Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 25 Ago 2019, 19:42
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: "Operación Berbés - día 2"

Está claro que o meu corpo xa non recorda que era iso de saír a correr dous días seguidos. Sigo a ritmos de 5:50 ou máis. Se hoxe tardei en chegar só 52 minutos en vez de 53 sería porque non tiven que esperar a cruzar en ningún paso de cebra. Canto queda por traballar...
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 28 Ago 2019, 20:49
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Operación Berbés : días 3,4 e 5
Dalgún xeito imos facendo os deberes. Os resultados xa son tema aparte.
Os exercicios do luns saíron en versión reducida e de mala gana á última hora da tarde.
A sesión de ximnasio de onte, con Alba, era a primeira despois de mes e medio sen pasar por alí. Así que lle supliquei que me tratase con suavidade. E aínda así meteume unha rutina de planchas sobre mans, con flexión e cruce de man a ombreiro contrario, que simplemente fun incapaz de intentar sen caer ó chan... Se lle chego a deixar facer unha sesión normal non sei como remataría. Con estes antecedentes acometin a saida desta mañá. Suponse que hoxe tiña condicións máis favorables ca outros dias: horas de abondo na cama, ceo anubrado e aire fresco, as pernas soltas da sesión de ximnasio, sen aire en contra... Tanto ten. O resultado segue sendo 53 minutos a un ritmo de case 5:55... Tan mal me sentou o verán?!
VICTORALVAREZ

Experto no foro
Experto no foro
13/10/10
196 Carreiras
5440 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 29 Ago 2019, 9:58
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Enhorabuena por la constancia Meiga Aplauso Aplauso

Y también por el resultado de la Carrera de Carnota, que es bastante durecha. Esos entrenos en altura surtieron efecto Mr. Green
anpefi

Maratoniano
Maratoniano
5/02/11
100 Carreiras
1020 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 29 Ago 2019, 16:18
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Acabo de poñerme ó día no teu diario (dende San Xoan). Impresionante todo, desde a viaxe ó Kirguístan, a carreira de Carnota e o plan para o Berbés. Xa verás como voas o día 15.

Unha cousiña, os 9 Km sempre son na volta de Chapela, non? Se é así quizáis deberías variar de circuito, por que penso que te eses 53 minutos poden ser non por falta de forzas ou preparación, se non por que o corpo xa ten memorizado o ritmo en cada parte do circuito e inconscientemente adáptase a él.
Vémonos no Berbés. Ánimo!
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 29 Ago 2019, 21:29
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

anpefi escribió:
Acabo de poñerme ó día no teu diario (dende San Xoan). Impresionante todo, desde a viaxe ó Kirguístan, a carreira de Carnota e o plan para o Berbés. Xa verás como voas o día 15.

Unha cousiña, os 9 Km sempre son na volta de Chapela, non? Se é así quizáis deberías variar de circuito, por que penso que te eses 53 minutos poden ser non por falta de forzas ou preparación, se non por que o corpo xa ten memorizado o ritmo en cada parte do circuito e inconscientemente adáptase a él.
Vémonos no Berbés. Ánimo!
Grazas pola entrada e os consellos. Non sempre fago a volta de Chapela, a veces fago un combinado pola Guía e a ETEA ou vou ata a Arealonga. O que sí é certo que a volta de Chapela sempre me funcionou como unha especie de test. Se o estado de forma é bo, os cronos saen a 48 ou 49 minutos nun día tirando a bo, en 50 a 51 minutos nun día frouxo. Por eso estes cronos de 53 minutos os interpreto como unha baixada de forma polo pouco entreno deste verán, e estar ese mes e medio sen ir ó ximnasio, aparte de non ter chegado aínda nin de lonxe ó nivel que estaba antes da lesión.
Desde logo, algo teño que mellorar de aquí o día da carreira. E todas as racións de ánimo son de agradecer
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 01 Set 2019, 22:07
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Operación Berbés : días 6,7,8 e 9"

Máis ou menos cumplido. Non no horario previsto, que acabou sendo case todos os días entre as 19:30 e 20:30. Tampouco os exercicios caseiros coa duración prevista, pero polo menos logrei facer as dúas saídas e as dúas sesións en casa. A cousa aínda non remata de despegar, pero polo menos a saída de hoxe foi a un ritmo un chisquiño máis vivo ( 5:43 non é ningunha cousa excepcional pero sempre está mellor que 5:55).
A ver se seguimos con esta pequena progresión positiva para esta semana
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Mar, 03 Set 2019, 21:03
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Poder tener constancia es oro en paño.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 04 Set 2019, 13:54
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Son ritmos de mantenimiento Meiga. Es mejor ese ritmo que parar del todo, después cuesta un huevo volver a lo habitual. En cuanto tengas regularidad estás de vuelta a los de 5:25.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 04 Set 2019, 15:40
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Operación Berbés: Días 10,11 e 12"

Certo que a constancia é ouro en pano, Beu. O interesante sería conseguir constancia en todas as variables, por exemplo, tanta regularidade nas horas de entreno como nas horas de sono nocturno. Pero por "ancianidade", estou nunha época da miña vida onde o de durmir non depende da hora á que me deite. Sen ir máis lonxe, esta noite pasada a miña vexiga fíxome erguer polo menos seis veces para ir ó baño. Cousas das hormonas combinadas coa dieta e a vida en xeral. E claro, non é o mismo pasar a noite así que durmir placidamente unhas horas dun tirón. Cando teño a sorte de que sean 5 ou 6 xa me dou por contenta, pero desde que cumplín os 50 xa nada é igual. Hai que afacerse, pero hai mañás coma a de hoxe , nas que todo da máis pirguiza e as pernas pesan.
Con todo iso , tamén é certo o que dis, Freaky, aí estamos, mantendo, polo menos sen ir moito para abaixo. Na saída de hoxe outra vez 5:50, pero polo menos con boas sensacións, sen dores nos glúteos, abrindo a zancada con certa comodidade. A sesión de ximnasio de onte e os exercicios de antonte tamén axudan.
E en calquera caso, podendo gozar do mero feito de saír , do aire fresco das 9 da mañá, de estar viva , que é mais do que outras persoas teñen... Blanca Fernández Ochoa naceu tamén en 1963, igual ca min. DEP
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Mér, 04 Set 2019, 16:36
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meigalicix escribió:
"Operación Berbés: Días 10,11 e 12"

E en calquera caso, podendo gozar do mero feito de saír , do aire fresco das 9 da mañá, de estar viva , que é mais do que outras persoas teñen... Blanca Fernández Ochoa naceu tamén en 1963, igual ca min. DEP

La verdad que sí, Alicia. Llevamos una racha trágica en la que la desgracia se ceba con ex-deportistas muy queridos en este país.
El caso de BFO sirve en todo caso para ilustrar lo peligroso que resulta aventurarse por el monte solo/a, incluso siendo una persona experimentada. DEP. Triste

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 06 Set 2019, 9:51
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Operación Berbés: Días 13 e 14"

A vida sigue (igual). E iso supón pasar de modo "vacacións" a modo "horario laboral", axustando os entrenos na primeira hora da mañá. Pero como costa deixar as sábanas, sempre acabo negociando á baixa. Postos a reducir os 50 minutos previstos de saída a só 30, pensei que a mellor alternativa sería cambiar tempo por intensidade e ir facer microseries á ETEA.
O momento parecía perfecto, o sol aínda non saíra por riba da Madroa. Ninguén paseando, nin a un can nin ós seus propios pes. Intimidade total para facer atletismo ínfimo libremente, ata que chegaron os da camioneta da subcontratata de parques e xardíns, que se meteron no medio e medio da pista, deixando só unha pequena marxe. O que non impediu que eu seguise indo ó meu ata rematar, pero si fixo que o escenario perdera o seu encato .
Contaba de ter rematado en 30 minutos, pero tardei case 15 máis. Facer a Avenida da Marina Española costa arriba non é doado, e había maniotas acumuladas dos días anteriores.
O caso é ir indo.
Quedan 9 días para a carreira do Berbés.Seguindo coas frases feitas das cancións, tamén estaba aquela de que a vida é eterna en 5 minutos. Polo tanto, aplicando semellantes matemáticas, aínda me queda tempo de abondo de mellora.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 06 Set 2019, 13:47
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Alguna vez hemos comentado lo peligroso que es entrenar en solitario. Corriendo te puede dar un chungo, puedes tener una caída... lo mismo en bicicleta. Y a los que nadan en mar no hace falta que les diga lo pequeñito que te sientes cuando debajo de ti hay cuatro metros de agua, y estás a quinientos de la playa. La clave está en la soledad. Es la clave, por supuesto, pero también es una opción legítima para buscar aislamiento.

Tema complicado, muy complicado. Yo sería incapaz de entrenar en compañía a diario, de vez en cuando sí, pero a diario no... creo que antes lo dejo.
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Sáb, 07 Set 2019, 5:43
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meigalicix escribió:
"Operación Berbés: Días 13 e 14"

O caso é ir indo. .

Guiño exacto


ánimo!!



vaia Pensando , escribo "ánimo" como un desexo, como algo que me gustaría que tiveses, como algo que che podería dar e ti recibir , algo físico como una medalla, algo quizáis a integrar no teu ser, e penso, que neste momento que escribo estou "animado", positivo e con ganas pero hai doce horas ou dentro de 12 non terei espíritu para poñer as zapatillas. Por que si, porque hai máis cousas na cabeza que correr.

Pero mira, esto pásanos a todas as que corremos, e penso que unha palabra de "ánimo" non nos sobra a ninguén e igual hoxe que a les che parece unha tontería, pero igual bates nela nun momento que polo que sexa te "anima" e entón xa pagou a pena escribir esta tontería que aquí deixo.


E non sei por que che tocou a ti e ao teu diario ter que aturar esto que me apetece dicirlles a quen leo por aquí e atopan dificultades. Desculpa a intromisión, e xa me arrepinto de comezar, pero non o borro por que é sincero o dexeso e extensivo a todas vos que escribides un diario Aplauso


Ánimo!

-- Chámame "ghose"
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 07 Set 2019, 6:43
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

XoseM escribió:
... Desculpa a intromisión, e xa me arrepinto de comezar, pero non o borro por que é sincero o dexeso e extensivo a todas vos que escribides un diario Aplauso


Ánimo!

Non hai nada que desculpar. Moi ó contrario, son palabras todas moi de agradecer, no meu nome, e en nome de todas as persoas dos diarios ás que as dedicas... Xa non teño excusa para seguir pegada ás sábanas, o menos que podo facer para non defraudar o apoio eo interese, é erguerme xa de contado e ir facer a ración de estática e exercicios desta mañá Sorriso
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 08 Set 2019, 21:32
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Operación Berbés : días 15 e 16"
Ó final os exercicios de onte foron pola tardiña e non de mañá, pero foron, cambiando a intensidade do tempo na estática por algo de duración a dificultade máis suave.
Hoxe cando sain correr xa eran as 12 da mañá, 25 grados, moito para o meu gusto pero non había elección. A xuzgar polo censo nutrido, debía ser a hora de retorno do entreno dos ciclistas. Un saudou con tono de coñecerme. E outro que ía só berrou directamente o meu nome, pero sen gafas non recoñezo a ninguén. Polo menos que conste aquí o meu agradecemento expreso, xa que está mañá só atinei a saudar ca man.
Con respecto ós resultados da saída, tratei de dalo todo unha vez máis, aínda que coas costas e a calor iso supuxo ter que correr por veces en "modo Navratilova", ou incluso peor, en modo "Dolores O' Riordan facendo os coros de Zombie ". Pero chegeui enteira, e logrando un esperanzador ritmo de 5:36, como os dos entrenos de antes da lesión.
A ver que máis logro de aquí ó domingo que ven...





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos