Lun, 02 Mar 2020, 18:29 Asunto: Re: Trail Series 2020 - XToSín Trail - Porto do Son 15-2-20
Despois de poñelos ao sol da fin de semana, temos a pintura seca dos trofeos para o XtoSín Trail 2020, saidos da man e da imaxinación de Eva Callon.
Si lle botaches o ollo, e sabes cal é o teu, inscríbete en www.trailseries.run
Edu_Iglesias
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes
Sáb, 07 Mar 2020, 13:40 Asunto: Re: Trail Series 2020 - XToSín Trail - Porto do Son 15-2-20
Sendas, camiños, fragas, regatos,... Si che gusta o monte o XtoSín Trail 2020 non podes deixar de vivilo.
Edu_Iglesias
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes
Dom, 08 Mar 2020, 19:36 Asunto: Re: Trail Series 2020 - XToSín Trail - Porto do Son 15-2-20
En pouco máis de 3 días, péchase o prazo de inscrición para o XtoSín Trail 2020.
Lun, 09 Mar 2020, 23:25 Asunto: Re: Trail Series 2020 - XToSín Trail - Porto do Son 15-2-20
Estamos a 48 horas de pechar o prazo de inscrición para o XtoSín Trail. Ainda podes conseguir o teu dorsal en www.trailseries.run
Edu_Iglesias
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes
Mar, 10 Mar 2020, 18:53 Asunto: Re: Trail Series 2020 - XToSín Trail - Porto do Son 15-2-20
Despois de presentarvos os trofeos individuais, é turno para os trofeos dos equipos que elaboraron os artesáns de Son Agasallo.
Si o teu equipo quere algún deles ainda vos podedes inscribir en www.trailseries.run
paidacana
Novo foreiro
18/06/18
206 Carreiras
46 Mensaxes
Santiago
Mar, 10 Mar 2020, 21:23 Asunto: Re: Trail Series 2020 - XToSín Trail - Porto do Son 15-2-2020
Boas, mantense o trail ou coas novas do Coronavirus suspéndese?.
Grazas
memphis_ESP
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
940 Mensaxes
Santiago de Compostela
Mar, 10 Mar 2020, 22:45 Asunto: Re: Trail Series 2020 - XToSín Trail - Porto do Son 15-2-2020
Sendo unha carreira de monte e con poucos participantes (non é un 10k con 1500 corredores) non creo que se cancele.
Edu_Iglesias
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes
Mér, 11 Mar 2020, 10:18 Asunto: Re: Trail Series 2020 - XToSín Trail - Porto do Son 15-2-20
En princpio a esta hora (as 11 da mañán) non recibimos comunicación algunha nin temos coñecemento de que se extendan as medidas como a suspensión deste tipo de carreiras.
Pola nosa parte ceñirnos ás recomendación e ao "sentidiño común":
1.- Si alguén acusa síntomas "gripales" ou de resfriado: tipo tos, dificultades respiratorias e algún proceso febril (tanto o mesmo día como en días previos); non debe participar.
2.- O mesmo día carreira procuramos evitar chocar as máns cos colegas, e bicos e abrazos os deixamos para outra ocasión. Coido que todo o mundo entende que podemos aparcar esa conducta durante un tempo.
3.- Na medida do posible, manter a higiene nas mans e seguir as recomendacións de toser ou estornudar no antebrazo.
Si nos vindeiros días a situación empeorase (a nivel restrictivo) ou as autoridades e médicos plantexasen algunha medida mellor e máis efectiva a ter en conta, sin dudas faríamonos cargo e adaptaríamonos á nova situación.
Pero a nosa finalidade, agora e sempre, é a de sacar as carreiras adiante e tratar de solventar os inconvintes que vaian xurdindo.
tiojuan
Foreiro Senior
3/10/11
0 Carreiras
807 Mensaxes
Cambados
Mér, 11 Mar 2020, 10:40 Asunto: Re: Trail Series 2020 - XToSín Trail - Porto do Son 15-2-20
grazas Edu.
Estamos pendentes lo, se algo cambia.
Saúde, que falta fai.
Edu_Iglesias
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes
Mér, 11 Mar 2020, 20:06 Asunto: Re: Trail Series 2020 - XToSín Trail - Porto do Son 15-2-20
A piques de rematar o día, remata tamén a posibilidade de participar no XtoSín Trail 2020, vaite awww.trailseries.run e reserva o teu dorsal.
Kurty
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes
Xov, 12 Mar 2020, 16:14 Asunto: Re: Trail Series 2020 - XToSín Trail - Porto do Son 15-2-2020
no facebook da proba din que "Xtosin trail, deste domingo aprazada".
Edu_Iglesias
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes
Xov, 12 Mar 2020, 18:36 Asunto: Re: Trail Series 2020 - XToSín Trail - Porto do Son 15-2-20
APLAZAMENTO XTOSIN TRAIL 2020 PARA O 21 DE XUÑO
Vémonos na obriga de cambiar a data do Trail de Portosín debido ás medidas tomadas para prevenir a expansión do CoVID-19, quedando así para o domingo 21 de xuño.
Para @s que estades inscrit@s e que non vos vaia ben esa data aportámosvos 3 solucións:
1.- Cancelación da inscrición e devolución do importe.
2.- Trasladar a inscrición para o Trail do San Lois (Concello de Noia o 19 de abril).
3.- Trasladar a inscrición para o Trail de Outes (Concello de Outes o 31 de maio).
Aos inscrit@s no Revolutrion Trail Series 2020 e que lles veña mal a data do 21 de xuño podemos:
1.- Trasladar a inscrición para o Trail de Outes (ainda que non puntuaría para o circuito).
2.- Devolución da parte proporcional da inscrición (e esa proba, evidentemente, tampouco lle puntuaría no circuito)
A tod@s aqueles que desexen a cancelación da inscrición ou o traslado para algún dos outros trails avisádeo por email indicando claramente o nome co que vos inscribíchedes (e os que estades no circuito Revolutrion Trail Series, si facedes o favor tamén o indicades).
Dende a organización estivemos tratando de sacar adiante a proba e confiábamos neso ata mediodía que nos comunicaron dende o Concello de Porto do Son que non sería posible facelo.
Perdoade polas molestias que vos podamos ocasionar, pero as circunstancias teñen máis peso que a nosa vontade.
Gracias en nome de Arousa NeO e a cantidade voluntarios e amigos que están embarcados con nós nesta xeira.
Podes publicar novos temas Non podes responder a temas Non podes editar as túas mensaxes Non podes borrar as túas mensaxes Non podes votar nas enquisas Non podes adxuntar arquivos Podes descargar arquivos