Foros ›
Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas
Forum Index / Diarios de adestramento
Reply to topic

Author
Message
JuanBellas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/08/18
28 Carreiras
951 Posts
Cedeira
Reply with quote Post Wed, 25 Mar 2020, 19:57
Post subject: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Diario de adestramento // Mércores, 25 de marzo de 2020 // Día 65 // km 25 da semana (entre correr e rolo) // 72,0 kg

CADA DÍA QUE PASA MÁIS A GUSTO CORRENDO POLA CASA

Hoxe era o terceiro día que tocaba facer uns km de pasilling polo piso. Inicialmente a idea era seguir nos 6 km que fixera da vez anterior (que aumentara 1 á súa vez da anterior), pero o que estou a notar é que cada vez me sinto máis cómodo correndo polos pasillos e habitacións da casa.

Máis cómodo tendo en conta, incluso, que tamén vou aumentando o ritmo, ao coller máis confianza niso de colarme en diagonal polas portas das habitacións, e tamén porque variei algo o trazado inicial, procurando facer diagonais máis rectas e longas posibles, eliminando puntos nos que había que virar en redondo moi lento, a costa de que as voltas sexan algo máis curtas, duns 50 metros aproximadamente agora.

Pero é certo, ao estar rematando os 6 km, pensei que sería unha boa idea continuar 1 km máis. E así foi, ata o punto de que os km pasan cada vez máis sen que me decate.

Algo que noto é que esta maneira de adestrar ten algo de positivo con respecto ao que estaba a facer antes por fóra, e é que cada pouco tempo estou a pegar pequenos sprints de 3-5 metros tentando aproveitar esas diagonais que agora trazo.

Concretamente son 4 por cada volta. Realmente son 2, pero con ida e volta de cada vez. Tendo en conta que hoxe fixen unhas 140 voltas ao piso de 50 metros nos 7 km, saen uns 560 sprints pequenos de 3-5 metros, algo que, nin por asomo faría por fóra.

Non....se ao final vaime resultar proveitoso isto de adestrar na casa. De feito xa estou pensando que cando recuperemos a normalidade, e podamos saír por fóra, meter, algún día á semana carreira polo piso.

Incluso pensara mercar unha cinta de correr para eses días que chove e que quedas na casa sen poder saír....pero facendo este tipo de sesións pois como xa case sobra...

Hoxe tocaba darlle algo a os ferros na casa traballando peito e bíceps para logo correr. Un pouco seguindo o plan que levaba no Gym hai anos cando ía a él no que te turnabas de grupos musculares por días:
-Luns. abdominais, pectorais, bíceps
-Mércores: abdominais, dorsais, tríceps
-Venres: abdominais, ombro, perna

Xa que isto parece que vai para longo, mellor faríamos en irnos organizando ben ao longo da semana.

Amais....agora xa non temos a desculpa de que poda chover....

A sesión en Strava:
https://www.strava.com/activities/3217438339

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
JuanBellas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/08/18
28 Carreiras
951 Posts
Cedeira
Reply with quote Post Thu, 26 Mar 2020, 20:28
Post subject: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Cando parecía que isto de correr polo piso empezaba a coller forma, correndo cada vez máis rápido e con mais confianza para facer máis km....teño que parar e cambiar de rutina.

Fago demasiado ruído e os veciños, con razón, non teñen porqué soportalo, que xa bastante fan con terse que quedar todo o día na casa.

Hoxe tocaba facer máis cousas, avanzar un pouco máis no adestramento caseiro, pero vinme un pouco abaixo polos problemas ocasionados.

Mañá será outro día, seguro.

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum