Xov, 21 Mai 2020, 17:15
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (desescalando)
Crónicas da favela: "A nova normalidade"
Non é que as cousas teñan cambiado moito na realidade medible. O que ten cambiado algo é a percepción, o punto de vista. Así que pouco a pouco fumos pasando de estar 178 días dando voltas en Punxsutawney, a ter vivido 17 días da era Strava.
Se hai cousas que poden autodenominarse "manifestacións pola libertade" en certos sitios de Madrid, co mesmo dereito teño decidido que aquí na Favela , de agora en diante, calquera actividade física con desprazamento vai denominarse "entreno".
Do 3 ao 9 de maio cheguei a facer tres "paseoentrenos" de 3 km . E no propio domingo 10 de maio fixen os 5 km reglamentarios, cunha camiseta rosa, o dorsal 016, e unha chaqueta de chándal do clube porque ás 8 da mañá ía fresco, e por non dar tanto o cante fosforito. Os obxectivos cumpridos, xa que rematei sen dor, en 51 minutos.
11 de maio: Descanso confinado
12 de maio : 3 km de ida e 3 de volta de Teis -Calvario- Teis, con parada de 60 minutos na camilla da fisio , que lle dou o visto bo ó piramidal, e unha visual ó xeonllo esquerdo, informando que a súa teoría é que o nervio safeno está influíndo no estado de inflamación da zona. A saber...
Do 13 ó 17 de maio tocou algún día de paseo de 3 km, e pouco tempo dedicado a facer abdominais, planchas e demais reforzos.
18 de maio: Aproximadamente 5,7 km de andaina a ritmo de 5,7 km/h Teis- Clínica de Fátima-Teis. Agora que xa estamos en fase presencial , e xa que o cubre o seguro, retomamos as sesións de rehabilitación en persoa.
19 de maio: 7 km en 1h 45 minutos. Teis-Travesía- Urzáiz- García Barbón -Teis, con parada de 5 minutos na tenda onde ía recoller un encargo.
20 de maio: Outra vez 5,7 km Teis-Fátima-Teis. Na viaxe de ida a ritmo de 7,2 km/h case ó trote , para non chegar tarde á consulta.
E hoxe, despois de tanto paseo, descanso absoluto. Perna estirada no sofá compaxinando con teletraballo, xa que o xeonllo esquerdo andaba a dar síntomas.
A ver se mañá retomo as pesas, abdominais e reforzo de pe, que levan abandonados unha semana.
No lado positivo, ver que aínda que pode molestar ou doer a articulación do xeonllo, non se carga de líquido e non preciso de recurrir ós antiinflamatorios.
A ver se é verdade que imos cara adiante, na desescalada da lesión, e na desescalada xeral . Calquera se fía a longo prazo ...
Última edición por Meigalicix o Ven, 22 Mai 2020, 9:52; editado 2 veces