Mér, 19 Feb 2020, 14:54
Asunto: Re: Novas sobre alimentación en xeral
Simom escribió: |
Por certo, JuanBellas, sobre algo que comentaches no tema da media da Coruña, pero como é relacionado con alimentación, póñocho aquí:
Sobre a cafeína dun espresso e dun americano, non cres que levarían a mesma? Quero dicir, a cantidade de graos ou café moído queuses para os dous será a mesma, só qué no espresso estaría concentrada en menos líquido, non? |
Non é exactamente así, senón que é algo que ten que ver có tempo de extracción, así como có grao de finura da moenda do café.
Os cafés tipo americano (referido á súa cantidade) sacados de Prensas francesas, Chemex, V60 Aeropress ou por goteo soen estar feitos con un maior tempo de extracción, varios minutos incluso que un espresso, de apenas 15-25 segundos.
E tamén están extraídos de graos de moenda mais bastos, o que pon en contacto coa auga maior superficie de grao de café, sacando mais cafeína.
Si a iso lle sumas que eses métodos usan mais cantidade de graos de café 15-30 g) que o espresso (8-12 g), pois dará como resultado mais cafeína, claro.
No meu caso, sempre que podo, collo nun tostador de aquí en Ferrol 250 g de café acabado de tostar para moelo sempre no momento de facelo e que non me dure mais de 7-10 días.
E por suposto variedade arábica, que ten a metade de cafeína que o robusta.
Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
Última edición por JuanBellas o Mér, 19 Feb 2020, 14:56; editado 1 vez