Foros ›
III TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" (07-SEP-2019)
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 27 Xuñ 2019, 18:19
Asunto: III TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" (07-SEP-2019)

Ola a tod@s!
O Club de Montaña Vértice, coa colaboración dos Concellos de Padrón e Teo, organiza:
o III Trail Vila de Padrón “Desafío Vértice”, que terá lugar o día 7 de Setembro, as 17:00h.
A saída será na aldea de A Agrela - Teo (xunto a Capela de Santa Ana), e chegada na Praza de Macías (Padrón).

Tipos de Proba:

Distancia Larga: 4ª Proba da Copa Galega de CxM
Modalidade competitiva con unha distancia de 21,5 kms.
Desnivel positivo aproximado de 1.350 m e un desnivel acumulado de 3.000 m.
Dificultade física: alta
Dificultade técnica: alta
3 Avituallamentos (líquido + sólido)
200 prazas

Distancia Corta: 3ª Proba da Copa Galega Junior de CxM
Modalidade competitiva con unha distancia de 14 kms.
Desnivel positivo aproximado de 700 m e un desnivel acumulado de 1.700 m.
Dificultade física: media
Dificultade técnica: media
2 Avituallamentos (líquido + sólido)
200 prazas

Apertura de inscricións en Galitiming.
Mais info no Facebook do CDM Vértice


CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Xul 2019, 11:07
Asunto: Re: III TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" (07-SEP-2019)

III TRAIL VILA DE PADRÓN
“DESAFÍO VÉRTICE” 2019


Reglamento e Programa



1.- ORGANIZACION E TIPO DE PROBA

1.1.- O Club de Montaña Vértice, coa colaboración do Concello de Padrón e Teo, organiza o III Trail Vila de Padrón “Desafío Vértice” 2019, que se celebrará o día 7 Setembro do 2018, con saída en A Agrela (Teo) e chegada en Padrón (Praza de Macías).

1.2.- Tipos de probas.

Distancia Larga:
Modalidade competitiva con unha distancia de 21,5 kms.
Desnivel positivo aproximado de 1.350 m e un desnivel acumulado de 3.000 m.
Dificultade física: alta
Dificultade técnica: alta
3 Avituallamentos (líquido + sólido)

Distancia Corta:
Modalidade competitiva con unha distancia de 14 kms.
Desnivel positivo aproximado de 700 m e un desnivel acumulado de 1.700 m.
Dificultade física: media
Dificultade técnica: media
2 Avituallamentos (líquido + sólido)

Punto de corte Carreira Longa:
O participante que sobrepase o tempo límite (3:00h desde a saída) no alto dos muíños eólicos (Km 14,5), deberá coller un desvío de maneira obrigatoria, que o levará as antenas do monte Meda. Alí estará o 3º avituallamento, desde o cal, estes corredores seguirán o trazado da proba como o resto de participantes.

2.-PERCORRIDO

2.1.- O itinerario, con saída xunto á capela de Santa Ana, na aldea de A Agrela, recorre os montes de Lampai en dirección o monte Meda, coroando as cimas máis importantes: Pena das Cruces, Pena de Agrela, Castelo de Roque e o Meda.
As dúas probas sairán xuntas, separándose os 800m da saída.
Todos os participantes será transportados en autobús desde Padrón ata a saída. Os autobuses sairán a partir das 16:00 do Campo do Souto (campo da feira).

Elevación máxima: 448 m
Elevación mínima: 13 m
Pendente máxima de subida: 40%
Pendente máxima de baixada: 41%
Distancia de asfalto acumulada: 0,7 km,s

3.- PROGRAMA

07 de Setembro (sábado)

14:30 – Apertura dirección de carreira e comezo da entrega de dorsais.
(Praza de Macias en Padrón- Zona de Meta)
16:00 – Inicio de transporte (autobuses) dos corredores para a saída en A Agrela, desde o campo da feira (O Souto).
17:00 – Saída da proba (de forma conxunta)
18:15 – Chegada prevista dos primeiros corredores da proba curta.
19:15 – Chegada prevista dos primeiros corredores da proba longa.
20:00 – Corte horario no alto dos muíños eólicos, solo proba longa (Km 14,5).
21:00 – Peche de Meta.
21:45 – Cerimonia de entrega de premios e pincho final de proba.

4.- PARTICIPACIÓN

4.1.- Cada participante debe ser consciente da lonxitude e dificultade da proba, que pode desenrolarse baixo condicións climáticas de calor, polo cal debe prever que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados para a práctica de carreiras de montaña.

A realización da inscrición implica que os corredores leron, entenderon e aceptan as condicións do presente Reglamento e participan baixo a súa enteira responsabilidade, afirman poseer unhas condicións físicas suficientes para a realización da proba.

4.2.- O percorrido estará señalizado pola organización con cinta plástica de color vivo, pintura, carteis indicadores ou outros elementos de señalización. E responsabilidade de cada participante localizar a señalización e seguila.

4.3.- Aínda que o percorrido, case na súa totalidade, non transcorre por estradas, en algún momento si se cruza ou se transita durante un pequeno tramo por elas. Polo tanto, estes tramos non estarán cortados o tráfico rodado, debendo os participantes respetar as normas de Tráfico e indicacións da Organización.
Importante prestar atención o cruce da N-550 (xa no casco urbano de Padrón), paso de peóns, onde haberá persoal xestionando ese punto (Km 20 Larga, Km 12,7 Corta).
Coordenadas: 42º44´40.86´´N 8º39´22.72´O

4.4.- Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis reglamentarios establecidos.

4.5.- A Organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido, incluso a suspensión da proba, si as condicións meteorolóxicas así o aconsellan.

4.6.- O percorrido da proba discorre por paraxes naturais de gran beleza, polo que non debemos ensucialos nin deterioralos, arroxando desperdicios fora das áreas de control.

Será motivo de descalificación o incumprimento desta norma.

4.7.- O participante presta o seu consentimento a Organización do III Trail Vila de Padrón “Desafío Vértice” 2019, para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de tódalas formas posibles. Calquer persoa inscrita poderá prohibir a utilización expresamente, previa comunicación por escrito dirixida o CDM Vértice a través do seu mail: cdmvertice @ gmail.com
A Organización garantira o pleno cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, e de acordo con disposto en dita lei, o firmante queda informado e presta o seu consentimento para a incorporación dos seus datos persoais aos ficheiros automatizados da Organización e o tratamento dos mesmos para a súa utilización en relación con xestións administrativas, comerciais e outras actividades propias da mesma. O participante porá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante escrito dirixido o CDM Vértice a través do seu mail: cdmvertice @ gmail.com

5.- INSCRICIÓN

5.1.- A proba está aberta a todos os deportistas con idade mínima de 18 anos (cumpridos o día da proba). Na distancia curta (14Km), poderán participar deportistas a partir dos 15 anos (cumpridos o día da proba). O límite de participantes será de 200 prazas por proba. Si antes da fecha de peche de inscricións (04 de setembro de 2019), se chegase a dito número, non se admitirán mais participantes.

5.2.- As inscricións poranse formalizar a partir do día 24 de xuño de 2019, a través da páxina web galitiming.com/inscrip...-line.html rellenando o formulario habilitado a tal efecto, e efectuando a transferencia bancaria correspondente.

Prezo da inscrición:
Carreira Longa: 20€
Carreira Curta: 15€

Unha vez realizada a inscrición, solo se accederá a devolución do importe en caso de lesión ou enfermedade, sendo necesario a presentación dun certificado médico mediante correo electrónico a seguinte dirección: cdmvertice @ gmail.com

A inscrición e persoal e intransferible e supón a aceptación de este Reglamento e a renuncia a todos os dereitos contra a Organización, renunciando a toda acción legal que puidera derivarse da súa participación na proba. Unha vez realizada, baixo ningún concepto, pode ser utilizada por outra persoa diferente a inscrita.

6.- CATEGORÍAS E PREMIOS

6.1.- Categoría absoluta masculina e feminina
Subcategoría Veterana (+40) masculina e feminina
Trofeos os tres primeiros de cada unha das categorías (non acumulables).
Trofeo os tres primeiros equipos na distancia Longa (21Km), mínimo 4 participantes.

Premio especial “Concello de Teo”:
Tramo cronometrado subida a Pena das Cruces (Km 4,5 o Km 5,2 +222m)
Trofeo a primeira corredora e corredor mais rápido/a.

7.- AVITUALLAMENTOS

7.1.- Como apoio, a Organización pon a disposición dos participantes os seguintes avituallamentos líquidos e sólidos:

Carreira Longa:
Km. 6 – Pena da Agrela - Líquido + Sólido
Km. 10 – Cruce estrada CP-6502 - Líquido + Sólido
Km. 16 – Monte Meda - Líquido + Sólido

Carreira Curta:
Km. 3,6 – Cruce estrada CP-6502 - Líquido + Sólido
Km. 8,7 – Monte Meda - Líquido + Sólido


8.- MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN

8.1.- Motivos de descalificación:

Non pasar polos puntos de control establecidos

Non realizar o recorrido completo

Non respetar o itinerario balizado ou a señalización do recorrido

Entrar na meta sin dorsal

Deixar lixo (envases o envoltorios ou calquer outro desperdicio), fora das zonas de avituallamentos e control)

Non prestar auxilio a outro corredor que o necesite

Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa

9.- RETIRADA E ABANDONOS

9.1.- Calquer corredor porá retirarse da proba sempre que o desexe, advertindo o control máis próximo ou o persoal da Organización e entregando o dorsal.
Si por caso de accidente ou lesión o corredor queda inmobilizado e non pode chegar hasta un punto de control, tendrá que avisar o corredor máis cercan ou esperar o vehículo escoba. Existirá un nº de teléfono para emerxencias:

9.2.- A Organización porá retirar da carreira, baixo o seu criterio, os participantes que teñan problemas físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación, desmaio, etc. que poidan poñer en perigo a súa saúde, ou aqueles que teñan mermadas as súas condicións físicas para continuar en carreira.

9.3.- Os participantes están obrigados a prestar auxilio os accidentados ou a aqueles que o requiran.

10.- ENTREGA DE PREMIOS

A entrega de premios farase a partir das 21:45h

11.- OUTRA INFORMACIÓN

11.1.- A Organización disporá de servizos de asistencia médica. Tamén pondrá a disposición dos participantes as duchas e vestiarios do Pavillón Polideportivo Municipal (zona chegada).

11.2.- Coordenadas GPS

-Meta/Recollida de dorsal: 42º44´17.15´´N 8º39´39.40´O (Praza de Macías)

-Saída Trail: 42º47´00.85´´N 8º37´08.16´O (aldea de A Agrela)

-Duchas: 42º44´07.45´´N 8º39´39.05´O (Pabellón municipal lugar do Souto)


11.3.- Todos os participantes oficialmente inscritos estarán cubertos por unha póliza de seguros concertada pola Organización, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenrolo da proba e nunca como derivación de un padecemento ou tara latente, imprudencia, inobservancia das leis e do articulado deste Reglamento, así como os producidos nos desprazamentos o y desde o lugar en que se desenrola a carreira.

11.4.- A Organización reservase o dereito de admisión nesta proba.
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 11 Xul 2019, 11:08
Asunto: Re: III TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" (07-SEP-2019)

Estos son os perfiles das dúas distancias:

Ruta Longa


Ruta Corta

CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 20 Ago 2019, 9:13
Asunto: Re: III TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" (07-SEP-2019)

Parroquia!, xa estamos a 3 semanas do que será con toda seguridade unha festa: o III Desafío Vértice. Este ano, as duas distancias puntuables na Copa Galega de Carreiras x Montaña, e por outra banda, poremos o broche final o Desafío Galaico, ca entrega dos premios as tres primeiras e primeiros clasificados.
Todo esto amenizado con un pequeno concerto de Ricardo Parada, pizza e cerveza, nun entorno moi acolledor (Praza de Macías), unha noite de sábado moi amena.
Mais información e inscripcións na nosa páxina web: WEB CDM VÉRTICE



CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 05 Set 2019, 21:12
Asunto: Re: III TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" (07-SEP-2019)

Boas noites!, o primeiro, grazas a tod@s os que confiastedes no Desafío Vértice e Galaico.
Imos a recordar algunha cousa a ter enconta:
-importante identificarse con DNI o recoller o dorsal, así como mostrar a licenza federativa, no caso de estar federado.
-horarios:
14:30-comenzo do reparto de dorsais
16:00-saída dos autobuses para A Agrela
17:00-saída das duas probas en conxunto.
18:15-chegada prevista a meta dos primeiros da proba corta
19:15-chegada prevista a meta dos primeiros da proba larga
20:00-corte horario no km14, desvío obrigatorio (eólicos)
21:00-peche de meta
21:45-entrega de premios
22:00-inicio concerto Ricardo Parada(pizza e cervexa gratis para tod@s).

Vémonos en Padrón.
Starbyte

Novo foreiro
Novo foreiro
13/11/11
0 Carreiras
39 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Mér, 11 Set 2019, 17:37
Asunto: Re: III TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" (07-SEP-20

Sabendes onde se poden conseguir fotos detsa carreira? Graciasssss!!!
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 12 Set 2019, 7:08
Asunto: Re: III TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" (07-SEP-20

Starbyte escribió:
Sabendes onde se poden conseguir fotos detsa carreira? Graciasssss!!!

En breve empezamos a subir fotos, son moitas as que temos. Iremos colgando os enlaces no noso Facebook.
Moitas grazas.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos