Mér, 15 Xan 2020, 12:16
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas
Diario de adestramento // Martes, 14 de xaneiro de 2020 // Día 44 // km 42 da semana
UN GALEGO DE PÉ ROMANO
Escribo hoxe mércores no diario o día que tocou onte, pero é que cando chegas tarde de correr, amais se son 24 km, e tes que madrugar ao día seguinte, moitas ganas non tes de poñerte a escribir, non.
Inda encima, se eu son de darlle bastante contido, de intentar explicar ben as cousas, pois peor aínda, xa que esa maneira de facer as cousas leva mais tempo, claro.
Ben, empecemos a escribir acabado de chegar de traballar e tras afeitarme e tender a roupa da lavadora
Eu teño un tipo de pé coñecido como "romano" pola súa feitura nos dedos, inda que iso non está moi claro, xa que unhas fontes falan de só tres tipos: grego, exipcio e cadrado, como na wikipedia:
https://es.wikipedia.org/wiki/Pie#Tipos_de_pie mentres outros sitios xa inclúen mais formas, como a romana, xermánica, ou mesmamente celta.
No meu caso, a forma que mais se asemella sería a romana:
cós dous dedos primeiros practicamente iguais, ou case.
¿Iso que consecuencias ten á hora de correr?, pois que preciso de calzado que sexa ben ancho na punteira, non só de medio pé, que aí tamén son anchos os meus pes, senón que diante haia o suficiente espazo como para poder moverse ben os dedos.
Esa situación dáse moito cando fas unha baixada, xa que o pé tende a deslizarse por dentro da zapatilla cara á punteira, e si aí os dedos non atopan espazo suficiente, acaban amontoándose uns sobre outros, e acabas con dedos inchados, para logo pasar a uñas negras para acabalas perdendo finalmente. Aparte de que todo é bastante dorido, claro.
Este é un problema que teño sofrido con bastante dor nos trails, por exemplo, xa que aí os desniveis que hai que pasar son bastante mais elevados que en asfalto.
Solucioneino mercando zapas con bastante anchura na punteira, pero tamén que teñan a posibilidade de dobre ollal para poder así anclar o pé na parte traseira da zapatilla.
Aquí vese a diferencia de punteira entre as Topo de Trail (bermellas) e as New Balance FuelCell Propel de asfalto (negras)
Non pensaba que me puidera pasar isto no asfalto, xa que hai bastante menos desniveis, e as zapas que tiña permitían o uso do dobre ollal, pero foi mercar as zapas que se ven mais enriba, as de asfalto, sen fixarme nese detalle, e vir os problemas.
Non teñen dobre ollal, polo que tiven que facerlle eu un "mais ou menos":
Por exemplo, as New Balance Zante Pursuit si que o teñen:
Era iso...ou vendelas por Wallapop, que seguro que lles ía poder sacar un bo prezo ao ter simplemente dúas saídas feitas con elas. Pero eu estaba empeñado en poder correr con elas, polo que decidín modificalas algo, buscando así poder facer unha dobre lazada aí:
Ben, pois o caso é que, de inicio ían bastante ben, notando mellorías sobre o andar sen esa "reforma", pero pasados os km, e onte foron 24, xa notei, sobre todo a do pe esquerdo, como se deslizaba un pouco, seguramente por non estar o suficientemente apertada.
O caso é que cheguei á casa, de noite, e si que tiña unhas pequenas molestias e o dedo gordo do pé esquerdo algo magullado. Non tanto como a vez anterior que saíra sen estes cambios, pero non acabou de quedar ben.
Posiblemente cunha mellor atada, mais firma, queden ben. Será cuestión de probar outro día.
A tirada foi longa, de 24 km en total, pero con pequenas paradas polo camiño, ao ir en grupo, aparte da dificultade engadida do vento, que chegando ao peirao de Ferrol, e por Caranza, pegaba bastante.
Nesas condicións de vento, aparte das costas que había que subir, fai que, ás veces, sexa complicado levar un ritmo concreto, neste caso mais ben pausado, saíndo unha media de 244 w e 5:25 min/km, con un último tramo xa acelerando un pouco mais facendo 320 w a 3:46 min/km.
Hoxe mércores parece que o vento calmou bastante, e non se espera tampouco que pete moito pola tarde, de tal xeito que haberá que aproveitala ben.
A sesión en Strava:
https://www.strava.com/activities/3011702692
Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com