Mér, 06 Mai 2020, 21:31
Asunto: Re: Toleria
Seguindo a inciativa de compartir sensacións, deixo aquí as miñas.
No meu caso non había risco de lesión, porque sigo lesionada desde o mes de novembro. Non podo correr de momento, pero ninguén me iba a sacar o gusto de poder andar por fin media hora todo seguido, a paso lixeiro, sen ter que facer xiros de 180 graos cada 6 metros .
O propio sábado si que me sentín oxidada, pero volvín sair o luns e xa todo coma una seda, dentro do que permite o meu xeonllo esquerdo... Pero si que me volvín cunha sensación moi mala, da que me quero desafogar públicamente.
Na zona onde eu saio (Teis- Vigo) non hai problemas de aglomeración , e menos un luns ás 9 da mañá. Pero algo de actividade si que hai e é inevitable cruzarse con alguén en zonas de pouco espazo, cando te metes por algún dos moitos calexóns da zona. A min non me importa ter que apartarme, dar un desvío arredor dun coche aparcado para conseguir eses dous metros de distancia.
O que me desespera é atoparme con alguén que ven correndo de frente e cuspe para o medio e medio da rúa. Xa non sería agradable en condicións normais. Pero agora paréceme dunha falta de civismo absoluta.
Vivimos nun pais onde o de cuspir facendo deporte é norma . Non hai máis que ver a algún futbolistas dos que cobran ben por xogar en Primeira. Supoño que o corredor que me viña de frente fíxoo inconscientemente , como fixo sempre toda a súa vida. E nin repararía na ollada que lle botei. Pero está claro que moitas cousas teñen que cambiar.
A ver que panorama me espera cando saia mañá