Foros ›
Trail Series 2020 - XToSín Trail - Porto do Son 15-2-2020
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 29 Nov 2019, 11:19
Asunto: Trail Series 2020 - XToSín Trail - Porto do Son 15-2-2020

www.trailseries.run

Sexta edición dos Revolutrion Trail Series consolidándose coma un dos circuítos de carreiras de montaña máis veteráns de Galicia e no que o ano pasado participaron máis de 1600 persoas nas 5 probas que o conforman.

Cada proba con identidade propia, cada percorrido diferente aos de edicións anteriores, cunha carreira que se estrea no circuíto (Trail do San Lois) e que ven para deixar unha pegada profunda nos camiños de Noia, cun sistema de puntuación que tenta manter a emoción ata a derradeira proba e os últimos metros (coma sucedeu nas edicións anteriores) onde @ mais forte durante máis de 100 días (105) levará a recompensa ao seu esforzo.

Outra das novidades importantes é a presencia e relevancia que lle queremos dar ás mulleres, promovendo que todos os equipos (si desexan puntuar coma equipo e optar aos premios por carreira e do circuíto) incorporen algunha muller nas súas filas; e que ademais acaden a importancia que deben ter dentro dun equipo para demostrar que este é o máis completo: elas rematarán de sumar na puntuación. Non vos perdades a nova nomenclatura das Categorías (non cambian as idades, só de nome)

Na páxina detallámosche as características técnicas e unha breve descrición de cada percorrido, e podes decidirte por participar en todo o circuíto ou elixir algunha das probas. Pero lembra que a inscrición individual por proba non da dereito aos premios, sorteos, e obsequios do circuíto.

Ante todo, e coma sempre convidámosche a ler con detalle o Regulamento xa que nel recóllense a maior parte das dúbidas que poidas ter, e no que tamén incorpórase que nesta edición non se facilitarán recipientes para os avituallamentos líquidos intermedios. Neste sentido queremos facer un chamamento á responsabilidade individual respeto aos residuos (sobre todo inorgánicos) para que levedes un cinto ou mochila no que non se vos caia, xa que temos atopado máis dos que a todos nos gustaría. Pola nosa parte, colocaremos nos avituallamentos recipientes para que os depositedes.

Comeza a aventura co TRAIL DA CIDÁ:

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:

Distancia: 14 km.
Desnivel+: 629 m+
Hora saída: 11:00 h.
Tempo Máximo: 2:15 h.
Avituallamento Intermedio: km. 8
Tempo de corte: 1:25 h no km. 8
Meta volante: km. 2,2
Lugar de saída: Praza do Concello - Ribeira
Prezo: 10 €
Inscricións: 24/11/2019 - 22/1/2020





Última edición por Edu_Iglesias o Lun, 02 Mar 2020, 18:26; editado 2 veces
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Dom, 08 Dec 2019, 9:47
Asunto: Re: Trail Series 2020 - Trail da Cidá-Ribeira 26/1/2020

Estas son carreiras cunhas distancias e recorridos moi axeitados para calquera que queira desfrutar dunha boa mañán correndo en compañía polo monte. Espero que todo saia ben.


Aprecio a medida de que os equipos sexan mixtos (homes e mulleres, non bonito e ovo Chupete )

-- Chámame "ghose"
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 19 Dec 2019, 18:43
Asunto: Re: Trail Series 2020 - Trail da Cidá-Ribeira 26/1/2020

Presentación do circuito Revolutrion Trail Series esta mañán en Porto do Son.


CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Ven, 20 Dec 2019, 9:42
Asunto: Re: Trail Series 2020 - Trail da Cidá-Ribeira 26/1/2020

anotado po circuito un ano mais.

espero poder completalo.
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 26 Dec 2019, 9:50
Asunto: Re: Trail Series 2020 - Trail da Cidá-Ribeira 26/1/2020


Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 29 Dec 2019, 22:49
Asunto: Re: Trail Series 2020 - Trail da Cidá-Ribeira 26/1/2020

A prensa faise eco de novo desta edición dos Trail Series:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2019/12/29/trail-series-contaran-paradas-santa-uxia-pobra-portosin-noia/00031577648727457550185.htm
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 09 Xan 2020, 16:49
Asunto: Re: Trail Series 2020 - Trail da Cidá-Ribeira 26/1/2020

Por si queredes conseguir un dorsal gratis, os compañeiros de Galiza Trail teñen activo un sorteo a través da súa páxina de facebook:

SORTEO DORSAL GALIZA TRAIL

E tamén a bebida oficial dos Trail Series - ARTIO SPORT DRINKS - ten outro sorteo activo no que tamén podes probar sorte:

SORTEO DORSAL ARTIO
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 10 Xan 2020, 12:27
Asunto: Re: Trail Series 2020 - Trail da Cidá-Ribeira 26/1/2020

Un dos "secretos" do trail da Cidá desta edición:


Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 13 Xan 2020, 16:41
Asunto: Re: Trail Series 2020 - Trail da Cidá-Ribeira 26/1/2020

Derradeira semana para inscribirse ao circuito completo, para ir abrindo boca aquí vos deixamos unhas vistas das paraxes polas que vai pasar a primeira "etapa", o Trail da Cidá - Ribeira
[align=center]

Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 15 Xan 2020, 15:37
Asunto: Re: Trail Series 2020 - Trail da Cidá-Ribeira 26/1/2020

O vindeiro domingo 19, ás 10 da mañán; @s que queirades vir a compartir con nós unha carreiriña polo recorrido do Trail da Cidá 2020 esperámosvos no lugar de saida: Plaza do Concello Riveira.

Imprescindible: puntualidade e ganiñas de divertirse.

Si queredes máis información de distancia, perfil, e lugares polos que imos pasar a tedes en www.trailseries.run


Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 16 Xan 2020, 18:48
Asunto: Re: Trail Series 2020 - Trail da Cidá-Ribeira 26/1/2020

Ide preparando o material que ca que está caendo, falta vai facer!


Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 19 Xan 2020, 15:00
Asunto: Re: Trail Series 2020 - Trail da Cidá-Ribeira 26/1/2020

O resultado da KDD de esta mañán.

Polo que contaron, gustou moito a nova subida ao Monte da Cidá. Había que darlle unha voltiña, e renovouse por completo.

Mañán as 9:00 h (pola mañán) remata o plazo para anotarse ao circuito e disputar as 5 carreiras cos seus premios e obsequios. Para participar só neste primeiro trail (Trail da Cidá) ainda se podrá facer ata o mercores as 23.59 h.

Info e inscricións en www.trailseries.run


Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 20 Xan 2020, 20:07
Asunto: Re: Trail Series 2020 - Trail da Cidá-Ribeira 26/1/2020

152 miles de grazas a tod@s aquel@s que vos decidíches a participar no circuito Revolutrion Trail Series 2020. Moita sorte a tod@s nos vindeiros 3 meses, e que disfrutedes o máximo posible de cada unha das 5 probas.

@s que queiran ainda se poden anotar proba a proba: primeira parada no Trail da Cidá 2020. Prazo aberto ata o mércores ás 23:59 h. en www.trailseries.run


Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 22 Xan 2020, 16:59
Asunto: Re: Trail Series 2020 - Trail da Cidá-Ribeira 26/1/2020

Para @s que estades inscrit@s ao circuito Revolutrion Trail Series 2020, levaredes un único chip para cronometrar os vosos tempos nas 5 probas. E para non despistarse e saber cal é, dende Galitiming envíannolos perfectamente identificados.


Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 22 Xan 2020, 18:56
Asunto: Re: Trail Series 2020 - Trail da Cidá-Ribeira 26/1/2020

A medianoite remata o prazo para anotarte ao Trail da Cidá 2020. Ainda chegas a tempo para conseguir o teu #dorsal: www.trailseries.run







Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos