Foros ›
XVIII Carreira Pedestre do Nadal 10K San Cibrao
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
San_Cibrao

Organización
Organización
5/12/07
0 Carreiras
120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 27 Out 2019, 17:20
Asunto: XVIII Carreira Pedestre do Nadal 10K San Cibrao

Frecha REGULAMENTO XERAL

XVIII CARREIRA PEDESTRE DO NADAL
CONCELLO SAN CIBRAO DAS VIÑAS
15 de decembro de 2019

SAÍDA E META
PISCINAS MUNICIPAIS DE PONTE NOALLA

INSCRICIÓNS
Presenciais: Runmaniak (Avenida Buenos Aires, nº 17) ata o martes 10 de decembro ás 20h
On-line: a través da web www.championchipnorte.com ata o xoves 12 de decembro ás 00:00h
Carreira de adultos: está limitada a 500 participantes e a colaboración coa carreira será de 5€.
Carreira de escolares: está limitada a 100 participantes e a colaboración coa carreira será de 2€.
Carreira de pitufos: non ten límite de participación e as inscricións son gratuítas

INFORMACIÓN
www.championchipnorte.com
www.sancibrao.es
tlf. 647913079 - 680135711

HORARIOS
10:30 horas: saída carreira escolares
11:00 horas: entrega de trofeos ós escolares
11:30 horas: saída carreira adultos
13:00 horas: saída carreira pitufos
13:10 Ágape para os participantes
13:30 horas: entrega de trofeos e sorteo de agasallos

CARREIRA PEDESTRE DO NADAL 10K SAN CIBRAO
REGULAMENTO XERAL

1. SAÍDA E META: estarán situadas nas piscinas municipais de ponte Noalla, nas inmediacións do
Polígono de San Cibrao das Viñas. As coordenadas da saída son as seguintes:
GPS (WGS84) 42º17’01”, 7º50’15”O - UTM x:595802 y:4681920

2. DORSAIS E CHIPS: a recollida de dorsais e chips efectuarase na secretaría da competición o día
da proba ata media hora antes da saída de cada carreira.

3. HOMOLOGADA: a Carreira Pedestre do Nadal é unha proba incluída no calendario oficial de
probas en ruta da Federación Galega de Atletismo con distancia homologada de 10.000m pola Real
Federación Española de Atletismo. A organización contará co asesoramento da Delegación en
Ourense da Federación Galega de Atletismo, o Comité de Xuíces e a colaboración de organismos
municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.

4. CLASIFICACIÓNS: será absoluta e por categorías. Os premios non son acumulables. Para
recibir un premio o atleta deberá estar presente na cerimonia de premiación. En caso contrario, a
organización entende que renuncia ó premio. A carreira da categoría Pitufos non é competitiva e non
se entregarán premios ós vencedores/as.

5. DESCUALIFICACIÓNS:
Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da
carreira, non levar dorsal ou manipular éste, falsificar datos persoais, competir co dorsal ou chip de
outra persoa, correr con cascos ou non levar o chip durante toda a proba.
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos aos participantes.
Os atletas con licenza federativa terán que aterse ó regulamento de Disciplina Deportiva en vigor. Os
atletas con licenza federativa pola FGA deberán competir coa camiseta oficial do seu clube.

6. PECHE DE CONTROL: o primeiro control está situado a 5 km da saída e pecha ós 35’ e o
control de chegada pecha 40’ despois de que entre o primeiro corredor clasificado.

7. SERVIZOS EN CARREIRA: o percorrido estará sinalado cada km. Os abastecementos estarán
situados no kilómetro 5 de carreira e á chegada no recinto das piscinas municipais de Ponte Noalla.

8. SEGURO: todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos
os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición
implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo
estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á
organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa
realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que
utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos. As persoas non inscritas oficialmente
e que tomen parte da carreira a modo particular, sen ser autorizadas polo organizador, non están
amparadas polos seguros da proba. A FGA non se fará responsable dos danos que estas persoas
podan causar ou causarse.

9. PREMIOS: establécense os seguintes premios:
• 150€ - 100€ - 75€ - 60€ - 60€ - 60€ ós 6 primeiros clasificados/as en material deportivo.
• 60€ ós seis primeiros/as clasificados/as do Concello de San Cibrao das Viñas en material
deportivo (imprescindible estar empadroado no Concello de San Cibrao das Viñas).
• Premio especial ós 6 primeiros traballadores-empresarios do Polígono de Barreiros e San
Cibrao das Viñas
• Trofeo aos 3 primeiros/as clasificados/as en cada categoría.
• Camiseta técnica para todos os/as participantes que rematen a carreira.
• Medalla para todos os Pitufos participantes ata esgotar existencias.
• Sortearanse numerosos agasallos e produtos gastronómicos, bicicletas, cestas de Nadal,
sesións de fisioterapia, etc.

10. PARTICIPACIÓN DE ATLETAS EXTRANXEIROS E DOUTRAS FEDERACIÓNS
AUTONÓMICAS: rexerase polas normas recollidas na CIRCULAR 178/2018 RFEA: “Reglamento
de Competiciones de Campo a Través, Pista, Ruta, Marcha y Trail Running. Calendario RFEA 2018-
2019”: www.rfea.es/sirfea/fic...104429.pdf

11. CATEGORÍAS: establécense as seguintes categorías:

Carreira de escolares:
A) Sub10: 2010 e 2011
B Sub12: 2008 e 2009
C) Sub14: 2006 e 2007
D) Sub16: 2004 e 2005
E) Sub18: 2002 e 2003

Carreira de adultos:
Distancia a percorrer: 2’5 km
(1 volta pequena)
Saída ás 10:30 horas
F) Sub20 e sub23: 1997 a 2001
G) Sénior: 1996 ata Máster Distancia a percorrer: 10 km
H) Máster A: de 35 a 44 anos (2 voltas)
I) Máster B: de 45 a 54 anos Saída ás 11:30 horas
J) Máster C: de 55 a 64 anos
K) Máster D: de 65 anos en adiante

Pitufos: 2012 e posteriores Distancia: 200 m. Saída ás 13:00 horas

12. RECLAMACIÓNS: poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba non máis
tarde de 30 minutos despois de publicarse oficialmente os resultados. A participación é libre e leva
implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. O non recollido no mesmo resolverase de
acordo, por esta orde, as norma da FGA, RFEA e IAAF en vigor.

13. SERVIZOS AO FINALIZAR A CARREIRA: a Organización obsequiará cun ágape a todos
os/as participantes da proba. Haberá vestiarios e aseos para home es mulleres e servizo de duchas.
Non haberá gardarroupa.

14. ACEPTACIÓNS: o atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a
súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e internet para a promoción do deporte.
Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por
escrito. Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o
presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna situación non prevista no mesmo,
resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF
en vigor.

15. ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e
ambulancia. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da
carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da
mesma.

16. NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos
a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de
accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e
probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode
exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito
ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña




Última edición por San_Cibrao o Dom, 24 Nov 2019, 16:56; editado 1 vez
San_Cibrao

Organización
Organización
5/12/07
0 Carreiras
120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 24 Nov 2019, 16:52
Asunto: Re: XVIII Carreira Pedestre do Nadal 10K San Cibrao

Éstas son as camisetas que regalaremos na edición 2019 a todos os participantes na proba. As inscricións son limitadas a 500 participantes!!
Non te quedes sen ela







Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos