Lun, 03 Ago 2020, 9:33
Asunto: Re: Diario de Meigalicix
Rematou hai un par de días a "semana de festa " por Louro e Muros.
Moitas grazas a todos os que vos pasates polo furancho a tomar algo e dar ánimos, que sempre veñen ben.
Algúns apuntes a xeito de balance: No lado positivo , ver que puiden facer 3 saídas na semana sen que a perna esquerda se resentira. No lado negativo, volvín gañar outra vez os dous kilos de marras. Imposible que non acontecese, tanta siesta na praia, e dieta proteínica a base de polbo, chipiróns e navallas... En fin, como dí o refrán, o mal que me presta polo ben que me sabe. E para unha vez no ano, e cos tempos que corren, hai transgresións que son necesarias para a saúde, por contradictorio que pareza.
Outros apuntes técnicos: Xa tiña claro que a aplicación de Strava para o móbil vai bastante ao seu xeito. É un pouco lío ir marchando con móbil collido na man. Probei un par de veces a ir con riñoneira, e para min que rexistraba metros de menos. Agora pasei a reciclar unha muñequera e levar o móbil embutido alí. En Louro funcionou ben, pero ante pola Guía fixo unhas triangulacións rarísimas e rexistrou só a metade de distancia... Creo que isto vai rematar en divorcio, e que vou pedir que me regalen por Reis outro Garmin... Se alguén ten algunha suxestión ao respecto, será ben recibida.
Post data: Para quen lle interese, un dos meus irmáns estivo de visita na de Señora Minducha hai uns días. Segue igual de pletórica , cociñando tortillas e empanadas a escala industrial, e rebosando sabedoría popular. Todavía hai futuro