Foros ›
Author
Message
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2220 Posts
Galiza
Reply with quote Post Sat, 21 Sep 2019, 9:59
Post subject: Re: STRAVA



gracias Wink pola explicación da súa función, xa me parecía que non o vira antes

-- Chámame "ghose"
moosix

Novo foreiro
Novo foreiro
2/11/19
0 Carreiras
9 Posts

Reply with quote Post Sat, 02 Nov 2019, 20:16
Post subject: Re: STRAVA

Oye no punta mal esa app, yo uso imapMyrun + y estoy muy contento con las últimas actualizaciones pero esta parece tener nuevos features. Vamos a probarla!
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2220 Posts
Galiza
Reply with quote Post Tue, 17 Dec 2019, 8:15
Post subject: Re: STRAVA

para quen guste máis do aspecto estatístico que do social o/ de estas apps, existe unha extensión para Chrome/Chromium que se chama Elevate

chrome.google.com/webs...ljcgicpckn

pronto terá versión de escritorio (multiplataforma)

thomaschampagne.github.../#/landing debido a discrepancias sobre a evolución de Strava así como da súa relación con outras aplicacións como Relive



-- Chámame "ghose"
ghose

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/01/20
0 Carreiras
175 Posts
Galiza
Reply with quote Post Tue, 19 May 2020, 5:07
Post subject: Re: STRAVA

supoño recibistes o email dicindo que "escoitaron a comunidade" Very Happy

Incluso admiten que lles "levou tempo escoitar e entender" Silbar

Simplifican a situación e haberá funcións gratuítas e funcións de pagamento, só UN PLAN de pagamento.

Quitan tamén o dos post patrocinados aos que te podías apuntar (ou algo así).

O da cronoloxía en orde cronolóxica descendente era un clamor (os de FB ou TW nin saberedes o que é eso, pero é o que tes aquí en Correr en Galicia)

Entendo que haberá xente que atope moi necesarias/interesantes algunhas funcións que ata o de agora eran gratuítas e pasarán a ser de pagamento (creo que o dos segmentos).

Qué vos parecen os cambios?

Est.2008
anpefi

Maratoniano
Maratoniano
5/02/11
100 Carreiras
1013 Posts
Vigo
Reply with quote Post Tue, 19 May 2020, 7:53
Post subject: Re: STRAVA

A min os cambios non me parecen nin ben nin mal Silbar

Paréceme positivo que simplifiquen os plans de suscripción, aínda que me parece moi cara para o que realmente ofrece. E iso que eu son suscriptor "involuntario". Levo dous anos aproveitando múltiples ligazóns a ofertas de summit gratuíto por un ou dous meses, pero na última metín a pata e non a din de baixa nada máis collela e o rematar o periodo promocional renovaronme a suscripción anual. Non pasa nada, non me doe pagar por algo que uso pero non era o esperado Confused

Aínda así, creo que a suscripción non merece moito a pena xa que moitas desas funcións xa as teño en outros sitios. A analise das zonas cardiacas xa a teño en Garmin, por exemplo. Se había algo que valoraba no Strava era esa curva de Fitness que, con as limitacións que ten, dame unha idea xeral da miña condición que correlaciona bastante ben coas miñas sensacións. Pero xa nin eso preciso, xa que a partir dos datos almacenados en Garmin, fixen un script para calcular por min mesmo esa curva de xeito mellorado (considerando o pulso de todo o día e non só das actividades rexistradas como tal). Así que a principal motivo para a suscripción no meu caso, xa non é necesario. Outras das cousas que proporciona, coma o RAP, tamén as podo calcular eu de xeito automático.

O Strava está moi ben no punto de vista social (motiva ver as actividades que fan os teus contactos), ainda que tamen ten eivas importantes nese sentido (a falta de mensaxes privadas entre usuarios, por exemplo). O dos segmentos, buehh, pode ser divertido pero non lle dou moita importancia (aínda que procuro crear os segmentos que creo que poden ser interesantes). Das opcións que máis me gustan está o Flyby, en especial en carreiras, que te permite ver que usuarios estiveron preto teu (por exemplo, permiteme saber que onte casi me cruzo con un contacto meu. Non nos vimos por 10 segundos)

En resumo, que me parece ben o que fagan. Pola miña parte, cando se acabe a suscripción non voltarei a buscar promocións, aínda que me quede sen saber as clasificacións nos meus segmentos favoritos Razz
ghose

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/01/20
0 Carreiras
175 Posts
Galiza
Reply with quote Post Tue, 19 May 2020, 10:29
Post subject: Re: STRAVA

anpefi escribió:
A min os cambios non me parecen nin ben nin mal Silbar

a min tampouco Very Happy pero era por falar de algo Mr. Green



E gracias por compartir a opinión! Aplauso


Si, o flyby fai gracia velo Razz


Cita:
a partir dos datos almacenados en Garmin, fixen un script para calcular por min mesmo esa curva de xeito mellorado (considerando o pulso de todo o día e non só das actividades rexistradas como tal)

esto telo que contar polo miúdo Chupete

Normalmente xa un sabe cando está feito unha piltrafilla ou non recuperas ben ou tal, pero ver os números antes de chegar ahí pode ser útil. Ou outras cousas como saber si che cunde o adestramento e progresas, etc., pero vaia a min personalmente case me interesa máis o que digo da recuperación.

Est.2008
anpefi

Maratoniano
Maratoniano
5/02/11
100 Carreiras
1013 Posts
Vigo
Reply with quote Post Tue, 19 May 2020, 13:30
Post subject: Re: STRAVA

ghose escribió:

esto telo que contar polo miúdo Chupete

Normalmente xa un sabe cando está feito unha piltrafilla ou non recuperas ben ou tal, pero ver os números antes de chegar ahí pode ser útil. Ou outras cousas como saber si che cunde o adestramento e progresas, etc., pero vaia a min personalmente case me interesa máis o que digo da recuperación.

Sí, é algo que quero plasmar nun post e que darei a coñecer por aquí, incluíndo o código para que calquera (que sepa abrir unha sesión de R) o poda executar para os seus datos. Aínda me levará algún tempo, xa que tamén quería construiri un modelo de Machine Learning que a partir de varios deses datos poida predecir o meu tempo en carreira Silbar

Sobre o fitness score de Strava, aquí vai un adianto.
Esta é a gráfica que me da o Strava, baseada só nas actividades que están subidas ó mesmo:


E aquí a miña versión baseada nos minutos nas diferentes zonas cardiacas ao longo de todo o día, ademáis dunha liña gris que indica a "forma" pero algo alterada respecto a que calcula Strava (para escalala e suavizala):


O dito, espero que máis cedo que tarde poida plasmar todo isto nun post.
ghose

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/01/20
0 Carreiras
175 Posts
Galiza
Reply with quote Post Tue, 19 May 2020, 15:33
Post subject: Re: STRAVA

anpefi escribió:
... é algo que quero plasmar nun post e que darei a coñecer por aquí, incluíndo o código para que calquera (que sepa abrir unha sesión de R) o poda executar para os seus datos...

Aplauso Aplauso

gracias

Est.2008





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum