Foros ›
Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas
Foros de debate / Diarios de adestramento
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4361 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 08 Xan 2020, 19:27
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Interesante lo de los watios. Estaría bien que hicieran como en el segundo capítulo de la primera temporada de Black Mirror con las bicis estáticas, y pudiéramos generar energía con lo que corremos. Sarna distópica con gusto atlético, no pica.
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
57 Carreiras
1181 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Mér, 08 Xan 2020, 20:20
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Moi de película do futuro, sería un tipo de estrada que xenerase enerxía coas pisadas da xente. Daquela os corredor@s montaríamos a nosa propia central eléctrica.... Ríndose
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
57 Carreiras
1181 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Xov, 09 Xan 2020, 22:52
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Diario de adestramento //Xoves, 9 de xaneiro de 2020 // Día 41 // km 32 da semana

AS QUEDADAS ENTRE AMIGOS
Hoxe era un día, en teoría, para facer algo intenso, ben series que non puiden facer o martes por estar algo fastidiado nun pé, cos dedos algo "fora de servizo", ben algo de ritmo, que é o que teño asignado para os xoves na distribución semanal, tras un descanso dos mércores.

Pero, ao final, quedamos entre varios compañeiros e saímos a facer uns km, case 10, a ritmo moi suave. Iso si....de noite e con un par deles que levaban luces desas que se colocan a modo de caso na cabeza.

E raro iso de correr de noite, por zonas que apenas vés nada. Supoño que tamén será un pouco cuestión de costume.

Normalmente dise que cando vas en grupo, e difícil aproveitar ben esa sesión de adestramento, xa que podes ir a ritmos algo mais lentos, ou mais rápidos, dos que tiñas pensado, ou mesmamente, podes desenrolar.

É certo que, como sesión aproveitala mellor se vas só, ao teu ritmo e facendo o que crees ti que corresponde, pero iso de saír nun grupo de xente ten algo que vai mais aló de si é mais rentable ou menos, deportivamente falando.

Ten algo de maxia que convirte ese pedazo de tempo en algo moi satisfactorio no persoal. Fai que, por uns cantos minutos, sintas que o deporte fai algo especial polas persoas, moito mais aló das ganancias físicas: fainos mais próximos uns aos outros.

Quedamos para a semana que ven, xa moi preto da carreira de 10k de San Xiao, por Ferrol. O trazado tamén será por aló.
Se me fago có track, incluso é posible que fagamos o que sería o percorrido da carreira do domingo 19. Xa veremos.

Hoxe fixen uns km de quentamento antes de sair dende o comezo do Paseo de Xuvia.

A actividade en Strava:
https://www.strava.com/activities/2996951009

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
57 Carreiras
1181 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Dom, 12 Xan 2020, 20:15
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Diario de adestramento //Domingo, 12 de xaneiro de 2020 // Día 42 // km 52 da semana

REPARANDO PEZAS MALLADAS
Levo uns días, desde o xoves que levei un golpe na rodilla (recoñezo que me costa pensar en "xeonllo" en vez de rodilla, inda que sexa o correcto), que apenas a podía flexionar.

Xa o venres apenas puiden saír a facer unha andaina dunhos 10 km. Estas cousas nunca sabes como tratalas realmente, pero tirando de sentido común preferín non forzar estes días pasados.

Sen embargo hoxe pola mañá notei unha certa melloría, que ía a mais se me mantiña activo, mentres que parecía como se retrocedese na recuperación se quedaba quieto, sentado coa rodilla flexionada e quieta.

Por iso que pensei que se saía a correr, de maneira suave, pola tarde, posiblemente abondara na melloría.

E así foi. A medida que ían caendo os km, máis fortalecida notaba a perna, e o que ía ser unha simple tirada pequena polo paseo marítimo, acabou sendo a volta á ría de 16 km.

O que sí parece confirmarse é a idea de que as maias compresivas curtas e mais eu non casamos ben á hora de facer km.

Era algo que xa me parecera notar meses atrás, que pensei en afirmar no Trail de Moeche, e que parece que se confirma agora: provócanme unha pesadez nas pernas, como se a suposta mellora na circulación sanguínea que provocan, no meu caso fose ao revés, dificultando, por mor da compresión, a circulación fluída do sangue traendo, como consecuencia, un cansancio repentino e prematuro.

Xa no Trail de Moeche pasoume algo parecido, entrándome ganas de abandoar na metade do percorrido. Achaqueino a outras cousas, como a falta de adestramento das semanas previas, que pode que tiveran influencia tamén, pero cada vez estou mais convencido de que as maias curtas non son as mellores amigas que teño para distancias longas.

Por iso non as usei na media maratón de decembro. E por iso non vou levalas á media da Coruña do mes que ven.

Para esta semana que ven dan auga por aquí. A ver cantos días podemos adestrar, que o domingo hai un 10k dos bos por Ferrol, non como e sa de Valencia....que a nosa é gratuíta Guiño

A actividade en Strava:
https://www.strava.com/activities/3005908922

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Lun, 13 Xan 2020, 13:43
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Coincido contigo en que salir en compañía tiene sus pros y sus contras, pero en mi caso, como suelo salir solo, siempre se agradece salir acompañado de vez en cuando, aunque solo sea por convertir esta afición, en una actividad más social, charlando e intercambiando opiniones, ....
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
57 Carreiras
1181 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Lun, 13 Xan 2020, 20:34
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Diario de adestramento // Luns, 13 de xaneiro de 2020 // Día 43 // km 18 da semana

O QUE LEVOU O VENTO (AKA: LO QUE EL VIENTO SE LLEVÓ)

Hoxe, comenzando a semana é un día para facer km suaves, de transición entre a tirada longa e a media forza, dos domingos, e as series dos martes.

Como mañá non vai haber series, xa que está planeada unha quedada cós amigos para facer uns km suaves, pensei en facer hoxe as series.

O problema era dobre: por unha parte que o xeonllo (rodilla) aínda necesita de pequenos axustes para traballar ben, e forzala con ritmos altos talvez non sexa o mais adecuado e, por outra, o vento, que hoxe pegaba bastante pola zona do paseo marítimo de Xuvia, é non era o mais doado para meterse a facer series a bó ritmo.

Por iso decidinme a facer unha tirada suave como estaba previsto, duns 60 minutos.

É aquí onde cobra importancia e relevancia o tema da potencia, de poder controlala en carreira, xa que ese vento cando ven de cara, mais as costas que había que subir, fan difícil o controlar se queres facer esa tirada de maneira suave.

Pero controlando a potencia que estás a desenrolar, xa ves como, ao mesmo ritmo, en canto sopra vento en contra, aumentan os vatios xerados, có cal tes que baixar o ritmo de min/km para seguir dentro dunha marxe adecuada. Neste caso unha franxa "fácil" e que podes limitar a través de aplicacións en Garmin que xa te avisan cando te saes das márxenes que lle indiques previamente.

E o mesmo pasa cando empezas a subir unha costa. E se se dan esas dúas circunstancias, de soprar o vento en contra mentres estas a subir....xa non vos digo nada.

Pero ese vento forte que sopraba hoxe con forza por momentos, tamén trouxo outras cousas no "pack".

Non sei a quen se lle ocorrería poñerse a cortar a herba có cortacésped polo paseo hoxe. Seguramente era algo que xa estaba planeado con antelación, e en vista de que dan auga para os vindeiros días, pois igual quixeron aproveitar.

Pero o caso é que houbo un momento que parecía que estivera pacendo na herba da que se me colou pola boca....Eu penso que si tivera un vasiño de caña podería facer un licor de herbas do máis chulo.... Moi feliz

Outro detalle que tamén levou o vento foi algo marabilloso de ver.
Normalmente non son andar có móbil comigo. Non me gusta. Salvo que teña que usalo por esperar unha chamada ou se sei que vou estar tempo parado, como cando vou á praia, que entón o levo xa que nel teño bastantes libros e gústame ilos lendo.

Pero hoxe foi un día deses que pensas que pena non levalo contigo para poder gravar cousas que acontecen en calquera momento, como o que vin polo paseo mentres ía quentando, o cal permitiume desfrutar mais se cabe, xa que ía moi amodo.

O caso é que había moitas follas secas caídas ao chan e o vento íase encargando de transportar, dando a impresión de que eran pompas de xabón, pola facilidade e suavidade con que se movían.

Movíanse ata chegar ao muro da beira do paseo, onde a xente acostuma a sentarse. Aí xa non podían remontar a altura de pedra polo que tiñan que aceptar a idea de non poder viaxar mais lonxe.

Pero, o caso é que ese movemento provocaba nas follas como un sentimento de rebeldía, que facía que se revolvesen sobre si mesmas, provocando un curioso efecto como de ola de mar. Esa ola que sempre se ve nos campionatos de surf que vai rompendo ao ritmo do propio surfista, dun lado ao outro. Pois igual, para acabar morrendo amontoada xunto con outra que xa intentara mostrarse á xente que por alí pasaba.

Era un efecto marabilloso de ver, e xa digo, tiven pena inmensa de non poder gravalo.

O que si vos podo traer relacionado có vento é unha canción moi especial para min dende hai xa....mais de 30 anos. Canción que ven, amais, acompañada de imáxenes doutra película especial, dun corredor que faría boas migas neste foro Guiño


E así, entre vento soprando acariciando a cara, e momentos especias que me trae ao recordo esta canción, pasou este día.

A sesión en Strava, que contén case media hora de quentamento mais estiramentos dinámicos, logo a tirada suave dunha hora de duración a 238 w e ritmo de 5.21 min/km, para rematar con estiramentos estáticos e 3 km mais de enfriamento.
https://www.strava.com/activities/3008155209

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
57 Carreiras
1181 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Mér, 15 Xan 2020, 12:16
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Diario de adestramento // Martes, 14 de xaneiro de 2020 // Día 44 // km 42 da semana

UN GALEGO DE PÉ ROMANO

Escribo hoxe mércores no diario o día que tocou onte, pero é que cando chegas tarde de correr, amais se son 24 km, e tes que madrugar ao día seguinte, moitas ganas non tes de poñerte a escribir, non.

Inda encima, se eu son de darlle bastante contido, de intentar explicar ben as cousas, pois peor aínda, xa que esa maneira de facer as cousas leva mais tempo, claro.

Ben, empecemos a escribir acabado de chegar de traballar e tras afeitarme e tender a roupa da lavadora Guiño

Eu teño un tipo de pé coñecido como "romano" pola súa feitura nos dedos, inda que iso non está moi claro, xa que unhas fontes falan de só tres tipos: grego, exipcio e cadrado, como na wikipedia: https://es.wikipedia.org/wiki/Pie#Tipos_de_pie mentres outros sitios xa inclúen mais formas, como a romana, xermánica, ou mesmamente celta.

No meu caso, a forma que mais se asemella sería a romana:
cós dous dedos primeiros practicamente iguais, ou case.

¿Iso que consecuencias ten á hora de correr?, pois que preciso de calzado que sexa ben ancho na punteira, non só de medio pé, que aí tamén son anchos os meus pes, senón que diante haia o suficiente espazo como para poder moverse ben os dedos.

Esa situación dáse moito cando fas unha baixada, xa que o pé tende a deslizarse por dentro da zapatilla cara á punteira, e si aí os dedos non atopan espazo suficiente, acaban amontoándose uns sobre outros, e acabas con dedos inchados, para logo pasar a uñas negras para acabalas perdendo finalmente. Aparte de que todo é bastante dorido, claro.

Este é un problema que teño sofrido con bastante dor nos trails, por exemplo, xa que aí os desniveis que hai que pasar son bastante mais elevados que en asfalto.

Solucioneino mercando zapas con bastante anchura na punteira, pero tamén que teñan a posibilidade de dobre ollal para poder así anclar o pé na parte traseira da zapatilla.

Aquí vese a diferencia de punteira entre as Topo de Trail (bermellas) e as New Balance FuelCell Propel de asfalto (negras)


Non pensaba que me puidera pasar isto no asfalto, xa que hai bastante menos desniveis, e as zapas que tiña permitían o uso do dobre ollal, pero foi mercar as zapas que se ven mais enriba, as de asfalto, sen fixarme nese detalle, e vir os problemas.

Non teñen dobre ollal, polo que tiven que facerlle eu un "mais ou menos":


Por exemplo, as New Balance Zante Pursuit si que o teñen:


Era iso...ou vendelas por Wallapop, que seguro que lles ía poder sacar un bo prezo ao ter simplemente dúas saídas feitas con elas. Pero eu estaba empeñado en poder correr con elas, polo que decidín modificalas algo, buscando así poder facer unha dobre lazada aí:


Ben, pois o caso é que, de inicio ían bastante ben, notando mellorías sobre o andar sen esa "reforma", pero pasados os km, e onte foron 24, xa notei, sobre todo a do pe esquerdo, como se deslizaba un pouco, seguramente por non estar o suficientemente apertada.

O caso é que cheguei á casa, de noite, e si que tiña unhas pequenas molestias e o dedo gordo do pé esquerdo algo magullado. Non tanto como a vez anterior que saíra sen estes cambios, pero non acabou de quedar ben.

Posiblemente cunha mellor atada, mais firma, queden ben. Será cuestión de probar outro día.

A tirada foi longa, de 24 km en total, pero con pequenas paradas polo camiño, ao ir en grupo, aparte da dificultade engadida do vento, que chegando ao peirao de Ferrol, e por Caranza, pegaba bastante.

Nesas condicións de vento, aparte das costas que había que subir, fai que, ás veces, sexa complicado levar un ritmo concreto, neste caso mais ben pausado, saíndo unha media de 244 w e 5:25 min/km, con un último tramo xa acelerando un pouco mais facendo 320 w a 3:46 min/km.

Hoxe mércores parece que o vento calmou bastante, e non se espera tampouco que pete moito pola tarde, de tal xeito que haberá que aproveitala ben.

A sesión en Strava:
https://www.strava.com/activities/3011702692

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
57 Carreiras
1181 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Mér, 15 Xan 2020, 20:16
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Diario de adestramento // Mércores, 15 de xaneiro de 2020 // Día 45 // km 57 da semana

AS MOLESTIAS QUE NON SE VAN

Hoxe era un día no que tiña pensado probar o sistema Trifásico do que xa vos teño falado: correr controlando tres parámetros ao mesmo tempo: potencia en vatios, ritmo en min/km, e pulsacións por minuto, coas correspondentes alarmas no reloxo para que sexa capaz de centrarme en algo mais concreto.

E xa tiña deseñado o plan: sería sobre un percorrido de 14 km, partindo de casa ata o cruce da Carreira (para quen a coñeza), collendo cara a Sedes e xa volver cara a Xuvia.

Xa tiña todo deseñado, e cando quero pasalo para o reloxo sáeme unha mensaxe de que os servidores de Garmin están de mantemento e non estarán dispoñibles, que o volva a intentar mais tarde:


Pero claro....iso foi mesmo antes de saír a correr, polo que desistín e decidín facer outras cousas, como unha tirada mais suave.

E menos mal.

A verdade é que non quería poñer nada por aquí, inda que ben pensado sí debín facelo, xa que isto é un diario, e nos diarios un ábrese por completo.

A semana pasada, saíndo cos compañeiros de tirada nocturna non vin un resalto na beirarrúa e caín.

Golpeei o xeonllo (rodilla) esquerda, que empezou a sangrar, aparte doutros golpes menores, un deles algo mais abaixo do peito, na zoa esquerda, á altura das costelas.

O caso é que ao día seguinte non podía correr por mor das feridas no xeonllo esquerdo, por iso decidín ir andar un pouco, aparte de que aínda tiña os dedos algo doridos como resultado das zapas estreitas na punteira da semana anterior.

Xa cando saín a andar notei algo nesa zona, algo mais abaixo do peito, na esquerda, molestando algo se cargaba cós dedos.

Non lle din importancia pensando que sería unha molestia coma tantas que vas tendo, que duran un día ou dous e xa remiten.

O sábado tampouco saín a correr e o domingo por fin decidinme, notando que o xeonllo ía a mellor conforme o exercitaba. Pero as molestias na parte baixa do peito seguían aí.

O luns mais do mesmo, e onte na tirada longa xa notei algo raro, custándome seguir o ritmo por momentos dos compañeiros, xa que, por veces, a respiración fáiseme mais dificultosa.

Ao final puiden apertar, si, pero iso é algo que me sae sempre no km final. É como se fose algo instintivo que me empuxa a acelerar ao final de todo sacando forzas de onde non teño. Pásame en tódalas carreiras que, por moi cansado que vaia ao final, sempre acabo apertando ben no último km.

Hoxe, ao non poder darlle saída á idea que tiña acerca do sistema trifásico, decidín facer algo suave, pero nin sequera fun capaz de rematalo en condicións, polo que decidín parar antes de tempo.

Supoño que nos vindeiros días terei que pasar polo mecánico, ou mecánica mais ben, no meu cambio acabado de estrear de médico de cabeceira de Cedeira a Narón, e a ver que me dí, pero supoño que terei que cancelar a carreira que tiña pensado o domingo que ven en Ferrol por San Xiao, e xa veremos en que queda a media da Coruña do mes que ven, na que xa estou inscrito.

Son desas cousas que che tocan un pouco bastante a moral, pero non queda outra que seguir mirando cara adiante e esperar a ver que me din no médico.

Veña, seguímonos lendo compañeir@s de fatigas Guiño

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Xov, 16 Xan 2020, 13:56
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Por lo que cuentas, pienso que tiene mucha pinta de ser una contusión osea y tendrás derrame.....Supongo eh....que no soy médico ni mucho menos. Hablo por lo que cuentas y experiencia propia. Hielo y reposo...pero no tanto esto último. Más que reposo, es cuestión de tiempo y poco a poco irán remitiendo las molestias, ya veras. A seguir igual que te tengo controlado Guiño Guiño Guiño
OrEK

Maratoniano
Maratoniano
7/01/18
99 Carreiras
454 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Xov, 16 Xan 2020, 13:58
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

moito animo Juan, en nada estás de volta, xa verás
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 16 Xan 2020, 14:21
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Estoy con Nando. Teniendo como idea nada más que la experiencia propia, creo que el parón total no es buen rollo, no suele ser buen rollo. Si no puedes moverte, por supuesto que tienes que parar. Pero una vez que se convierte en molestia, pasados unos días de reducción de la actividad hay que moverla (a lo mejor no estrictamente corriendo). Hay que moverla con una gimnasia, una elíptica, una piscina o una bicicleta, y ver como respira la zona afectada.

Si lees los diarios, en general las lesiones-no graves (ojito, ver el diario de Meiga) se van solas con el uso.

Ánimo.
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Xov, 16 Xan 2020, 14:36
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

JuanBellas escribió:

A verdade é que non quería poñer nada por aquí, inda que ben pensado sí debín facelo, xa que isto é un diario, e nos diarios un ábrese por completo.

A semana pasada, saíndo cos compañeiros de tirada nocturna non vin un resalto na beirarrúa e caín.

Espero que non sexa nada grave. A ver que che di o médico de cabeceira. Moito ánimo!
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
57 Carreiras
1181 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Xov, 16 Xan 2020, 14:50
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Grazas mil a tod@s polos ánimos e consellos.

Cursei a cita onte pola web e non tiñan libre ata o luns.
A ver que sae de aí, pero non creo que me de para correr o domingo… E facíame ilusión, si.

É unha molestia, mais que nada, que se fai mais evidente ao coller aire profundamente. En condicións normais case nin me dou de conta dese problema.

Tamén é verdade que nestes días atrás, cando apertaba na zona sentía máis molestia que agora que xa sinto moito menos.

En fin... supoño que os case xa 54 tacos faranse notar mais e cada vez seremos menos "resistentes" Guiño

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Ven, 17 Xan 2020, 6:48
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Indiferente vaia Juan, ánimos e a recuperarse ben, dalle tempo ao corpo e que só sexa un golpe, que a saúde é o primeiro por moito que nos vicie esto.
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4361 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 17 Xan 2020, 18:49
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Ánimo, es una pena perderse una carrera cerca de casa, pero hay muchas carreras todas las semanas ya te resarcirás.

Me perdí un poco, qué lesión es?





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos