Foros ›
Sorteo 2 dors IV URBAN TRAIL NIGHT EUROCID(26/10): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 22 Set 2019, 21:46
Asunto: Sorteo 2 dors IV URBAN TRAIL NIGHT EUROCID(26/10): PECHADO

IV URBAN TRAIL NIGHT EUROCIDADE
Sábado 26 de Outubro de 2019


Que se sortea?
2 dorsais

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento

REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores: NOKO Deporte y Salud S.L e Sra. Emilia Agencia de Comunicación

Lugar: Valença de Minho - Tui, Sábado 26 de Outubro de 2019.
Web da carreira: urbantrailnight.com/
Inscripcións: championchipnorte.com/...inho---tui
Enlace ao calendario: www.correrengalicia.or...e=20191026
Enlace ao fío do foro: www.correrengalicia.or...053#592053

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o 23/09/2019 ao 26/09/2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 26/09/2019. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo. Por favor, incluide a frase: quero participar no sorteo
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 23/09/2019 ao 26/09/2019). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Lun, 30 Set 2019, 11:15; editado 1 vez
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
349 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 23 Set 2019, 10:03
Asunto: Re: Sorteo 2 dors IV URBAN TRAIL NIGHT EUROCID(26/10): ata 2

Ola!
Quero participar no sorteo.
Participei nas últimas dúas edicións, e a experiencia foi positiva. Para min o mellor é correr polas murallas de Valença, cruzar a ponte internacional e percorrer o casco vello de Tui ás escuras. Combina todo tipo de terreos. Moi bo ambiente na saída e un gardarroupa moi ben organizado. O ano pasado atravesamos dúas discotecas e iso tamén estivo gracioso. Non é moi esixente, pero hai que gardar un pouco as forzas para a subida a Tui. Para todos aqueles que non experimentaron este tipo de carreiras é moi recomendable e entretida.
Sorte a todos!
Quique78

Novo foreiro
Novo foreiro
13/08/17
60 Carreiras
44 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Lun, 23 Set 2019, 13:11
Asunto: Re: Sorteo 2 dors IV URBAN TRAIL NIGHT EUROCID(26/10): ata 29/10

Hola
Quisiera participar en el sorteo para el Trail Eurocidade.
Como el compañero llevo participando dos años y desde el primero me ha enganchado.
Esta super chula. Buen recorrido, gente, buena organización, lo tiene todo.
Es de las más divertidas que he corrido.
Suerte. Todos
srocha

Novo foreiro
Novo foreiro
7/05/15
0 Carreiras
18 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 23 Set 2019, 14:49
Asunto: Re: Sorteo 2 dors IV URBAN TRAIL NIGHT EUROCID(26/10): ata 29/10

Quero participar no sorteo. Participei nas dúas primeiras edicións, aínda que con percorrido moi similar non foron iguais. O ano pasado debido a unha lesión non puiden ir. Este ano gustaríame poder correla de novo. Unha carreira distinta, pasando por lugares moi bonitos, outros curiosos e outros sen dúbida moi particulares. Sorte a todos!
trujo

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/02/11
55 Carreiras
64 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 23 Set 2019, 17:27
Asunto: Re: Sorteo 2 dors IV URBAN TRAIL NIGHT EUROCID(26/10): ata 2

Ola!
Quero participar no sorteo.
nunca participei nesta carreira e sería una boa excusa para ir. Non sei se esta carreira sustitúa á Carreira Tui-Valença que faciase no mes de xuño.
Espero ter sorte, e se non.....sorte a quen lle toque.
Saúdos
Lolinho38

Maratoniano
Maratoniano
24/10/13
147 Carreiras
313 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Lun, 23 Set 2019, 19:21
Asunto: Re: Sorteo 2 dors IV URBAN TRAIL NIGHT EUROCID(26/10): ata 29/10

Quiero participar en el sorteo.
Participé el año pasado y disfruté muchísimo con el recorrido, especialmente, con el paso a oscuras por la muralla de Valenca. Carrera muy recomendable, tanto por el recorrido como por la Organización de la misma.
Pregal

Novo foreiro
Novo foreiro
4/09/17
40 Carreiras
4 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 23 Set 2019, 22:19
Asunto: Re: Sorteo 2 dors IV URBAN TRAIL NIGHT EUROCID(26/10): ata 29/10

Hola!!
Quero participar no sorteo.
Participé dos veces y quiero una tercera para poder disfrutar de esta carrera y mejorar el tiempo del año pasado
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 24 Set 2019, 19:08
Asunto: Re: Sorteo 2 dors IV URBAN TRAIL NIGHT EUROCID(26/10): ata 29/10

Boas!!
Quero participar no sorteo.
Estiven nesta proba na edición pasada e agardo está vez voltar pero grazas a unha das prazas sorteadas jejeje!!
Unha proba chula que ata pasa polo medio dunha disco!!
A ver se hai sorte!
jstsmmd

Foreiro infantil
Foreiro infantil
28/01/10
0 Carreiras
67 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 26 Set 2019, 4:49
Asunto: Re: Sorteo 2 dors IV URBAN TRAIL NIGHT EUROCID(26/10): ata 2

Bos días.
Quero participar neste sorteo.Moitas gracias pola oprtunidade.
Participei en anteriores edicións e o certo é que se trata dunha proba fantástica: nocturna,paso por zonas históricas de dous países,mistura de terreos,ambiente,sorpresas no percorrido...Recomendable ó cento por cento.
Un saúdo a tod@s!
Jose
chancletas

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/02/10
0 Carreiras
179 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 26 Set 2019, 8:52
Asunto: Re: Sorteo 2 dors IV URBAN TRAIL NIGHT EUROCID(26/10): ata 2

Boas,

Gustaríame participar nesta edición do Urban trail night eurocidade. Nunca participei nesta modalidade e gustaríame probar esta que está pretiño da casa.

apertas.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 26 Set 2019, 22:09
Asunto: Re: Sorteo 2 dors IV URBAN TRAIL NIGHT EUROCID(26/10): ata 29/10

Sorteo cerrado. Suerte a todos. En unas horas publicaremos los nicks de los ganadores.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 27 Set 2019, 11:42
Asunto: Re: Sorteo 2 dors IV URBAN TRAIL NIGHT EUROCID(26/10): ata 29/10

Sorteo 2 dors IV URBAN TRAIL NIGHT EUROCID(26/10): ata 29/10

Resultado: Karris, Gertiz

¡Enhorabuena! Para que el premio se haga efectivo hay que enviar un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

- Nombre y apellidos
- Fecha de nacimiento
- DNI
- Localidad
- Talla de camiseta
- Nick personalizado para el dorsal
- Email
- Teléfono
- Club al que perteneces
- Si estáis o no federados
- Nº de federado
- Nº de chip de CCNorte (en caso de tenerlo en propiedad, si no, indicar que no lo tenéis)
- ¿Estás empadronado en Tui (indicar Sí/No)?
- ¿Estás empadronado en Valença (indicar Sí/No)?
- ¿Vas a usar el bus antes de la carrera (indicar Sí/No)?
- ¿Vas a usar el bus después de la carrera (indicar Sí/No)?

Es importante recordar que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos los datos, se perderá el derecho al dorsal y será repetido el sorteo entre los suplentes

Link al resultado: www.sortea2.com/versor...ata_241944


Queda fuera del sorteo por no estar inscrito en el circuito trujo
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
349 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 27 Set 2019, 11:49
Asunto: Re: Sorteo 2 dors IV URBAN TRAIL NIGHT EUROCID(26/10): ata 2

Bailar Bailar Bailar
Moitas gracias!
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 27 Set 2019, 21:52
Asunto: Re: Sorteo 2 dors IV URBAN TRAIL NIGHT EUROCID(26/10): ata 29/10

Grazas!!! Yupiiiii
Correo enviado!!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos