Foros ›
Carballo Trail Race 2020
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
ADMEDIADUCIA

Novo foreiro
Novo foreiro
20/12/17
0 Carreiras
39 Mensaxes
Carballo
Respostar citando Envío Lun, 03 Feb 2020, 9:31
Asunto: Re: Carballo Trail Race 2020

Bo día, MOITÍSIMAS GRACIAS a tod@s os que acudistes, esperamos que todo fose do voso agrado, pola nosa parte encantados con vos, nin un só lixo atopamos durante o peche do percorrido, unha lección de civismo e saber estar nunha proba deportiva que transcorre por un entorno natural. Comezan a chegarnos as fotogracías dos nosos reporteiros, podedes seguilas polo facebook da proba, aquí vos deixamos un adianto:

www.facebook.com/pg/ca...tn__=-UC-R
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Lun, 03 Feb 2020, 11:40
Asunto: Re: Carballo Trail Race 2020

grazas a vós por sacar este evento adiante Aplauso e todo o traballo que leva.

Un saúdo especial as persoas que estaban nos cruces polos seus ánimos, traballo e bo humor.

Todo un detalle converter un camiño nun canal navegable Demo sorrindo e por unha banda pirata a repartir vituallas Razz


Hei publicar unha crónica completa pero dicir, como referencia, que é unha carreira moi axeitada e entretida, cunha subida inicial que non mata a ninguén e despois moitos quilómetros de camiño favorable. A sinalización foi correcta (non era desas que hai máis cintas que eucaliptos) ao igual que os avituallamentos, aínda que a este respecto eu creo que o último sobraba (a 5km de meta?) e quizás, como opinión, teriades que axustar a súa situación. Esto non é un fallo eh, só opinión.

O mellor, a temperatura da auga das duchas. Hai ben anos que non vía cousa igual Aplauso Mr. Green
Seguramente os callos estaban moi bos. Grazas por todo!!



Est.2008
ADMEDIADUCIA

Novo foreiro
Novo foreiro
20/12/17
0 Carreiras
39 Mensaxes
Carballo
Respostar citando Envío Lun, 03 Feb 2020, 15:48
Asunto: Re: Carballo Trail Race 2020

CLASIFICACION FINAL:

carreirasgalegas.blob....202020.pdf
ADMEDIADUCIA

Novo foreiro
Novo foreiro
20/12/17
0 Carreiras
39 Mensaxes
Carballo
Respostar citando Envío Lun, 03 Feb 2020, 15:52
Asunto: Re: Carballo Trail Race 2020

Esperamos impacientes esa crónica, moitas grazas e vémonos no 2021 Guiño

ghose escribió:
grazas a vós por sacar este evento adiante Aplauso e todo o traballo que leva.

Un saúdo especial as persoas que estaban nos cruces polos seus ánimos, traballo e bo humor.

Todo un detalle converter un camiño nun canal navegable Demo sorrindo e por unha banda pirata a repartir vituallas Razz


Hei publicar unha crónica completa pero dicir, como referencia, que é unha carreira moi axeitada e entretida, cunha subida inicial que non mata a ninguén e despois moitos quilómetros de camiño favorable. A sinalización foi correcta (non era desas que hai máis cintas que eucaliptos) ao igual que os avituallamentos, aínda que a este respecto eu creo que o último sobraba (a 5km de meta?) e quizás, como opinión, teriades que axustar a súa situación. Esto non é un fallo eh, só opinión.

O mellor, a temperatura da auga das duchas. Hai ben anos que non vía cousa igual Aplauso Mr. Green
Seguramente os callos estaban moi bos. Grazas por todo!!


ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 04 Feb 2020, 8:09
Asunto: Re: Carballo Trail Race 2020

ADMEDIADUCIA escribió:
Esperamos impacientes esa crónica, moitas grazas e vémonos no 2021 Guiño

Silbar ...dixen crónica pero igual lle queda grande o nome Mr. Green

Simplemente reseño a participación e uns apuntes personais para "o ghose do futuro" lembrar as sensacións e o vivido.

fediverse.blog/~/Rexis...-race-2020

Un saúdo a Maxi, que xa o fixen no camiño.

Est.2008
Budiña

Montañés
Montañés
6/09/15
75 Carreiras
244 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 04 Feb 2020, 16:29
Asunto: Re: Carballo Trail Race 2020

Pois mola a tua crónica. Graciñas!!
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1926 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Mar, 04 Feb 2020, 17:02
Asunto: Re: Carballo Trail Race 2020

ghose escribió:

Un saúdo a Maxi, que xa o fixen no camiño.

Jajaja... Moitas grazas Xosé Manuel. Xa fai uns meses que me dou de conta de ti, pero sempre te vexo de espaldas cando me pasas; polo que seguro que si nos cruzamos de fronte nalghún quencemento non te recoñeza tan fácilmente. Onte me costou un pouco decatarme que eras ti, xa que cando me pasas descalzo en seguida me decato. Outro saúdo para ti.

Sobre a carreira, con esta, xa vai a miña terceira participación no percorrido largo, e cada vez me vai gustando máis. O ambiente e bo facer da organización se notan dende o comezo ata o final.

Os "piratas" do avituallamento co mesmo bo humor do ano pasado. Lles teño que agradecer que nos sigan gardando o turrón de navidade para poder degustalo alí. Tamén o resto de voluntarios, que nunca deixaron de darnos ánimos o noso paso.

Os fotógrafos, que decir deles... Nos facían sentir os grandes protagonistas do evento, móvendose por todas partes e compartindo con nos os traxectos do trail.

O detalle do vaso reutilizable tamén foi un avance significativo, que indica as ganas de mellorar ano tras ano por parte do organizadores.

So queda dar as grazas i esperar voltar para o ano. Aplauso Aplauso Aplauso

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
ADMEDIADUCIA

Novo foreiro
Novo foreiro
20/12/17
0 Carreiras
39 Mensaxes
Carballo
Respostar citando Envío Xov, 06 Feb 2020, 11:12
Asunto: Re: Carballo Trail Race 2020

Non defraudou, moi boa crónica e descripción da proba, GRACIÑAS

ghose escribió:
ADMEDIADUCIA escribió:
Esperamos impacientes esa crónica, moitas grazas e vémonos no 2021 Guiño

Silbar ...dixen crónica pero igual lle queda grande o nome Mr. Green

Simplemente reseño a participación e uns apuntes personais para "o ghose do futuro" lembrar as sensacións e o vivido.

fediverse.blog/~/Rexis...-race-2020

Un saúdo a Maxi, que xa o fixen no camiño.

ADMEDIADUCIA

Novo foreiro
Novo foreiro
20/12/17
0 Carreiras
39 Mensaxes
Carballo
Respostar citando Envío Xov, 06 Feb 2020, 17:41
Asunto: Re: Carballo Trail Race 2020

Nos vindeiros días seguiremos a poñer fotos no noso facebook, estade atentos Guiño
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Ven, 07 Feb 2020, 11:21
Asunto: Re: Carballo Trail Race 2020

gracias Guiño

tamén a budiña polo comentario Guiño

Est.2008





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos