellos clásicos inofensivos, como as molestias no glúteo dereito ou a base do xemelgo esquerdo. E dor na zona lumbar polos madrugons e o traballo "de oficina".
Dos datos do Strava paso totalmente, pois inventouse 1000 metros máis no percorrido, e pon que corrín a ritmo de 5:21/km, cousa que non facía nin nos mellores tempos antes da lesión.
En calquera caso, estando as cousas como están, poder facer se dor nen dano cada semana 10km de andaina urbana e 4,8 de trote dominical, xa me parece de abondo Rezar
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 25 Out 2020, 17:42
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Xa perdín a conta de en qué semana estou do plan renove.
Todo semella progresar adecuadamente, pero ninguén esta libre do Efecto Titanic: abonda con dicir "este barco non hai que o a funda" para que acto seguido bata un iceberg.
O caso é que o mércores pasei pola físio, e unha vez máis veña a repetirme o ben que me ve. Acto seguido pasa a masacrarme coas agullas de acupuntura para seguir soltando a zona do safeno esquerdo. E xoves e venres a perna estaba doente, e o xeonllo como querendo dar síntomas de inflamación.
Pero finalmente a auga volveu ó rego.
Xa a piques de rematar outra semana de pouca actividade atlética "formal",
onte sábado por fin retomei a táboa de exercicios. Todo o que puiden recargar, descargueino de contado cunha mañá de leiragym.
E hoxe tocaba volver a probar un pouco de trote. De novo o circuíto das Catro Pontes. O problema desta volta foron as pozas, piscinas e encoros auténticos acumulados polas zonas peoniles... Así foi que ao comezar o camiño de volta, tiven que meterme á especie de descampado que hai xusto debaixo das Catro Pontes, para evitar ter que ir pola estrada ( nese momento con tráfico de frente) ou ter que remar e bucear pola beirarrúa asolagada. O problema foi que ao reincorporarme á beirarrúa, zafando da ringleira de coches aparcados, fun pisar nalgo que eu pensei que era herba e resulta que era un burato no que me metín ata o xeonllo... E coa perna esquerda precisamente.
Suponse que me dedico a saír e trotar para cultivar o meu lado zen, relaxarme e gañar en paz interior. Pero o xuramento de arrieiro do Araño que saíu da miña boca nese momento, berrando con toda, mandou a tomar vento calquera asomo de temperanza Shaolin... Menos mal que levaba mallas longas.
Pouco a pouco fun recuperando a forma e a compostura. E se me fio do Strava ( se cadra non debería) din rematado en 27:40 minutos. Menos tempo que os 29 da semana pasada, e menos aínda que os 30:40 de hai 15 días.
O caso é que o chegar a casa e ir para a ducha, reparo en qué a malla rachou un pouco pola zona do golpe, e que está o calcetín sangrado ata a lengüeta da zapatilla, que tamén tiven que limpar. Un bo golpe, corte pequeno pero fondo, que aínda me doe, agora, coa perna estirada no sofá.
Espero que non se infecte e que dentro dunha semana poida volver saír sen problemas... Xa dicía a miña avoa "Ben correr, mal alcanzar" Triste
Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
16 Carreiras
508 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Xov, 29 Out 2020, 15:18
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Muy bien, Meiga, alegra leer tus progresos, aunque sean lentos, pero total ahora tampoco te estás perdiendo un ambiente de carreras precisamente, que seguro que te pondría los dientes largos. Ánimo y a seguir.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 01 Nov 2020, 17:39
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Pollastre escribió:
Muy bien, Meiga, alegra leer tus progresos, aunque sean lentos, pero total ahora tampoco te estás perdiendo un ambiente de carreras precisamente, que seguro que te pondría los dientes largos. Ánimo y a seguir.

Para min tamén é unha alegría saber que de vez en cando pasas polos diarios , Pollastre.

Outra semana máis que pasou sen facer táboa ningunha de exercicios , Nin siquera leiragym.

Pero polo menos o hábito do trote dominical está asentado. Ata agora sempre me cadra de sair sobre as 9:30, despois de almorzar. E co tema da dixestión en curso, a mascarilla e que me abriguei de máis pola chuvia, o corpo estaba un pouco pesado. Pero fun tirando.

Caín na conta de que o circuito das Catro Pontes, tal e como o fago , sobrepasa uns 50 metros os límites municipais, pero as fronteiras da favela son difusas e discutibles, como as dos ríos das películas do Oeste. Como falar de límites nun lugar onde a marquesina do bus é de Redondela e o poste da parada é do bus urbano de Vigo? . Ademáis, quen me vai chamar a atención un domingo de maña cedo, sen xente na rúa? ... Así que fixen o circuito exactamente coma todos os días.

Pero uns 100 m máis adiante, vexo un control da Policía á altura do parque da Riouxa. Afortunadamente levaba a mascarilla ben subidiña. Por un momento pensei se me irían a parar e pedir un DNI que non levaba enriba. Como moito podería ensinar o rexistro do Strava na pantalla do móbil... Pero non, a quen pararon foi a un coche que viña de Chapela. Por si acaso freei un pouco o paso , pero non chegaron a chamarme nin dicir nada.

Por aquelo de darme unha pequena alegría no medio destes días murchos, xa ben atrar o coche do control, probei a correr coa mascarilla baixada toda a recta das Sete Torres, por recordar tempos mellores. O xusto ata cruzarme co seguinte viandante e volvela a poñer diante do nariz.

Hoxe saíu un tempo de 28 minutos. Non é gran cousa, pero é moito máis do que tiña hai un par de meses.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 01 Nov 2020, 17:59
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Lo de los límites municipales tiene tela. Yo tenía ciertas ideas que al mirar la cartografía de catastro resultaron falsas. Por ejemplo, Meicende no pertenece a A Coruña, el Club de Golf tampoco. Si lo quieres hacer bien te lo tienes que currar.

Cuídate de los controles Meiga.
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Lun, 02 Nov 2020, 7:02
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Sempre podes correr de control policial a control policial..........
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 15 Nov 2020, 12:18
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

freakyrunning escribió:


Cuídate de los controles Meiga.

Hoxe sain con tanta presa que non collín mascarilla. Os meus lóbulos frontais o consideran involuntario e fortuita, pero seguro que o subconsciente e o cerebro reptiliano forzaron a mantenta o despiste... Que ben se corre sen mascarilla, hai que admitirlo.
Afortunadamente non había controis policiais, nin case xente na rúa.

Ir fun cómodamente. Outra cousa é o rendemento, apenas media hora a un ritmo de 6min /km... Tampouco se pode aspirar a máis facendo 5km cada sete ou quince días, nestes tempos sen obxectivos atléticos, e coa sobrecarga in crescendo de traballo telemático preventivo... En fin, o caso é estar aí, e non escangallarme o xeonllo





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos